Teatro, turismo e cine
O mércores pola tarde achegámonos ata a Galería Sargadelos na rúa Provença onde os Furafollas darían vida ós "Contos de Namorados". A verdade que rimos bastante, algúns dos gags moi logrados. A homenaxe a "Brokeback mountain", o presentador "salido", a canción de Catherine Nogueira... Haberá que estar ó loro de cando é a próxima.
O xoves pola mañá acompañei a F. ata as Picornell e logo achegámonos ó castelo de Montjuic. A zona é ben bonitiña, todo Montjuic está quedando fenomenal cheíño de xardíns e paseos. As vistas de Barcelona dende aló pagan a pena. O que se refire o castelo en sí xa é outra cousa. E do destacamento militar mellor nin falar... Cando dicían que o transferían?
Cando estaba a ver Bcn doume un nonseiqué que me durou todo o día. Só de pensar en deixar esta cidade ponme mal corpo. Qué peniña meu deus! Pasei a tarde tonta, tirada no sofá, na cama... Falei con G. que me dixo de voltar a xuntarnos o grupiño da viaxe a Brasil aquí en Bcn (qué días aqueles en Río!!! Voltaría agora mesmo...) e con A. que coma sempre é capaz de alumbrar un pouquiño na miña escuridade transitoria. (Ais, qué maja que me eres!! :D ).
E nesas estaba cando F. propuso facer o que deixáramos o outro día pendente. Así que á noite fomos ó Imax do Maremagnum. Botaban "Arrecifes de Coral" e "Nascar 3D". A primeira delas en formato IMAX, unha verdadera chulada de imaxes submarinas e da natureza de Oceanía. A segunda en formato 3D e unha mostra do "american way of life" máis repulsivo. A parte da mecánica, da preparación das carreiras estivo ben, pero cando comezaron a sair as bandeiriñas, os himnos e as familias arias (caseque non saia ninguén negro na peli) a cousa voltouse un poco infumable. Pandiani (sí, o día despois de elimina-lo Depor osaba ir ó cine...) dormitou na primeira pero na segunda non perdía detalle.
Hoxe toca traballar de novo (alo menos esta finde libro o sábado). A noite comezou movidita pero agora xa está controlada. Hai un ratiño o móbil trouxo un sms de V. que me reenviaba un sms antigo meu. Anda que no me rin! Sí que foi moi guay aquela noite de confidencias "adolescentes" na súa habitación... Cómo se bota a faltar na casa!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home