Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: abril 2005

sábado, abril 30, 2005

Vida social

Despois dun tempiño de pouca vida social, chegou esta semá e ala... festa!!
O mércores, cando xa estabamos preparadas para ver Los Serrano, sona o timbre e aparece J. Coma sempre sen avisar. Este home!! Pois nada, foi pedir unhas pizzas e... momento redondo!! Veña a falar de tempos antigos na Cruz, de amigos comúns, chamadas cruzadas polo medio,...
O xoves baixei con V., P., S. e M (a cuadrilla das galegas en Bcn!) ata o Antic Teatre, onde estivemos de vicio na terraciña.
Onte achegámonos ó Ateneu de Nou Barris a ver un espectáculo de cabaret. A tipa o facía ben, pero o guión era bastante floxo. Os comentarios non cadraban moito uns cos outros e vis cómica brilaba pola súa ausencia.
E hoxe quedei con F., M., M. e V. para ir á Feira de Abril. Este ano faise no recinto do Fórum. Visita polas carpas das asociacións (nunha destas acabamos ó carón de Montilla o do PSOE catalán), polas atraccións (cheo de quillos e música makinera) e volta para casa.
Mañá a noite ó final traballo así que haberá que baixar o ritmo...

quarta-feira, abril 27, 2005

Recordos de viaxes pasadas

Hoxe chamou P. e decidimos ir a finde do 7 de maio a Madrid a ver o musical de Mecano. O palo veu logo cando non había entradas... Qué merda! Bueno, pois a ver se fago algo esa finde, unha escapadiña por ahí diante non estaría mal... Haberá que pensalo!
De todas maneiras voltamos a prometer o da viaxe xuntas. Xa vai tempo daquelas huidas (Barcelona, Logroño, Bilbao, Tenerife, Cuba...) e boto en falta eses días de risas e bo rollo. É mirar as fotos e encherse a cara de sorrisos. Tantas anécdotas, tantos bos momentos... Quedamos en decidilo a próxima vez que vaia á Coruña. Todo será tomar un café onde sempre planificamos as nosas viaxes na Plaza de Pontevedra. E logo... pois coma a última vez, que decidimos ir unha finde a unha casa rural e terminamos a mojitos na Habana!!!
As nenas son o que máis boto en falta aquí. A., P. e A. Esto de velas de tanto en tanto aínda non o aturo moito.
O. chamou onte e quedarei con él a vindeira semá. O. tamén trouxo recordos doutras viaxes e outras persoas que permanecían agochados na cabeciña. Recordos que, nalgún caso, entrelázanse cos vividos con P. Fai xa 4 anos e semella que foi hai nada...

terça-feira, abril 26, 2005

Momentos

Ás veces dáme por pensar que fago aquí, a tantos quilómetros da terra, lonxe dos meus... Eses días unha atopa consolo ollando pola fiestra da webcam da Voz e escoitando Luar na Lubre no Cd de casa (aínda que C., embuída desa característica sabiduría vallisoletana, a considere unha música triste e chea de pena...).
Pero tamén hai días coma onte e hoxe. Días nos que non podo imaxinarme noutro lugar. Hai momentos especiais que, de súpeto, abofetean na cara e fan despertar a ilusión de vivires aquí.
Onte, cando ía cara á clase de português na Escola de Idiomas, foi un deses instantes. Baixei da liña 1 en Catalunya para facer o trasbordo para a L3 e, no pasillo invadido da colorista publicidade de Movistar, de súpeto decateime que ía coma flotando, sorrindo, entre unha multitude de xente diversa. No Mp3 Pastora cantaba "... la que siempre va sola por Barcelona, buscando follón...". Sí, así estaba eu: sola, buscando follón... Jajaja. Cheguei a L3 e no vagón un rapaz moreno leía "El coronel no tiene quien le escriba" de García Márquez. Mirámonos. Sorrimos. Lástima que miña parada fose a seguinte e chegaba tarde á clase... O follón quedaría para outro día...
E que dicir da luz que hoxe enche a casa toda? Levo dende as dúas na terraza. Fai un día precioso. O Tibidabo recórtase ó lonxe en Collserola. Os veciños comezan a facer vida ó aire libre. Ch. tendendo a roupa na casa de diante. O seu pai recolléndoa. O vello fumador (o das duchas espido no verán) xa se deixou ver. A nai do rapaz que fuma porros as escuras... Chega o bo tempo e voltamos a saír todos. Eu comín ó sol e agora estou dándolle o portátil, co conto do doutorado.
Sí, estes momentos compensan todo..

