Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: maio 2005

sexta-feira, maio 27, 2005

De teatro

Toda a mañá durmindo e eso que sonou o espertador as nove e media... Esto de quedar ata as tantas no messenger non é bo... (e menos cando estás a falar con xente dos arrabaldes... :) É coña F.!)
Logo baixei á Cruz para preparar a historia do Día sen Tabaco e logo fun dar clase ó neno (aínda que ó final non veu e quedei libre).
Chegaron V. e P. a casa e baixamos ó centro onde quedamos con I.
Agora acabo de chegar a casa despois de ver unha obra de teatro no Atelier da Rambla do Raval. Chámase Paper Boy e a fai un rapaz galego. Casualidades da vida, antes de baixar estaba a ver os cortos de Hai que botalos e resulta o que fixo o de Ora et labora estaba alí e é un dos amigos de M.
Hai un intre entrei no telentrada para coller as de Ismael e... sorpresa! Xa están esgotadas. Non sei por qué de esta vez non me preocupei por collelas. Tiña ganiñas de velo pero non sei por qué dame igual que non poda... Xa é raro! Debo estar enferma. Ou quizais xa me saturei, quen sabe. Bueno, a próxima será.
Polo pronto temos o sábado o do Carnaval de Carlinhos Brown e Daniela Mercury. Festa!! Caipirinha!! Samba!!

domingo, maio 22, 2005

Domingo na casa

Onte foi o día gastronómico por excelencia. Tiven xantar familiar na Cabaña del Cazador. Din boa conta das almexas á mariñeira, langostinos á plancha e un bo rodaballo. Para cear, centolos. Ummm canto boto en falta estas cousas ricas en Barcelona!!!
Falei con V. polo messenger, que está griposa. Pobriña ela! Quén lle dará mimos...
Mañá de lectura na prensa. Leo na Voz unha reportaxe sobre a cara B da movida coruñesa, os locais de Orillamar e Monte Alto. A ver se me lembro de levalo a Bcn e amosalo a D., para que recorde os seus días no Patachim.
No País, entrevista con Serrat (fala de Cataluña: "Cuando uno sale de aquí y va a Madrid, por ejemplo, se sorprende mucho de lo que se dice que nos pasa a los catalanes. Parece que aquí ocurren cosas que generalmente no están ocurriendo. Aquí se vive con bastante normalidad. El Gobierno tripartito es algo que funciona con mucha naturalidad... Mayoritariamente, la gente está contenta con lo que está ocurriendo; es una situación bastante mejorable, porque tres fuerzas políticas no es lo mismo que una mayoría absoluta... Pero siempre es más interesante encontrar Gobiernos de concentración, en los cuales tengan cabida distintos puntos de vista y que sean capaces de entenderse, que tener que vivir bajo un Gobierno de rodillo que pueda hacer y deshacer ignorando la voluntad de gran parte de los ciudadanos". A ver se dentro de pouco podemos dicir aquí o mesmo. E fala da vida: "No encuentro nada más divertido que vivir". Sempre o máis grande. Sempre Serrat).
No Magazine fala Carmen Avendaño ("Me siento orgullosa como gallega de este movimiento que nació al lado de donde estaba el mal. La moraleja de la reacción social es que la sociedad debe rebelarse contra los que la atacan"), o que me recorda que aínda teño pendiente ver Heroína.
E na Vanguardia chámame a atención o artículo de "Sobrevivir en Barcelona", comparando a calidade de vida en Bcn con outras cidades europeas. Sí, costar costa. Pero por sorte aínda estamos a anos luz de Londres ou París...
Á mañá foi o bodorrio en María Pita. Tiña pensado achegarme, pero puido o sono. Alí estarían P. e a xente. Menos mal que comeza a moverse a cousa por aquí tamén... Eu guardarei forzas para a voda de verdade. Cando cases ti cabra, esa sí que non a perdo!!!!
En nada, prepararei a maleta. Así mañá vou a tiro fixo. Teño que leva-lo licor café, o queixo, os chourizos... Rollo Alfredo Landa total! A ver coma se porta Spanair, que non haxa retrasos que ó chegar teño que ir direitiña a traballar. Outra longa noite hospitalaria por diante...

