Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: maio 2006

segunda-feira, maio 22, 2006

Retomando a vida coruñesa

Levo cinco días na Coru e semella que a cousa ven de moito tempo atrás. Co rápido que foron transcurrindo os acontecementos estes días caseque nin me decatei do cambio. Apenas foi necesario o período de descompresión.
Cheguei o mércores que adiquei o reencontro familiar e de amigos. O xoves xa tiña atopado piso e o venres xa estaba traballando no SERGAS. Qué doado que foi todo!!
O piso foi o primeiro que fun a ver e pagarei menos de aluguer que o que pagaba en Bcn pola habitación. É un estudio pequerrecho en Monte Alto, a dúas rúas da casa. Antigo pero cunha maxia que me atrapou dende o primeiro momento. Estes días estou de fregoteo e limpeza a fondo a ver se podo instalarme prontiño.
E o venres a unha e media da tarde recibin unha chamada do SERGAS para ver se podía cubrir unha baixa, empezando hora e media máis tarde. Sempre fan igual. Hai cousas que non cambian...
Como tampoco cambiou o ritmo do traballo no hospital. Obviando o perdida que andiven de onde estaban as cousas, apenas me custou readaptarme. Reencontro con compañeiros de anos atrás, volta as habitacións de catro camas,... E de novo decatarme do ben que estaba organizado o traballo en Bcn.
E da xente, quedei o mércores con V. para ve-lo Barça gañando a Champions (campioooonsss!!!), voltamos a quedar o xoves con S. no Alfaiate e fun con F. o mércores á Gloira, a dar unha voltiña pola Repichoca o sábado e onte para iren ó cine a ver "1 franco, 14 pesetas" nese antro chamado centro de ocio do porto.
Hoxe baixarei pola tardiña ve-la peque e logo a traballar. Toca turno de noite aínda que de dúas horiñas menos que o daló, que xa se notarán digo eu...

sexta-feira, maio 19, 2006

De volta

Pois xa estamos aquí!
Con pouco tempo para escribir todo o acontecido nestas últimas horas.
A piques de trasladarme para o meu superpiso montealtero (e a piques de darlle un bo fregoteo e repintao tamén).
A piques de comezar a traballar.
Arranxando papeis.
Reencontrándome ca xentiña.
Planexando unha escapada ás festas de Ascensión para ver a A.
Despois do baixón inicial facéndome a idea de que esto non é nen será nunca Barcelona (por sorte e por desgracia...).
E disposta a non parar en todo o verán. Preparádevos!!!!

terça-feira, maio 16, 2006

En horas na casa!

Tanto contar días que foron pasando e ala, xa estamos. Mañá será o día D. Xa non hai marcha atrás, a Coru agarda por min!
Foron estes uns días cargadiños de emocións. Sobre todo nas despedidas cos meus compañeiros de traballo. Eu quería unha despedida discreta e íntima, pero xa se ocuparon N. e M. de organizar unha festa segreda de despedida con todo o mundo. Primeiro fomos cear á Masía del Rocsi na Plaça de Sants. Alí correron moito viño (pero dese fresquiño, eh C.?), moita comida (qué rico todo, incluso os caracois...) e moitas risas. E tamén moitos regaliños (que postal máis chulaaaa!!!). Saimos daló as tantas e ben contentos (en tódolos sentidos da palabra) e marchamos cara ó centro na procura dun local para botar uns bailes.
Cantando dentro do Smart (cómo molaaa!!) chegamos ata a rúa París e aparcamos diante dun karaoke nun antro chungo. Mirámonos en plan "dende logo hai que ser cutre para iren a un karaoke", e saltamos as cinco á vez: "Imos????". Non tardamos nin medio segundo en convencer ó resto, jajajajaja.
E o que se viviu alí dentro pasará ós anais da historia, alo menos na historia do hospital xa está escrito en letras douradas. Non é habitual verme cantar "La vida es una tómbola", non. Qué cachondeo!!! Marisol forever!
E o domingo levei ribeiro, albariño e licor café ó hospital. Dimos boa conta deles, a noite foi festeira abofé que sí. Ó sairen pola mañá fomos almorzar ó galego todos xuntos en plan despedida. Quérovos mogollón compis! Visca L'Hospitalet!!!
Luns e martes empregueinos en dar voltiñas pola cidade, intentando aprehender o máximo posible, empapándome de todo recordo que poda empregar cando estea na coru.
E hoxe, despois de despedirme da veciña, fixemos unha cea na casa con R. e N. en plan bos compañeiros de piso (a bye-bye dinner all in english, or something like that...).
Pois nada, nunhas horiñas xa aterrarei en Alvedro con ganas de vervos a todos/as e con moitos plans na cabeciña que tentarei poñer en práctica pouco a pouco. Tempo ó tempo!!
Próximo post dende a terriña!!!
B.S.O.: "Volverá la suerte". Amaral.

domingo, maio 07, 2006

10 dias!

Pois aquí estamos. Última fin de semán libre antes de voltar á casa e aproveitando o tempo.
O venres houbo cea pica-pica no piso. Eramos N. e R., P. e I., A., J., C., M., J. TB. e eu claro. Toma lío de siglas, nen Urdaci... Moi bo rollito. Entereime dos novos líos de C. (agora é un francés. Países non lle van quedar á rapaza...), tiven a conversa pendente con J. (qué luxo poder contar cun amigo así aquí en Bcn) e falamos e rimos un bo cacho. Logo marchamos ata á Feira de Abril. Xa me achegara por alá o ano pasado de día pero nunca fora de noite así que había que experimentar. Mi madriña! Aquelo é o peor do peor. Obviando o feito de que ó entrar topámonos de fronte cos coches oficiais do PP nos que ía Rajoy (eso é entrar con bo pé e o resto son tonterías) a impresión do ano pasado non mudou moito. Creo que só na carpa da Mina podíase escoitar flamenco. No resto era todo rollo reggaeton ou flamenpop tipo María Isabel, resaltando o escenario onde actuaban unha copia dos Beatles malísimos. Rematamos na carpa do PSC bailando cancións de Alaska... Pero risas non faltaron. M. e toda unha personaxe!
Onte fomos ata Bogatell para ve-la Red Bull Air Race que foi como todo o que se fai por aquí: moi bo marketing, moitísima xente e a cousa en sí normaliña.
Agora teño por diante os derradeiros dez días en Bcn. 10 días nos que teño que arranxar mil cousas, quedar con G., M., B., J., L. e A., falar ca profe de português, mandar as últimas caixas (cantos quilos mandaría xa??), mirar o do conxelador e tropecentos recados máis.
E esta semán tamén é a miña derradeira de traballo no hospi, que peniña meu deus... O xoves teño a despedida das miñas compis, non sei que me están organizando pero non vai a ser a despedida discreta e íntima que eu propuxera. En fin, a ver con que me sorprenden.
B.S.O.: "Vuelvo". Tontxu.

segunda-feira, maio 01, 2006

Hoxe non estou para ninguén

B.S.O.: "De vuelta y vuelta". Jarabe de Palo.