Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Camp del Arpa

segunda-feira, março 20, 2006

Camp del Arpa

Onte antes de entrar a traballar paseime polo ximnasio para desapuntarme dunha vez. Dous meses apuntada e caseque sen pisalo, xa era hora de facelo...
A cuestión é que baixei do metro ás presas e cando saín á rúa un flash golpeoume. Alí estaba outra vez. Máis de cinco anos despois e esa esquina segue a provocar o mesmo efecto que entón. Semella que estou alí de novo. Que non mudou nada. Na mesma postura e co mesmo sorriso. Qué bos días os daqueles marabillosos anos! Pero sí que mudou todo, por sorte. O sentimento GH foise perdendo no tempo, e na distancia podo comprobar o ben que fixen manténdome lonxe daquela "piscina". Máis vale colibrí voando que na man...
Repetiría todo aquelo sen dubidalo, por suposto. Aínda que só fora porque foi entón cando comezou o xerme desta aventura barcelonesa. E só por iso xa pagou a pena.