sábado, maio 21, 2005

Reencontros

Pois nada, xa tou na cidade máis segura do planeta, a cidade tomada polos corpos e forzas de seguridade do Estado, a cidade onde o atronador son das prácticas da Patrulla Águila non deixa falar tranquilamente, a cidade onde a ocupación do espacio aéreo fai retrasa-los avións e crea-lo enlace Labacolla-Alvedro... DesarmaCoruña xa!!
O xoves, despois de deixa-la maleta en casa e facer unha visita fugaz ós avós, baixei a tomar un café con P. Quedamos no Vecchio e co capuccino na man falamos e falamos... Resumo de amores: adeus a J., hola a M. e sempre Pati. Da xente: T. foi vivir con A., N. traballa para J., B. estivo unha tempada á sombra,... Ó final non poderá sair este finde, cachis, aínda temos pendiente esa noite loca! Pendiente queda tamén planifica-la viaxe, cando teña os seus turnos haberá que sincronizar axendas.
Onte quedei cas rapazas da Cruz. P., T. e C. Quedamos no café italiano da Plz. de Pontevedra. Alí, tras unha copa de xelado xigante con chocolate quente no corpo tamén brotou a conversa. Cotilleos da Cruz, do social, da visión de xénero, das vindeiras eleccións... Ó pouco marchou C. e nós cambiamos de sitio. Fomos a unha cervexaría pola Torre Coruña. De camiño pasamos diante da Peneira onde unha chea de rapaces celebraban festa, e de súpeto viñeron a mín as imaxes de 9 anos atrás facendo alí a nosa graduación. 9 anos xa!!! Qué noite aquela! Teríamos as mesmas pintas que estes nenos??
Pois iso, despois da cervexaría achegámonos ás Vides, onde actuaba un grupo de jazz. Hoxe haberá bossa-jazz.
Logo voltei á casa camiñando con T. Pasamos polo medio do Orzán, era venres e non había moita xente. Era raro, despois de tanto tempo. Algúns cambios de locais pero os clásicos perduran... (e sí, o porteiro do Grietax, o "noso amigo", alí segue imperturbable).

sexta-feira, maio 20, 2005

Aeroportos

Sempre gostei dos aeroportos. Aínda recordo hai moitos anos cando meus pais levábanme a Alvedro a ver os avións, ou aqueles picnics cos tíos no campo de subida ó aeroporto. Eran tempos nos que había que planificar a excursión, pois só saían un par de vós en todo o día.
A primeira viaxe fíxena a Madrid, con doce anos ou así. Era unha excursión de fin de semá da Caixa. E dende aquela, cantos voos e cantos aeroportos!! O caos de Barajas, os colores do de Río, a enormidade de Heatrow, as langostas do José Martí da Habana,...
De todos, quédome co do Prat. Será que xa lle teño collido o gustiño, pero seméllame o máis sinxelo e práctico.
Onte estaba bastante vacío, nada que ver ca última vez, cando Semá Santa. Cheguei co tren, facturei no auto-checking, pasei o control e cara a terminal M1. Porta 18b. Coma sempre. Tocará outra vez colle-lo bus... Chega a hora de embarcar e nada, cambian o destiño na pantalla e claro, como non, sairá retrasado!! Xa era raro home!
Aproveito para botar unha ollada ó rredor. Un grupo estranxeiro chega a todo correr trala última chamada para Palma de Maiorca, os habituais executivos cas maletiñas de pel (quen sería o primeiro en aproveita-lo bolsillo do peito para fica-la tarxeta de embarque? é algo que teñen en conta os diseñadores?), os nenos aburridos que xogan e pasan das nais,... Menos mal que teño a Bebé e a súa música me fai compaña...
Unha hora máis tarde saimos, bueno en nada en Alvedro. Quen sabe se haberá alguén de picnic ou algún pai amosándolle os avións a súa filla...

quarta-feira, maio 18, 2005

Nova páxina

Onte fun de cea a casa de J. que xa llo prometera hai tempo para estrea-lo piso. Viño branco, lubina ó forno, bos postres. O piso está ben, na avenida do Paralel, xusto enfronte das chemineas e do Apolo (qué concertazo aquel de Manu!!). Ten unha terraza cunhas vistas moi, moi chulas. Queda pendiente facer aí unha ceniña en verán. Na cea estaban tamén V., E. e M. Gostei de coñecer a E. Fan boa parella, sí. Xa pasara a páxina hai tempo, pero agora podo pechar o libro de todo. Xa era hora!
Hoxe baixei a português e a volta fixen parada na Fnac ca idea de merca-lo I-pod. Pero alí estaba Bebé naquel estante, ollando para min e con cariña de dicir "mamá". Tiven que collelo claro. A ver, se no canto do I-mac merquei o PC, no canto do I-book o portátil, pois que demo ía facer co I-pod!! A verdade que máis fashion é, pero Bebé ten radio, grabadora, máis gigas...

