Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: junho 2006

sábado, junho 03, 2006

Bricomaneando

Levo caseque dúas semáns atrapada no apaixoante mundo dos productos de limpeza e dos kits de mobles fágao-vostede-mesmo.
Xa podo diferenciar perfectamente o producto para limpar dentro da neveira do milagre antigrasa para a cociña, que a súa vez é diferente do super-limpiador para baños.
Xa sei o que é montar unha estantería e decatarte cando vas poñer a última peza de que colocaras mal as anteriores (total, para que mirar as instruccións...).
Xa probei o de pintar co rodillo que sempre me chamara a atención (e o meu lombo xa dixo que nunca máis).
Xa nin me alporizo cando falo co rapaz de Gas Natural e xurde outro imprevisto calquera e non poden vir a cambiarme o contador.
Xa estou ata a coronilla de carretar cousas dunha casa á outra (e menos mal que están ben cerquiña).
Pero bueno, para a semán me traslado definitivamente! Así que no problem, todo se leva ben.
Daquela poderei comezar a facer vida social que vos teño abandoadiños. O peor foi o outro día cando me atopei con D. a quen nin lle dixera que xa andaba por aquí. Qué broncazo!
Recadiños:
- A.: Non foi na Ascensión pero o dito, cando remate con este rollo e libre no curre vémonos.
- F. Míguez: Cando se achegue á Coru a ver se facemos por quedar e me explica da súa vida (polo menos un pouquiño máis que só falar do minifundismo ok?).
- JC: Onde andas? Poucas novas teño de ti últimamente.
- M.: Temos pendente un café, lembras?
- T.: Xa atopei o regaliño para a peque no medio das caixas da mudanza. Vindes a mediados de mes non? Pois xa axustaremos axendas e llo dou.
- B.: Moi ben na planta, deseguida caeu a super en quen era. A ver se para a semán tomamos algo.
- V.: Temos que aproveitar antes de que voltes a Bcn. E a ver se vou a pola mesa da cociña dunha vez...