Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: fevereiro 2005

segunda-feira, fevereiro 28, 2005

And the oscar goes to...

Sí! Oscar para Mar Adentro e Drexler!!!
E nevando en Barcelona...

Noite de Oscars

Hoxe é a noite dos Oscars e se os da Academia puideran ver ós elementos que temos aquí ingresados daríanlles de seguro os premios a mellores actores. Menuda panda!!
A ver como lle vai a Mar Adentro e agardo que tamén teña sorte Drexler. Canción bonita a de Diarios de Motocicleta, coma bonita é a película en sí. (Reflexo desa viaxe pendente... Cabra, que sorte que tiveches ti! ). Aínda que na voz de Banderas non sei como vai quedar a cousa...
O EPS desta semá ven cargadiño de cousas. No metro deume a risa floxa lendo o artículo de Elvira Lindo e o taxista Sij (a xente miraba coma se estivese tola jajaja), mini-entrevista a Ismael, conversa con Amaral e Clint "Sin Perdón" Eastwood (cando farei tempo para ver Million Dolar Baby??), conversa sobre mulleres e poder,... O almorzo co croissant de chocolante e a prensa foi especialmente productivo (e iso despois de levar 12 horas de traballo...).
Mañá penso que pirarei a clase de portugués, despois de tres noites de hospital e outras dous que quedan non me vexo moi preparada para empalmar ca clase.
En fin, dura semá a que se avecina, e outro finde a vista que tocará traballar. Qué vida ésta!

domingo, fevereiro 27, 2005

Itaca

"Cuando emprendas tu viaje a Ítaca
pide que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias...
Ten siempre a Ítaca en tu pensamiento.
Tu llegada allí es tu destino.
Mas no apresures nunca el viaje.
Mejor que dure muchos años.
Y atracar, viejo ya, en la isla,
enriquecido de cuanto ganaste en el camino
sin aguardar a que Ítaca te enriquezca.
Ítaca te brindó tan hermoso viaje.
sin ella no habrías emprendido el camino.
Pero no tiene ya nada que darte.
Aunque la halles pobre, Ítaca no te ha engañado.
Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia,
entenderás ya qué significan las Ítacas". Cavafis.

sábado, fevereiro 26, 2005

O tempo voa...

Unha semá máis e xa a piques de entraren no marzal. Mes do meu aniversario, outro ano máis ó lombo... Haberá que facer a lista de propósitos a cumplir, para ó ano que ven ver que non hai nada feito coma sempre...
En fin, cousas que pasan.

segunda-feira, fevereiro 21, 2005

Made in favela

Estou a ver en nosolomusica unha reportaxe sobre a vida nunha favela, sobre as actividades de asociacions (Olhares do Morro, ...): fotografía, música, moda, teatro, arte... Teñen ata páxinas web, canais de cable,... A de vida que encerran!
Non podo evitar que me asalten os recordos de Rio. Non pasa un día sen me lembrar daquela luz, aquel cheiro,... é unha cidade única! Quero voltar!!!

domingo, fevereiro 13, 2005

Saturday's night

Son as catro da mañá do sábado e en lugar de estares de festa por ahí adiante, aquí andamos, de guardia no hospital. De todas maneiras, non hai queixa. Esta noite só van dous partos e a cousa está calmadiña.
Axenda de pendientes para a semán:
- Voto por correo Constitución Europea.
- Inscripción catalán.
- Ver "León e Olvido".
- Reunión CRJ Barcelona.

segunda-feira, fevereiro 07, 2005

"Al lugar donde fuiste feliz..."

"... no debieras tratar de volver...". Sabina

sábado, fevereiro 05, 2005

Na Coruña

Xa en casiña. Quedei con P. para tomar un cafeciño no Vechio e logo iremos ó Orzán supoño. Agora vendo un maratón de capítulos de Friends que tiña grabados.

quinta-feira, fevereiro 03, 2005

No ciber

A horas de chegaren a casa e aínda sen plans para o Entroido. Disfraz ou non? Ó final quedaremos o último momento coma sempre...
Agora a comprar un mobil que o meu rachou onte ó caer do segundo piso da Casa Elizalde onde fun con C. a ver un espectáculo de danza e música electrónica que deixoume tal e coma estaba. Xa sei onde vou gastar o que gañei no anuncio do Ronaldinho...
Hoxe concerto de Amparanoia no New York de Escudellers, festa!!!!!