Yokohama, merquei algo para tí. Unha pistiña...
Xa chego mañá, que se prepare La Coru!!!

terça-feira, maio 17, 2005

Día das Letras Galegas

Lorenzo Varela
CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA MARTIRIO (1970)

Hoxe, Día dos Mártires de Galicia
no calendario da dor, sobor da pel do mundo,
resplandece, tatuada, unha cantiga.
Ten a intención dos dólmenes,
o xeito das gaivotas a voar polos ledos labirintos do ar,
o silvo da fouce siseando na calma do solpor,
o silenzo do mar cando o mar pecha os beizos
antes de desatar o feixe das tormentas.
É unha cantiga nova que se chama martirio,
estrelada de sangue,
co peito enteiro cheo de condecoraciós que representan
paisaxes aforcados.
Hoxe, Día dos Mártires de Galicia,
cando os soles da Patria en pleno día
vanse ós mundos da morte
e deixan o planeta envolto en noite escura,
en noite irremediabel,
sin mais novas da vida que o alaiar dos cás
i o lostregar dos ollos da curuxa.
Escoitadea ben, amigos, meus hirmáns:
Galicia enteira canta hoxe a cantiga de non chorar,
a cantiga nova que se chama martirio:
nela non cabe o pranto dos antergos,
nela non cantan os cadaleitos nin as mortaxas,
é a cantiga dos berces, o arrolo dos meninos
a luz do amor cantando nos outeiros,
a memoria dourada que vai rachando brétemas
limpando ceo e terra
pra acender os fulgores do agasallo
e dar principio á sagrada ceremonia
da lembranza dos bós e xenerosos.
Debido a esas razós, e son dabondo,
hirmás, amigos, compañeiros meus,
mordede as bágoas e cantade
a cantiga
de non chorar.

¡Non choraremos, non!
Mártires da espranza:
ben sei que non queredes
mais bágoas que as do pranto
que docemente acouga
Galicia baixo a choiva.
¡Non choraremos, non!
¡Que chore, debe chorar!, ¡que chore
o xuez verdugo,
o crego sin Deus,
o que teña na frente unha serpe
i o que teña na man a morte podre
dos fillos de Caín.
¡Que chore, debe chorar!, ¡que chore
até que lle arrebenten os ollos de chorar!
Mais nós non choraremos
¡Non choraremos, non!
Ben sei que non queredes,
mártires a milleiros
da nosa terra mártir,
ben sei que non queredes
que vos choremos nós.
Por eso nos chamades dende a herba i o vento
dende a lúa i o pan,
na romería e no camposanto,
nas lilailas do noivar,
nos ferros da cadea,
na saudade sin fin dos desterrados,
na amarela tristura do emigrante,
no aturuxo que longamente ven do alén.
Por eso nos chamades
e de xionllos ouvimos
a vosa voz que manda:

«Escoitade, galegos,
a un tempo hirmáns e netos,
escoitade o que pregan
os mártires da Patria.
¡Xuntádevos, galegos,
xuntádevos, hirmáns!
¡Erguédevos! ¡Erguédevos
é libertade o chán!
Facede de Galicia
un eido pra morar.
Facede de Galicia
unha frol xunto ao mar,
acarón das ribeiras enmeigadas,
pra darlle arume ao mundo,
á Libertade,
á Paz.
Facede de Galicia
unha frol xunto ao mar,
unha terra de moíños,
redes, forxas, canteiros
pra construir a lus
nova dos novos tempos,
o novo sol dos homes
cun novo corazón
latexando no peito.
Xuntádevos, que nós,
estaremos alerta
gardando o lar: das tebras,
da treición,
dos que teñen cuspe de amo,
dos malparidos,
dos que entonan o ár,
apestan as sementes,
póñenlle a nai bandeira de remate,
emporcan co seu bafo
as vírxenes fontes da vida.
¡Xuntádevos galegos e cantade a cantiga nova de non chorar
que se chama martirio:
éis ahí o alalá dos nosos tempos,
a maxia que converte os choros en espadas,
morriñas en tambores, fame en batallas,
malenconías en victorias
queixumes en vendavales
de xusticia,
agora,
mañán, sempre.

C.

Cabra, onte cando mo contaches quedei de pedra. De súpeto, un frío entrou no meu corpo e aínda non conseguín sacalo de todo. Acabo de ler agora o da Voz. Semella mentira. Resulta difícil pensar en que alguén marcha e non voltarás a desfrutar da súa presencia. Cando mo dixeches, a vín alí despedíndonos na estación da Coruña en aquela escapada improvisada con E. a Barcelona e aquel día da festa na túa casa cando foime a recoller a Betanzos... É tan inxusto! Despois do todo o que pasou... Non sei, eu sempre penso que cando acontece algo así é por ben, para evitar algo peor que vendría despois, mellor marchar que sofrer non? Non sei, realmente non hai palabras, non podo dicir nada que vos axude. Só mandarvos miles de toneladas de ánimo, de forza, de cariño... e xa sabedes que aquí estou para o que querades. Moitísimos bicos a todos!!! E lembrade a forza que lle botaba C. a todo, para seguir adiante que aínda queda moito camiño por andar...

domingo, maio 15, 2005

Noite en E.R.

