De Suiza e outras historias
Canto tempo sen postear! Se ben é verdade que hai uns dias o fixen pero non sei que carallo pasou que se borrou o post e non tiña ganas de escribilo de novo. Que vaga son ás veces...
Por estes lares seguimos sen parar moito. A finde pasada marchamos a Suiza nun arrebato de última hora. A idea foi evolucionando. Primeiro era facer "algo" a finde, logo ir ós Pirineos, logo mellor ós Alpes, e xa que estábamos aló... por qué non ir a Suiza? Así que o venres sain as sete da mañán de traballar, collimo-lo Ibiza e tiramos estrada adiante a facer quilómetros.
Cabezadiña vai, cabezadiña ven fomos subindo por Girona, Francia (Perpignan, Valence, Montpellier, Grenoble...), bordeando os Alpes (aló ó fondo o MontBlanc) e chegando á tardiña a Suiza.
Tras eludir a autoestrada onde querían clavarnos 30 euros por unha pegata para poder usar as autoestradas chegamos a Xenebra. Dalí fomos bordeando o lago Leman (qué chulo o surtidor!) ata chegar a Lausanne.
Continuamos viaxe ata Berna onde quedamos con T. e o outro suizo-galego. Poco máis fixemos que ir ata o hotel (que fashion os baños...) e tomar algo.
O sábado adicámolo a turistear polo casco antigo de Berna, o río, o parque das Rosas,... Fomos cear con T. e S., e logo a tomar algo con eles e ca irmá de T. e o seu mozo.
O domingo amaneceu chuvioso o que caseque frustrou a nosa idea de coñecer o interior do país. Pero non, aló fomos. Tras unha paradiña para visita-lo castelo de Thun tiramos hacia Interlaken. Mi madriña, qué bonito todo!! O lago, Lauterbrunnen, Grindenwald, as cascadas, as montañas,... Nun intre semellaba que me transportara, cual Hans Castorp, ata o escenario da "Montaña Máxica" de Mann.
Non podo destacar algo por riba do outro porque foi todo o percorrido incríble, o Jungfrau, a neve dos glaciares (pena das nubes o final do día, verdade F.?),... Pena non quedaren nunha daquelas cabaniñas a pasar uns días.
Pero eu traballaba o luns á noite así que tivemos que marchar. Fixemos o camiño de volta pola parte baixa do lago Leman, pasando polo lado francés e atravesando Evian. Entramos de novo en Suiza para cear en Xenebra e voltamos polas estradas francesas cara a casa non sen antes parar a durmir nunha estación de servicio dun perdido pobo francés.
Boa viaxe esta. Por unha banda fixen o percorrido aquel que de pequena me asombraba tanto cando chegaban os primos á aldea embarcados naquela enorme Vanette cargada de trastos e bicicletas.
Por outra porque sumei un novo destiño a miña lista. E qué curioso que todos eles foran ata o de agora importantes puntos de chegada de emigrantes galegos (Cuba, Brasil, Arxentina, Uruguay, Londres...).
Tamén polo que deron de sí os comentarios durante a viaxe, a visión da vida e de Galiza dos suizos fillos de emigrantes, o nivel de conservación do entorno de todos os pobos e cidades que vimos polo camiño... Pois eso, pena de non poder pasar máis días aló.
E esta semana santa se presentaba tranquila pois me toca traballar toda a finde. Pero onte chamou G. (meu compi madrileño da viaxe a Río) que estaba a pasar uns días en Bcn e houbo que sairen un ratiño por aí. Non se lle podía facer un feo...
Agora a traballar venres, sábado e domingo. E o luns de mañanciña ó sairen do hospital a colle-lo coche de novo e a percorrer Girona e a Costa Brava facendo noite en Aiguablava. Que ganas de relax!!!
Por certo, xa teño o billete de volta. Chego o 17 de maio, xa non hai marcha atrás...
PD: Tal día coma hoxe non se pode deixar de gritar moi moi forte un VIVA A REPÚBLICA!!! Xa queda menos para que chegue a terceira...
3 Comments:
asi que el 17 de mayoo???? que pronto no?? no te venias a principios de junio???jajaj, claro un mes sin f, sería demasiado no'? jajajja que bruja soy....me alegro mucho... ayyy que ganas tengooo de verteeeee... y no vas a venir antes de visita???
besitossssssssssssssssss
Q boba q eres! Ni f. ni g. ni h. :D Voy a mediados para mirar lo del piso principalmente. Antes imposible, tengo que seguir embalando trastos...
Besos (tb con ganas d verte!)
que piso vas a mirar?? aqui??, te vas a buscar un piso en coruña??, con f?? jaja
Postar um comentário
<< Home