Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: agosto 2005

quarta-feira, agosto 31, 2005

That's life friends!

Setembro asoma a patiña por debaixo da porta. Vaise o verán. Comeza un novo ciclo. V, non es ti a única que se guía polo curso escolar. Tantos anos de escola marcaron os nosos biorritmos vitais...
Chegan as coleccións ós kioskos e semella que é o momento ideal para decidir que facer ca nosa vida, para darlle un novo rumbo, para tentar esclarecer cal é o noso camiño. Hai uns días que ó meu carón todos teñen a mesma teima (Sometimes I feel so confuse /Sometimes I feel so lost / What is my purpose in life?). As cabeciñas dan voltas, os medos e desexos asaltan sen avisar e as ideas xiran dun lado ó outro. O traballo gostoso que termina, o amor desexado que non chega, aquel que se esfumou de súpeto, a ansia por marchar, a de voltar,... Seica andamos todos unha miqueta perduts. Creo que máis de un de nós estariamos dispostos a financiar o teu proxecto dese vehículo espacio-temporal T...
Polo que a min respecta teño bastantes claras as frontes de batalla dos próximos meses, máis ou menos ata o Nadal e logo xa se irá vendo. Ata daquela seguirei en Bcn aínda que comezan a apretar de novo as ganiñas de mudar de sitio...

Frank Sinatra - That's Life!
That's life (that's life), that's what all the people say
You're ridin' high in April, shot down in May
But I know I'm gonna change that tune
When I'm back on top, back on top in June
I said that's life (that's life), and as funny as it may seem

Some people get their kicks stompin' on a dream
But I don't let it, let it get me down
'cause this fine old world, it keeps spinnin' around.
I've been a puppet, a pauper, a pirate, a poet, a pawn and a king

I've been up and down and over and out and I know one thing
Each time I find myself flat on my face
I pick myself up and get back in the race
That's life (that's life), I tell you I can't deny it

I thought of quitting, baby, but my heart just ain't gonna buy it
And if I didn't think it was worth one single try
I'd jump right on a big bird and then I'd fly
I've been a puppet,...
That's life (that's life), that's life and I can't deny it

Many times I thought of cuttin' out but my heart won't buy it
But if there's nothin' shakin' come this here July
I'm gonna roll myself up in a big ball a-and die
My, my!

segunda-feira, agosto 29, 2005

Andorra tour

Qué rápida pasou a finde! E iso que estivo cargada de cousas: de horas de bus, de comparanzas de tenda en tenda, de camareras "amables", de coches tuneados, de burbuxas de xabrón, de almorzos copiosos, de paseos Escaldes e Andorra la Vella arriba e embaixo, de maniotas,... De todo menos de horas de sono. Pero pagou a pena. Qué maneira de desconectar de Bcn! Sobre todo o paseíño polo Rec del Solà.

Quedaron moitas cousas pendentes: a visita ós lagos, o mp3, o DVD portátil, Caldea,... así es que haberá que facer outra escapada (e a poder ser con neve!). Graciñas por todo F.!
Agora, mentras Chris Isaak canta o "Baby did a bad bad thing" (unha das adquisición andorranas, xunto con diplomáticos, timbalada e chill brazil 3) gravo os cds de JC coa cabeciña xa pensando no que agarda por nós en Bos Aires. Tudo bom!!

quinta-feira, agosto 25, 2005

T.

