Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: junho 2005

terça-feira, junho 28, 2005

Movémonos

Noite de non durmir, de calor e nervios, de sms de ledicia e celebración, de novas esperanzas... Pero, ¿qué demos importa non durmir estando diante do cambio?
«Aínda non os coñezo, nin os quero coñecer». Mire, mire Don Manuel...

quinta-feira, junho 23, 2005

Novas

Novo contrato.
Nova habitación.
Nova compañeira de piso.
Nova escapada á Coruña.
Novo modeliño.
Nova lectura. (Graciñas F.! Por todo...).
Novo país. (Que sí, que o luns remataremo-la festa do domingo pasado!).
Nova viaxe en mente.
E sobre todo, novas ilusións...
Bo San Xoán!! Noite meiga!!

quinta-feira, junho 16, 2005

Comida africana

Onte baixamos cear ó senegalés da rúa La Nau, ó carón da Vía Laietana. Iamos V., S., P., I., M., e M. Entre cus cus, yuca e demáis pasamos un bo ratiño. A idea era facer unha pequena despedida para as que marchan pero a verdade é que non tocamo-lo tema. Quedamos para o domingo facer algo mentres dan os resultados das "botacións" na tele, para algo ten que valer a TVG dende Internet.
Non chegamos moi tarde á casa, pero entre unha cousa e outra deiteime ás tantas e hoxe cando sonou o espertador ás sete caseque me da algo. O exame regular.
Agora marcho a darlle clase ó rapaz e logo tocará hospital, que esta noite estarei en partos.

quarta-feira, junho 15, 2005

Mira que é bonita!

De hoxe nunha semá volto...

terça-feira, junho 14, 2005

Mulleres desesperadas

Levo o que vai de tarde mandando e recibindo sms. Quedando coas rapazas para a cea de mañá, preparando a postelectoral do domingo, dándolle largas a A., tentando mellorar a moral de D., retomando contacto con S., cotilleando as primeiras horas de F. en terras catalanas...
Cando xa pensaba que terminara a tanda, recibo un de M. ("Welcome to WISTERIA LANE! Hoy estreno! Yo creo que cambiara nuestras vidas porque tu como yo en el fondo somos mujeres desesperadas...") que me recorda que a serie que levo tanto tempo agardando e que non hai maneira de que se baixe máis rápido no emule comeza hoxe na TVE. O sento moito Vilches pero creo que esta noite sereiche infiel. Toda a finde en urxencias e un bo plan con amigas afunde calquera relación...

segunda-feira, junho 13, 2005

Urxencias ou "territorio comanche"

Sí, vale, os sábados noite en Urxencias son moito, pero os domingos noite aínda son peor!!! Qué noitiña... A xente está moi, pero moi mal... Pelexas, coiteladas, borracheiras, un par de chinos apaleados nun robo,... non sei coma será o Bronx pero só de imaxinalo dame algo. Os típicos buscadores de baixas para o luns pola mañá, o Rafael que xa ten orde de alonxamento do hospital, a xente debe aburrirse moito para iren ó hospital de madrugada por estupideces... Que lle imos facer! O caso é que todos veñen e van en ambulancia, rollo taxi, acabarán co sistema da seguridade social en dous días pero é o mesmo... no problem... aínda teñen máis que dicir... para eso pagan non?? Uff, que paciencia hai que ter ás veces...
Ó mellor da noite foron os compis. O N., que é a caña, veña a buscarme ligue entre o persoal. Tentouno primeiro co A. pero descartoume por vella (e menos mal, porque ese home da medo... Por certo, que o tipo pasou a noite contando as súas historias de ligues polo chat. Só de pensar en quedar con alguén e que te apareza un coma este... É o que falamos moitas veces verdade F.? A imaxe real e a imaxinaria, as ideas que te montas,... por exemplo, igual pensas que tas a falar cun "integrista nacionalista" de fortes principios e logo, no fondo, resulta ser todo un estudioso da Biblia :P ... Falando desto V. aínda tes que contarme o do Mau Mau...). Cando deu ó A. por perdido, tentouno co I. un médico que comezaba onte as guardias. Pobriño, taba máis perdido... O rapaz veña a preguntarme todo, a mín que levo alí catro días!! Pero gustoume a experiencia, así, impoñendo respeto ós doutores, aínda que en dous guardias máis se lle esquencerá todo e cambiará o chip e voltarase coma os demáis... Tampouco este era meu tipo... Pero o N. prometeume seguir a búsqueda. Jajajajaja
Bueno, creo que xa é hora de deixar de perrear no sofá e baixar a face-los recados coma a boa ama de casa que son... Non, mellor antes mirarei o dos voos para a viaxe con V. en xullo. A ver onde rematamos...

