Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: janeiro 2005

segunda-feira, janeiro 31, 2005

4 días!

"Brilla la luz del dia, porque voy a regresar
a esa ciudad del norte donde yo empece a jugar,
los que me hablaron del fin del mundo ya quedan atras,
las sombras se desvanecen porque voy a regresar..."
Amaral

sábado, janeiro 29, 2005

Vestir santos

Conversa telefónica con P. Crisis existencial. Imos ou quedamos? Epidemia de casamentos e bebés ó noso carón. Qué lle pasa a xente?

sexta-feira, janeiro 28, 2005

Volando vou, volando veño...

Por se non chegaba cos retrasos, cancelacións, desvíos, prezos de escándalo... a que nos ten acostumados Iberia ós "voadores" galegos, agora anuncian que abandoarán voos en Galicia, Barcelona e Andalucía se nos receben as subvencións que lle conceden ás compañías de baixo coste. "O no lo hacen con ninguna o lo hacen con todas"e "si no recibimos esas mismas ayudas nos tendremos que ir".
Se agora xa hai que loitar por un billete a un prezo mínimamente razoable, despois disto non vai quedar outra que voltar á terriña en tren cada vez. Total son 16 horas de nada -aínda que sempre acumula algunha horiña máis de retraso-, en un tren dos anos 20 (pero esa é outra historia da que haberá que falar outro día...).
Líneas Aéreas Galegas xa!!!

quinta-feira, janeiro 27, 2005

Unha noite máis (ou menos)

Pois aquí estamos outra vez, paso a vida no hospital...
Onte baixei con V., S. e C. a toma-lo aire (e ben frío que era, abofé que sí). Iamos entrar no Antic Teatre pero estaba a petar. Acabamos nun bar de "tapas atípicas" que hai xunto a él.
H. chamou hoxe dende o aeroporto, marchaba para Xinebra e logo para Londres a comezar unha nova etapa. Outro galego na City (e agora con Ryanair e EasyJet dende Galicia xa nin che conto...).
Noticias de JC. (hola cabra! ;) ) dende o norte arxentino. Quen puidera estar por aquelas terras...
Falei con G.; semella unha axente de castings! O luns faremos un anuncio para Nike. A ver se é máis divertido que o de Amena...
Chateo con R. a puntiño de aterrar en Barcelona. Virá o mes que ven, despois do Entroido.
E falando do Entroido, xa morro das ganas de chegaren a casiña e veros a todos/as. Veña festa. Máis samba e menos trabalhar!!!

segunda-feira, janeiro 24, 2005

Medianoite, matinada, meia-noite...

Son as catro da mañá e aquí estamos outra noite máis. Semella tranquilo ata que, de súpeto, comeza a sonar o timbre. É a cuarta noite e xa estou cansadiña, e aínda quedan outras catro horas...
Mañá, ó sair, clase de portugués, irei durmida. Para non variar.
Hoxe non espertei a tempo e non vin nin a V. nin a S. Tiña unha perdida de H. E aínda téño que quedar con J., B. e S. A miña vida social últimamente é un verdadeiro desastre!!!!!!!!!!! Menos mal que o meu propósito de aninovo era organizar a miña axenda! A este paso nin para o ano que ven tendrei tempo para mín!

domingo, janeiro 23, 2005

Visita á casa

Xa teño os billetes para voltar á casiña. Como perderse o entroido coruñés??? Ese Orzán de noite, esa rúa da Torre e os choqueiros... Q ganas!!! Dende xa comezo a pensar no disfraz!
Así q rapaces, preparádevos q en nadiña chego e comeza a festa...

Condóns (2)

"Yo, desde luego, que toda mi vida, como es sabido, he dicho la verdades sin condón, pienso morirme sin ponerme ninguno". Fraga dixit
Manda carallo... cando calarán a boca algúns...

quinta-feira, janeiro 20, 2005

Condóns

Xa me extrañaba a min a cousa... Non negarei que cando vin na TV ó portavoz da Conferencia Episcopal admitindo o uso do condón quedei ca boca aberta. Só tardaron unhas horas en desacreditalo e voltar a condenar o seu uso.
Hai que recordar que para o Papa Juan Pablo II o sida é unha «patoloxía do espíritu», e a única maneira de evitala, «a virtude da castidade».
Así, a Conferencia Episcopal sostén que as relacións sexuais con condón "son inmorais".
O verdadeiramente inmoral é o número de novas infeccións por VIH que se están a producir neste intre...

segunda-feira, janeiro 17, 2005

'Naves ardiendo más allá de Orión'

"Estas canciones son mis naves en llamas, las lágrimas que rescaté del temporal, retazos de lo que fuimos, los miedos que salvé de la hoguera, mi dulce memoria. Cuando todo es tan frágil, cuando la calma y tu contrato temporal son tan precarios, cuando la paz se rompe y los vagones de tren arden, uno intenta rescatar la primavera, las noches de viernes, la vacuna del desánimo, la certeza de estar vivo. Allá van estas canciones, contra el olvido y la fugacidad que estos tiempos imponen, ahora que nos queda todo por hacer, para que aquellas naves no se extravíen, aunque ardan de por vida en nuestras bocas". _ Ismael Serrano

sábado, janeiro 15, 2005

Xa 2 anos...

Estes días fai dous anos q marchei da Coruña e aparecín en Barcelona. Case nada... Anda q non pasou rápido o tempo...
Para festexa-lo fun con V. ó teatro a ver "Cuentaminación acústica", botámonos unhas boas risas. Logo de tapas e terminamos no Arena. Q recordos!! Facía ó menos 3 anos q non pisaba esa sala e de súpeto voltaron imaxes de boas noites con T., S. e sobre todo JC. (cabra, aqueles bailes!!!).
En fin, agora no traballo, mañá virá a casa S., outra emigrante máis na cidade, e xa imos... perdín a conta.