Terraza Posted by Hello

segunda-feira, abril 25, 2005

Revolución dos Cravos

Hoxe fai 31 anos que os militares de esquerdas portugueses se alzaron contra o rexime dictatorial de Salazar e o pobo tomou as rúas. O Grândola Vila Morena de José Afonso sonou do novo e espertou a conciencia da xente veciña.
Fai uns minutos que rematei de ver "Capitanes de Abril", a peli de María de Medeiros, e en unha hora comeza na dúas un especial sobre literatura portuguesa.
Grândola, vila morena     
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade    
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo  
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade     
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira   
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade   
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

sábado, abril 23, 2005

Sant Jordi

Sant Jordi era un cabaleiro que loitou contra un dragón que vivía nun lago e que tiña atemorizada a toda unha poboación de Libia (aínda que a tradición catalana ambienta a lenda en Montblanc, Tarragona). Dito animal esixía dous años diarios para alimentarse a fin de non achegarse á cidade, xa que desprendía un fedor moi forte e contaminaba todo o que estaba vivo. Ó final ocurreu que os gandeiros quedaron case sen ovellas e decidiron que se lle entregara cada día unha persoa viva, que sería escollida por sorteo. Un día, tocoulle a "sorte" á filla do rei, pero, cando o monstruo ía comela, Sant Jordi a salvou. E por ese motivo en Catalunya, Sant Jordi é o patrón dos namorados e é un día considerado como unha auténtica festa, aínda que caia en día laborable.
Este día é o do “libro e a rosa”. A verdade que é unha data moi fermosa, as rúas énchense de postos onde se venden rosas e libros, a xente vai cargada de ramos cun sorriso na cara…

Dunha vez por todas...

segunda-feira, abril 18, 2005

No silencio da noite

Caetano Veloso - Sózinho

Às vezes, no silêncio da noite
Eu fico imaginando nós dois
Eu fico ali sonhando acordado,
juntando o antes, o agora e o depois
por que você me deixa tão solto?
por que você não cola em mim?
Tô me sentindo muito sozinho!

Não sou nem quero ser o seu dono
É que um carinho às vezes cai bem
Eu tenho meus segredos e planos secretos
só abro pra você mais ninguém
por que você me esquece e some?
e se eu me interessar por alguém?
e se ela, de repente, me ganha?

Quando a gente gosta
é claro que a gente cuida
fala que me ama
só que é da boca pra fora
ou você me engana
ou não está madura
onde está você agora?

Quando a gente gosta
é claro que a gente cuida
fala que me ama
só que é da boca pra fora
ou você me engana
ou não está madura
onde está você agora????????

Xogando á pita cega? Pois caseque o semellaba... Non, esta noite tocou hospital de novo. E sí, F., claro que me sonaba... ;)

quinta-feira, abril 14, 2005

De paseo

Onte á tardiña quedei con M. na praza do MACBA, chea de vidilla a aquelas horas (skaters, curiosos,...).

Logo leveina de recorrido turístico pola zona xudea e gótica da cidade, ó Bosc des Fades, ó Palau... Foi voltar a ver Barcelona cos ollos de recén chegada, e decatarme de novo do perigo que ten esta cidade. Quen a coñece non a pode quitar de enriba...
Rumba de Barcelona. Manu Chao
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Te mercé Bibi Malena
Te mercé perro chaval
Te mercé la policia
Te mercé Abdu Lila
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Te mercé Mademoiselle
Mademoiselle d'Avignon
Té mercé o Bixo Bahía
Te mercé Escudellers

terça-feira, abril 12, 2005

Procura de piso

Chegou M. da Coruña e andamos na procura de piso. É incríble, xa é caseque imposible atopar unha habitación mínimamente habitable por debaixo dos 300 euros!! Hai que ver a sorte que tivemos nós co noso...

Baño Posted by Hello

sexta-feira, abril 08, 2005

Algo en Común (Garden State)

"You know that point in your life when you realize the house you grew up in isn't really your home anymore? That idea of home is gone. Maybe that's all family really is. A group of people who miss the same imaginary place."