Hooome claro!! Como non me ían a chamar a última hora... As seis e pico chamou a B. para consulta-la disponibilidade; esto de ser enfermeira free-lance... Total, que nin saír nin nada, de novo noite no hospital.
E por riba en Urxencias!! Eso é outro mundo... Dende a tipa que, cun bombo tremendo, chegou ás 4 da mañá porque facía 6 meses que non tiña a regla, ata os habituais visitantes dos sábados noite (bébedos, pelexas...). A máis a máis os perxudicados pola celebración do título de Liga (campions!!! Ese Barça, ese Barça!!! Eu quería ir a Canaletas joooo! Vos acordades daquelas noites en Catro Camiños tentando mexar no Bingo??). Esta noite voltarei por alí, a ver que tolos se achegan. Tocaralle hoxe guardia ó Dr. Vilches??
No do SIDA moi ben. Aínda que a maioría da xente que pasou foi guiri (cousa non extraña ó facelo no medio dunha ponte, e no centro turístico de Bcn), chegamos a bastantes xoves. Semella incríble pero máis da metade non colocaban ben o preservativo. Canto traballiño queda meu deus...
Agora aproveitarei o solazo un ratiño na terraza, escoitanse ó lonxe os petardazos, segue a festa...

sábado, maio 14, 2005

Informe semanal

Sí, que xa sei que fai 15 días que deixei esto un pouco de lado, que non fai falla que mo recordedes... A ver, que vos poño ó día... Terei que tirar de axenda para lembrarme... ummm que cabeciña!
Básicamente o que fixen foi traballar pola noite e polo día rematar o traballo de doutourado, que por fín conseguín quitalo de enrriba, xa era hora!
O 2 tivemos cea (sí, cea, F. non poñas esa cara...) en casa d M. O piso está ó carón do Hospital de Sant Pau (punto obrigado de visita aínda non saturado de guiris). Unha cea de tranqui, cas rapazas, co fondo do Ajrú de Mercediñas... Quedou o piso inaugurado!
O 6 fomos a unha cea-cumple dunha amiga de S. A casa está na rúa Castillejos e ten unha tremenda terraza con vistas á Sagrada Familia. Flipante! Xentiña moi interesante, do mundo da educación social e asociativo. Tema base de conversa: o look de Fraga na campaña electoral.
O sábado 7 botei toda a tarde en Gràcia, preparando e desfrutando do acto do 10º Aniversario da oficina da Cruz alí. Teatro, homenaxe, risas... Non estivo mal a cousa.
Pola noite, E. avisounos dun concerto no Carmel a favor dos afectados polo derrumbe e palá fomos. Chegamos cando cantaba unha rapaza (bueno, cantar cantar, non sei se era a palabra...). En vista do percal, marchamos cara ó centro a tomar algo perto do MACBA.
Ó día seguinte, baixei con M. a un recital de poesía galega dentro do Barcelona Poesía. Foi nun claustro da rúa do Carme, un sitio precioso para visitar! Participaron Fernan-Vello, Yolanda Castaño, Modesto Fraga, Luis G. Tosar... O acto estivo chulo, aínda que non me pareceu ben que traduciran a metade dos poemas... considerando que -ademáis- o 90% de asistentes eramos "inmigrantes galegos". Fernán-Vello dixo nun momento que Bcn sería a cidade onde él se exiliaría chegado o caso, aí estamos Miguel-Anxo, aí estamos...
E esta semana pouco movemento social, traballando no hospi e no cole, preparando o do Memorial do SIDA, as clases de português... Ahhhh!! aprovei o exame de inglés!! Os próximos exames os farei sempre con febre...
Acabo de falar con M. Chamaba polos plans para hoxe... Non sei, se non me chaman do hospital a última hora haberá que sair tomar algo non? Ela dicía de ir ve-la Habitación Roja no Razzmatazz, pero son 15 euros e considerando que a V. non lle gustan e a min non me matan, pois vai a ser que non. Xa xurdirá algo. Boa finde a tod@s!!!

Memorial del SIDA

Hoxe e mañá celébrase o Memorial Internacional do SIDA, creado en 1983 coma a primeira acción comunitaria de movilización social frente o SIDA. Hoxe celébrase en 93 países do mundo, en perto de 4000 cidades e comunidades.
O Memorial pretende ser unha lembranza das persoas que se perderon polo SIDA, ademáis de servir de estímulo para a discusión, a reflexión e a actuación frente a este problema.
Este ano o lema é "Transformando el Recuerdo en Acción".
Unha parte interesante do Memorial é a exhibición dun tapiz xigante en recordo dos falecidos. Este tapiz vaise facendo en forma de patchwork e ten un cadriño por cada un dos lembrados. Na web do proyecto pódese ver de maneira virtual.
En Barcelona (organizado por Projecte dels NOMS) estaremos con Creu Roja na Avinguda de la Catedral, facendo unha serie de talleres con xoves. Xa sabedes onde atoparme!