domingo, junho 12, 2005

Urxencias ou "cada dia entendo mellor ós guionistas de Hospital Central"

Onte baixei cos turistas estes para aproveitar o seu último día en Bcn. Despois de iren ó Park Guell fomos de rollo campestre á Ciutadella e logo xa me tiven que marchar para o hospital.
Agora acabo de chegar á casa despois de pasa-la noite en Urxencias. Dende logo urxencias é outro mundo, non ten nada que ver co resto das plantas. E noites coma a de onte, sábado noite, menos todavía. Por alí pasaron os de sempre. Algúns xa os temos fichados de tanto que veñen: o fillo que se quere desfacer da nai, a avoíña que caeu por sexta vez nun mes, o desagradable da cánula... Pero tamén houbo algúns moi frikis. Como a nai que trouxo á súa filla adolescente porque alguén lle botara algo na botella de cocacola e a rapaza cheirando a alcol que botaba para atrás, ou o tipo que chegou co cú aberto de lado a lado, ou a que morría de dor e quedou durmida nada máis pilla-la camilla... Pero o mellor foi cando chegaron dous que se pelexaran e comezaron a montala en admisión. Os seguratas foron separalos e empapados do líquido do spray de defensa que lle botara un ó outro se pasaron un bo rato chorando e contaxiando a uns cuantos dos meus compis. Menudo cuadro o do persoal alí cos ollos vermellos veña a llorar. Qué risas meu deus!! Para rematar a xornada, a unha hora de marchar tivemos un box 5 e ahí si que houbo que correr...
E saio do hospital, merco El País e doume de bruces coas declaracións de Fraga: "Si a una mujer le preguntan con cuántos hombres se acuesta, no suele dar una respuesta absolutamente certera". Realmente temo-la necesidade de seguir aturando a un tipo así???

sábado, junho 11, 2005

French connection

Onte á tarde P. chamou ó saír de traballar a ver que faciamos V. e eu. Acabamos tomando algo nunha terraciña do Paseig Gaudí, alí ó carón da Sagrada Familia. Logo xuntáronse I., B. e J. e leveinos ata o Hospital de Sant Pau que ningún coñecía. Rollito relaxado e tranqui.
Logo, ás 21.30 h fomos ve-la Font Màgica de Montjuic. Xa a teño visto en funcionamento unhas cantas veces pero sempre me impresiona. É un deses lugares cun encanto especial, o típico sitio para ir con alguén de rollo romanticón. Un máis na miña lista de lugares a redescubrir cando apareza o príncipe azul ese...
Alí apareceron I. e J.M. Ó rematar, o grupo dividiuse e eu quedei con I., B., J. e quedamos con J. na Plaça Catalunya para ir ó apartahotel.
Logo quedei con M. na FNAC que quedara a súa vez cun rapaz francés que non coñecía e non quería ir sola. Alá fun eu de escopeta. Fomos cear polo Raval ó Bar Fidel, que bocatas máis bos!! Logo unha voltiña e M. que marcha para casa. Eu tentando quedar con I. e estos, e o teléfono fora de cobertura. A., o francés, que me di de tomar algo. Fomos a terraza do Mirinda e alí estivemos a falar de viaxes e das nosas vidas. Despois de dar por morto ó teléfono de I. decidín marchar para á casa. A. acompañoume ata Universitat a colle-lo metro e cando cheguei a casa J. mandou unha mensaxe que estaban no Razzmatazz que me achegara ata alí. Sí, sí... era o que estaba pensando...
Qué noite máis rara!!