Un día productivo

Onte tiven a primeira clase de reforzo do programa de Cruz Vermella con J., un neno peruano de 11 anos. O neno moi motivado, ten moitas posibilidades, teremos que incidir en ortografía e inglés. Harry Potter botoume unha boa man.
Ó sairen da clase achegueime a Can Fabra a devolver uns libros que collera para o do traballo do SIDA. Quedeime lendo os "Cuadernos de Pedagogía" de este mes. Últimamente teño de novo unha especial inclinación polo tema educativo. O interés que semellaba adurmido hai uns meses volta a facerse ver. Os tres libros que teño agora na mesiña:
- "Pedagogía del Oprimido" de Freire,
- "La (des)Educación" de Noam Chomsky,
- "Patas arriba. La escuela del mundo al revés" de Galeano.
Logo a noite baixei con V., S., M. e unhas amigas que viñeron de Lugo para unhas xornadas de comercio xusto que se fan no Convento de Sant Agustí. Quedamos na Báscula e a conversa foi fluíndo dun tema ó outro, ata terminaren falando de literatura. Coincidencias en Saramago, Kundera, García Márquez, Coetzee,..., discrepancias en torno a Isabel Allende e Marías, a asignatura pendente da poesía, o repaso os actuais da literatura galega... Moi animadiño. Tivo que avisarnos o camareiro de que ían a pechar o local...
Xa pechara o metro, así que V. e eu fomos ata Tetúan a espera-lo N3. É incríble o dos NitBus. Xa podía haber metro ata a unha ou as dúas porque o dos buses non ten nome. Terminamos collendo un taxi.

quinta-feira, abril 07, 2005

Día Mundial da Saúde


Tal día coma hoxe pero en 1948 fundouse a OMS, a organización que ten por obxectivo velar pola nosa saúde. E así, tódolos 7 de abril de cada ano celébrase o Día Mundial da Saúde.
Este ano o lema do Día Mundial da Saúde é “Cada nai e cada fillo contarán”.
Segundo datos da propia OMS, cada ano preto de 530.000 mulleres morren durante o embarazo ou o parto; máis de tres millóns de nenos nacen mortos; máis de catro millóns de recén nados morren durante os primeiros días ou nas primeiras semáns de vida, e en total 10,6 millóns de nenos morren antes de cumplir os cinco anos.
No Informe anterior a OMS estima que, de un total de 136 millóns de nacemientos ó ano en todo o mundo, menos de dúas terceiras partes das mulleres dos países menos desenrolados e só un tercio nos países menos adelantados receben asistencia de persoal capacitado cando dan a luz.
Semella incrible que a estas alturas aínda estemos así. Nós aquí axudando no paritorio, que si epidural, que si oxitocina, que si apoio... e tantas e tantas mulleres facéndoo nunhas condicións lamentables. O parto que ha de ser unha experiencia única, fermosa, chea de ledicia,...

quarta-feira, abril 06, 2005

ADSL

Ala, xa está a ADSL instalada! Instalada daquela maneira iso sí, pero a cousa é que vai, que é o importante.
Levo un día relaxado, buscando a información do traballo do doutorado (podería ter escollido un tema máis doado, abofé que sí) e escoitando música (o último en sonar, o mestre Caetano).
Á tardiña baixei ata Glories de compras, calcetíns (hai que repor os pares que deixei na Coruña, que cabeciña...) e un bolso que me encheu o ollo. Que peligro teñen os suecos! (xa o dicía Landa das suecas...). Aínda por riba, trabuqueime de día, mañá estará David Civera firmando discos... Jo, tía! Co que molan as letras traballadas: Perdonameeeeee.

Agora falei con A. Caseque unha hora polo móvil, coma cando de adolescentes pasábamos horas e horas colgadas do teléfono ó saír do cole. Recordos da vida de antes, actualizacións do presente e proxectos de futuro.
S. chamou antes para tomar algo cando saira do ximnasio, pero creo que pasarei...

sábado, abril 02, 2005

Meu camiño de baldosas amarelas...

Logo do habitual retraso made in Iberia xa estou instalada de novo en casa. Qué gustiño voltar ó meu recuncho! Ademáis disfruto da tarde en soedade (V. traballa e C. baixou con N.) que xa facía falta tamén...
Mentras baixo a versión nova do messenger cunha conexión arcaica de Telefónica (paciencia, só quedan 10 días para a ADSL...) e busco información para o dichoso traballo do doutorado, Jinga e Axé nadan no seu mundo particular, semellan ledos pola volta da "mami". De fondo sona agora Sabina. O cartel de Nunca Máis segue a presidir o salón. O pan e o queixo galegos na cociña. A galiña e os ovos de chocolate agardando botarlle-los dentes. O Tibidabo envolto en néboa olla dende a distancia.
Dorothy tiña razón cando dicía que non hai sitio coma na casa!!!!

sexta-feira, abril 01, 2005

Bem querer - Seu Jorge


Tanta dor, tanta tristeza
Vim de longe, pra buscar meu bem querer
Fogo que arrebenta o peito
Levou jeito
Ja vi tudo acontecer

Vim beijar, você
Abraçar, você

Reflorescer no seu corpo, brincar
Vida, razão de amar

Reflorescer no seu corpo, brincar
Vida, razão de amar