Quinta noite seguida de 12 horas en Urxencias e resistindo coma unha campeona. Só quedará unha máis mañá e logo a finde en Andorra, qué ganiñas que teño xa de pilla-lo bus (Aínda que menudo horario se gastan estos! Outra noite que non poderei durmir a gusto. Que se prepare a camiña do hotel que en canto a pille por diante...).
Novas da flaguer que non da crédito ós últimos cambios vitais, da A. inmersa nas festas populares rioxanas, da P. deseosa de que cheguen as súas vacacións, da T. afrontando o adeus de W. (ánimo!!),...
Novas tamén de T. Por fin! Non sabes o que me gusta recibir novas túas, sobre todo se son escritas nesa linguaxe posmoderna bloggiana... Non, en serio. Pode que ás veces resulte un pouco pesada co de "non sei da túa vida", "non das sinais", "onde te metes" e cousas polo estilo pero dende que estou aquí tervos controlados (uisss que mal que sona esto...) é unha forma de saber que a miña vida sigue tendo as súas raigames aló, e que esta paréntese en terras catalanas será só eso, un pequeno kit-kat. E que en canto troque o vento voltarei coma Mary Poppins e ahí estaredes vós coma sempre.
O teu mail viña cun archivo adxunto de recordos e tempos pasados. Recordei de novo a conversa da piscina e do socorrista (non sabes o mítica que chegou a ser esa conversa...), me veu a imaxe dos teus brazos e parte da parede cheos das chuletas de latín (aquel exame dos pronomes foi histórico. Se Laureano se enterara de aquelo...), as conversas con F. e A. na clase, aquela semán no camiño rumbo a Santiago, algún remate do Orzán na túa casa e tantos e tantos ratos de compaña en clase. Esto de ser compas de pupitre tódolos cursos ten que deixar algún poso, non?
Así que nada, xa sei que todo esto non te ven de novo (ó fin de contas, coma se aprecia no mail, eres unha das persoas que mellor me coñece) pero me apetecía que quedara constancia pública do moitismo que significas para min e do cariño que che teño (e coñecendome como o fas xa sabes o que me costa dicir todo esto... Ó final vai a ter razón V. e estoume voltando ñoña perdida...).
Así que nada neno, moita forza para resistir ese ritmo frenético e moitas boas vibracións para que acougue un pouco esa cabeciña (que aínda que moi ben posta ás veces che corre máis que o almanaque...). E que saibas que ó final do camiño agardan por nós os paraísos soñados, sexan os teus ou algún dos meus.
E non te esquenzas que temos unha revolución pendente!! Hasta la victoria siempre!!
(Irei á Coruña do 5 ó 10 de outubro, ti dirás cando queres quedar e falamos de todo eso que non colle no mail...).

quarta-feira, agosto 17, 2005

R.

Hoxe coñecín por fin a R. Tantos días desexando velo... Sobre todo a N. que leva unhas semaniñas que non cabe en sí de gozo, a sonrisa pegada na cara, os nervos a flor de pel. Aiiisss o amor!!! Esa sí que está romanticona ó máximo V. e non eu, non te confundas...
Mañá me traslado por uns días para deixa-la casa baleira ós enamorados. A ver se me lembro de dicirlles que lle boten de comer a Axé. Non sei se me acostumarei ó barrio de Sants, Nou Barris é moito Nou Barris... Polo menos non terei que soportar as obras do metro de Sagrera. Esto de estar en casa allea non creas que me entusiasma moito, terei que comportarme e ser unha boa inquilina.
A ver se me acerco mañá ou pasado ata Gràcia para vivi-las festas. É unha pasada como se curran a decoración das rúas.
Novas de M. despois da súa voda, de JC confirmando a reserva de aloxamento en Bos Aires, de C. e a súa volta á casa en DF, de S. un aniño máis vella (mi niña!), de M. planeando visita a Bcn en setembro...

segunda-feira, agosto 15, 2005

Tibidabo

Gosto de ve-las cidades dende as alturas. Dende a vista da Coruña riba do Monte San Pedro ata o anoitecer dende o Pao de Açucar, pasando pola luz reflectida nos teitos de París dende Montmartre,... E a vista dende o Tibidabo non podía faltar, claro. Coma dixo F., deberían ser obrigatorios sitios así en todas as cidades.
Onte á tardiña volvín a decatarme de por qué amo tanto esta cidade...


AL TIBIDABO. Angel Guimerà (1845-1924)
Al darrera Montserrat
al davant la mar pregona...
Ai Tibidabo estimat,
miranda de Barcelona!
Tens de dia les abelles
a sota teu treballant:
de nit s'han tornat estrelles
que van per ton cel rodant.
I t'embauma la ginesta
i ajunten sos cants les aus
als bronzes tocant a festa
i al cornejar de les naus!
Oh Tibidabo estimat!...
Déu te dó la vida bona
amb aires de llibertat,
miranda de Barcelona.

domingo, agosto 14, 2005

Morriña


Hai un momento, tumbada na cama, pechei os ollos e de súpeto fun teletransportada a Reboredo. Aparecín naquela rocha onde gostaba de pasa-lo tempo, escoitando o son do río a discorrer entre o val e o balanceo das árbores. Por aló andan os pais pasando a ponte. Quen puidera...

sábado, agosto 13, 2005

Xa teño os billetes!!