quinta-feira, junho 09, 2005

Bhangra life

O Negro está vivindo de okupa no noso salón e onte chegaron I., B. e J. Menos mal que atopamos un apartahotel non moi caro nas Rambles porque non sei onde iamos a meternos todos. O sábado sí que dormirán todos na casa, pero con que eu traballo pois librareime do caos.
Onte pola mañá fun a presentación do libro de Radio Nikosia no Caixaforum. Radio Nikosia é unha iniciativa, herdeira da Radio Colifata arxentina, na que persoas diagnosticadas de problemas mentais empregan a radio coma vía para a recuperación terapéutica e para loitar contra o estigma social da loucura. Escoitándo as suas voces as veces chegas a preguntar quén é o verdadeiro loco... Manu non puido asistir por mor de non sei que historia en Nápoles pero deixou un vídeo grabado o día anterior no Glaciar. Incluso por vídeo este home ten un aquel moi especial.
Precisamente no Glaciar, esa esquiniña da Plaça Reial onde o detective Carvalho de Montalbán gostaba de pasar o tempo, estiven a tomar algo cos galegos recén aterrados. Xa sexa na terraciña co bullicio da praza ou dentro mecido polos sons do jazz é un sitio que non ten desperdicio.
Logo quedamos en Plaça Catalunya con J. un medio galego que enseguida uniuse ó grupo e rematamos todos na miña casa. Ultimamente o meu salón está sempre a rebosar, qué cousas!
Á noite baixamos ata La Paloma para o Rawal Launch. Flipei mogollón! Se xa o local é impresionante por sí mesmo, velo todiño cheo de alfombras, coxins, velas,... e coa música de fondo india, a cítara, a bailarina da danza do ventre, o didgeridoo, as comidas multiculturais, eses mozos tan interesantes!! O mellor foi cando sairon unhas rapazas a bailar bhangra coma nas pelis de Bollywood e deron unha pequena clase. Escachaba ca risa!! Temos que enterarnos de onde teñen a escola esa porque apuntarse pode ser moito...
Agora baixarei a repartir as entradas que me quedan para a festa de hoxe no Apolo. Eu que lle dixen o tipo que non iría para non ter que aguantar o rollo do reconto de pases e todo eso e de seguro que ó final aparezo por alí, terei que esconderme que non me vexa... Primeiro acercareime ó Mau Mau que hoxe pinchará I. ou Van'Em coma vostedes queran e haberá que apoiar á familia non?
Por certo, o outro día fomos ata Boca Nord ó pase dos cortos de Hai que Botalos e E. comentounos o do Espazo galego dos paisos catalans. Rapaces a poñerse mans a obra e axudar no que caia. Ah!!! Precisan xente para a acción de rúa do sábado 18!! A idea é moi boa, e eu ma perderei que tocará traballar... Pero o 19 fijo que facemos algo para celebralo!! Aínda que o luns teña que coller o avión para Madrid ás 7 e teña que ir de enganche ó do doutourado!!

segunda-feira, junho 06, 2005

"Botando"

Alá foi o meu "boto"!!! Ta loguiño Don Manuel!!!

APTC

De volta na casa vendo a entrevista de Fuentes con Miguel Bosé.
Acabamos de chegar dunha cea de galegos no APTC de Alí Bei. Qué bocatas sorpresa máis bos! O cociñeiro brasileiro todo un espectáculo, o local moi chulo, a conversa interesante. Estabamos V., M., Superpemán, S., I., P.,... Lugares comunes na charla, as eleccións sempre coma fondo,... E xa teño plan tamén para o mércores...

domingo, junho 05, 2005

Alá vai outro domingo...

Logo dunha noite tranquila no hospital (só un parto, aínda que dos bós: 4.060 kg sen anestesia nin episio nen nada, a nai merece un premio!) unha tarde non menos tranquila na casa. Como dirían os Resentidos fai un sol de carallo, o calor é abofante e haberá que agardar á noitiña para sair da casa e facer algo para aproveitar esta finde.
Mañá voltamos a abrir o centro de acollida ó emigrante galego, ven á casa J., un amigo de I. Bueno, aínda non confirmou a reserva pero xa estamos acostumadas a chegadas de última hora. O xoves veñen I., B. e outro amigo que non coñezo. E o máis probable é que para o verán veña tamén pasar un tempiño en Bcn R.
A semán presentase por tanto completiña. A máis das visitas, teño exame de português, a cita con Manu, e aínda me quedan por repartir as invitacións para o Apolo (se alguén quere ir a festa do xoves de balde xa sabedes...).

sábado, junho 04, 2005

Taladros

Toda a noite rodeada dos gritos das parturientas e dos choros dos pequechos, e agora que estaba a aproveitar as horas de sono comeza a "vinganza da black&deker". Bricomanía non fixo nada bó polas comunidades de viciños...