Na neve
Marchamos na procura da neve o luns a primeira horiña, nada máis sair de traballar. O traxecto xa caseque o temos coñecido así que non houbo maior problema que un lixeiro mareo estomacal nas curvas da Molina.
A neve acompañounos xa dende perto de Vic e foi a máis conforme iamos achegándonos ós Pirineos. Cruzamos a Francia por Bourg-Madame e alquilamo-lo material no Loc Lavalle onde nos atendeu o dependente máis amable que vin en moito tempo. Cos snowblade e as botas fomos para Porte-Puymorens dispostos a aproveita-lo día de esquí que tiñamos por diante.
Caídas de cú houbo un bo lote delas, pero fun quen de empregar o telearrastre e os telesillas e de manterme sobre os esquís. Que non está mal para ser a primeira vez...
Baixamos para Andorra a deixar as cousas no hotel e fomos para Caldea que tiñamos a reserva das entradas nocturnas.
Qué relax mi madriña!!! Veña a probar jacuzzis con chorros para as pernas, as costas, o cuello,... piscinas de auga fría e de auga quente, saunas,... Desestresante ó máximo! O mellor: ese jacuzzi exterior sentindo o frío da noite na cara e a calor da auga burbulleando no corpo... Ummmm... Se alguén quere regalarme un deses polo meu aniversario xa sabe...
Día e medio sen deitarme, sesión de esquí, sesión de balneario. Esa noite foi tirarme na cama e durmir coma un anxeliño...
Á mañá espertamos cedo, recollimos e tiramos de novo para Francia a aproveitar outro día na estación. Todo foi ben ata que aparecimos no medio dunha pista negra e chegou o bloqueo. Menos mal que fun co monitor que máis pacienciña ten, que calquera outro me deixa alí tirada no medio dos Pirineos...
Cando pechou a estación voltamos por Andorra e terminamos no Punt de Trobada, mercando souvenirs tecnolóxicos e rindo da sección de decoración.
Chegamos xa de noite a Bcn, a tempo de ve-lo segundo capítulo de House e co corpo mortiño pero xa pensando na próxima...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home