Unha finde apetitosa
Foi esta unha finde relativamente tranquila.
O venres fomos cear a un chino en Glories e logo quedei con N. É un gusto atoparse cos amigos do cole. Podemos pasar tempo e tempo sen vernos, e o día que nos atopamos falar e falar. Fixemos o repaso habitual dos compis (tamén falamos de vós, A. e T.) e de por onde nos levan os nosos pasos. Os dous lonxe da Coruña, pero sen alonxarnos demasiado. Achegámonos ata Luz de Gas, onde estaba a actuar Mónica Green (a cantante da banda de Buenafuente).
O sábado baixamos á tardiña a dar un paseo pola praia de Badalona. O reencontro co "lugar maldito" no vran de F. Recordei a primeira idea que tiven de Badalona a través das cartas de L. E recordei que, 3 anos despois de chegar a estas terras, todavía sigo sen atopala. Borrouse o seu rastro do mapa. Ca ilusión que me faría coñecela... Logo tocou ir a traballar.
E o domingo baixamos pola tarde a dar un deses marabillosos paseos polo barrio gótico. As nosas pisadas leváronnos logo pola zona do Maremagnum e despois ata o Born (pasando abraiados ante ese tremendo iate amarrado no porto, o Ilona. Só uns 100 millóns de euriños de nada...).
Seguramente foi ese paseo o que nos abriu o apetito e fíxonos entrar no Txirimiri da rúa Princesa. E non puido ser millor a elección. Comezamos, cautos, cuns pinchos e unhas copas de Rioxa. Pero as nosas papilas abríronse de tal maneira ós sabores que terminaron caendo un prato de gulas ó axillo e unha hamburguesa con queixo feita de maneira "artesanal". Todo estaba de vicio.
Seguramente foi por eso que hoxe tentamos experimentar ca gastronomía e terminamos facendo unhas troitas con bacon e guisantes sobre unha base de receta Arguiñana modificada por nós. E ben ricas que estaban sí señor!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home