Así que ó final marcho a Bos Aires do 20 de setembro ó 4 de outubro. E logo o 5 volta ó aeroporto para iren á Coruña. (Primi, estarei do 5 ó 10, a ver se podemos facer por vernos...) Qué ganiñas que teño de que pasen estes días... Máis ou menos un mes que me queda para verte cabra!!! Entre preparativos e tal se me pasará voando...
Ademáis agora tocará currar duro, para recuperar os días da viaxe. A vindeira semán farei 6 noites seguidas, uf que palo só de pensalo! Pero bueno, despois dese tute marcho a finde do 27 a Andorra con F. Unha finde en Caldea para desestresarse, olvidarse do hospital e desfrutar do país veciño.
O 15 de setembro actúa Carlos Chaouen en Bcn, agardo poder velo! Na web di que é na Boite pero di V. que na web de ahí non aparece. A ver se me entero...
Onte baixei co maridito (despois de pasar toda a tarde no IKEA para decatarnos que se esgotara a maldita estantería...) que quedaramos con F., M., B., V., P. e I. na Ovella Negra de Poble Nou. Marchamos dalí cedo pero a noite foi laaaaaarga. Longas noites estas nas que o espertador non sona cando ten que facelo...
Dentro dun ratiño baixarei para ir ó cine a ver "Charlie y la fábrica de chocolate". Dame un pouco de medo porque teño o libro de Roald Dahl coma un dos meus clásicos dende nena. (Aínda recordo o fans que eramos I. e máis eu do escritor, incluso o que choramos o día que morreu...). Xa vira a primeira adaptación do libro feita en 1971 con Gene Wilder coma protagonista. Que agora a fagan Tim Burton e Jonnhy Deep (ummmmm....) xa é unha tranquilidade. A ver, agardo que non me defrauden.

quarta-feira, agosto 10, 2005

Buscando

Estoy buscando un poco de calor
Estoy buscando mi sombrero
Estoy pintando de nosotros dos
En aquella nube del cielo
Estoy buscando el líquido espinal
Tengo las pupilas de acero
Estoy buscando quien quiera dormir
En una almohada en celo

Estoy mudando de caparazón
Estoy buscando los motivos
Estoy buscando un ritmo de tambor
Que suene en ese culito
Estoy buscando el umbral del dolor
Analizando desperfectos
Estoy buscando el punto de fusión
De un universo abierto

Estoy buscando yerba
Que amortigüe el camino
Estoy buscando un mundo
En todos los sentidos
Dime cuando lo sepas
Si te vienes conmigo
Te haré cada mañana
Ropita de domingo

Y la ceniza a punto de estallar
Y no hay más gente en el espejo
Y te juro que en tu axila haré
Millones de festejos
Y no recuerdo si he cerrado el gas
Mujeres y niños primero
Mi alimento es el veneno azul
Que mana de tu pecho

Estoy buscando el germen común
Estoy buscando tu agujero
Si estás cansada de tanta canción
Pues vete fuera y que te dé el fresco
Estoy buscando el apagón solar
Estoy buscando a los guerreros
Estoy buscando algo para fumar
Papel, piedra y mechero

Estoy buscando yerba...

