Esquiando por Andorra
Quen me ía dicir a min hai un mes que me ía a converter nun as do esquí? Se ata son quen de baixar pistas azuis eu soíña!!!
Había que rentabiliza-la compra do material e o gusaniño picárame na escapada francesa, así que cando F. me propuso voltar a esquiar coma presente de aniversario non fun quen de negarme.
Desta decidimos quedar en Andorra e pillámo-los forfaits para Vallnord. Cambiamos de hotel e collimos un en principio máis barato que o do outro día e que rematou sendo mellor. As vistas dos cumios nevados dende a xanela abuhardillada da habitación non tiñan prezo!
A estación tampoco tiña nada que ver ca de Porte. Dálle mil voltas. Os accesos, as instalacións, as pistas...

A resaca destes tres días agora machaca o meu corpo. O de durmir 12 horas en 3 días non debe ser bo. O luns enganchei ó saír de traballar, as noites de luns e martes foron cortas, e na volta engancho co traballo. Doéme todo e aínda por riba teño a cara a cores, aquí vermello, aquí branco, aquí vermello... Pero pese ó cansanzo pagou a pena, abofé que sí. E haberá que voltar cedo, non?
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home