BUSCANDO YERBA. Carlos Chaouen

terça-feira, agosto 09, 2005

Quero durmir

Namentras as compañeiras miran webs de campings pola costa brava e eu repaso as páxinas dos paradores (que chulo o de Aiguablava!!! Eu queroooooo...) e os hoteis de Andorra van pasando as horas e a noite vai acortándose. Xa vai sendo hora tamén, é a cuarta noite seguida de 12 horas e o corpo comeza a estar cansadiño.
Mañá a tarde quedei con F. para iren ó Parc del Laberint en Horta pero acabo de ver agora que pecha ás 18 h. así que haberá que cambia-los plans. Pois nada, iremos a ve-lo Park Güell entón e logo subiremos ó Tibidabo que é moi chulo ver atardecer dende alí. A ver se mañá me lembro de enviarlle un sms a F. para avisalo do cambio!
Hoxe foi un día de recordos sensoriais. Espertei con ganas de escoitar a Jon Secada, facía anos que non poñía o CD enteiro, todas esas cancións empalagosas. Aínda non sei como podía soportar escoitar a de Angel unha e outra vez (boa culpa delo o tiña aquel Ángel...).
Logo no metro, cando ía lendo "Ensayo sobre la ceguera" de Saramago de súpeto lembreime dun conto daquela colección de libros pequeniños que tanto me gustaban de nena. Se ata podo ver os debuxos do libriño!! "El niño que tenía dos ojos" se chamaba e mira por donde aquí o atopei de novo...

domingo, agosto 07, 2005

Estanterías

Cando espertei estaban P. e I. na casa, o cuñi desfrutando das bondades do noso sofá para botar un sono.
Falei co maridito de iren o martes ata o IKEA a mercar todas esas chuminadas pendientes para o piso. Alguén pode prestarnos unha furgona para poder levar a dichosa estantería?? Por certo, que os rumores son máis fortes e semella que cediño haberá un antro de perdición destes na Coruña. Pois nada, unha excusa máis para voltar!

sábado, agosto 06, 2005

A vida é puro teatro...


Hai que ver o rápido que pasan os días libres, sobre todo cando son entre semán, foron vistos e non vistos... E agora toca outra vez pasa-la finde encerrada no hospital. Estou desexando que chegue a vindeira semá!
O mércores devolvínlle os pantalóns a A. e tomamos un xelado na heladería italiana da praza que hai abaixo de Verdi en Gràcia e logo fomos á terraciña da praza da Virreina, onde estabamos ó carón de el Mono Loco & friend.
E onte a primera hora da tarde fun con V. a ver o piso de C. A verdade que lle quedou cusquiño comparado como estaba. Ahora ben, a de dineiro que tivo que meter ahí... Seguro que lle saía máis a conta comprar un novo (e con ascensor!!). Logo achegámonos o HyM no Passeig de Gràcia (un HyM light por favor!! ) pero tampoco é que fixeramonos moita compra, dúas tonterías. Ah!! Por fin falei con A. Todo moi ben por Santiago, o que daría por poder quedar con ela e tomar un capuccino longo naquel café do casco vello e falar e falar. Despois de todo unha non "se lanza á piscina" tódolos días, verdade A.? Quén ía a dicir que a expresión tardaría 5 anos en ter validez...
A noite se presentaba interesante no Llantiol cun espectáculo variado de mimo, clown, música... e rematou sendo unha "revisión" de éxitos tradicionais rusos a cargo de un trío un tanto especial. Dende logo, tiñan que grabar as nosas caras... Está visto que o do teatro non vai con F., ou non chega á hora, ou lle toca ver un bodrio... A próxima haberá que ir a un concerto ou algo así a ver se hai máis sorte...

quarta-feira, agosto 03, 2005

Jeans

Mare meva, que frikis que hai por ahí soltos... E a todos lles da por vir a urxencias a tocarnos a moral. Qué paciencia!
Hoxe coincidin con I. no messenger, facía siglos que non falaba con él. Chegou a semá pasada das súas vacacións en Brasil, qué envexa!! A ver se me conta e me pasa as fotos para acabar de poñerme os dentes longos.
Mañá quedei con A. en Fontana para tomar algo por Gràcia e devolverlle uns vaqueros (ou tejanos como din por aquí en Bcn) que deixou na casa hai tempo e que se perderan no medio da mudanza. Irei antes buscar a F. á praia, bueno eso se non fai o mesmo día ca hoxe que menuda treboada que caeu pola tarde. Que llo digan o meu maridito que pingouse de arriba abaixo e rematou ca ropa do Futuro Artista...

terça-feira, agosto 02, 2005

Chove


Por fin chove en Barcelona! Xa tiña eu ganas de que caera unha boa... Qué pena estar no hospital en contas de estaren na camiña escoitando as gotas petar na fiestra.
Dende que estou aquí cada vez que chove sonan na miña cabeciña as voces de Rosa e Ismael cantando Chove en Santiago. Eso sí é choiva!

Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.