Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: janeiro 2006

sábado, janeiro 28, 2006

A las Madres de Mayo

Navegando pola rede nesta chuviosa tarde de sábado, atopo en vieiros o apunte da derradeira "marcha de la resistencia" de las Madres de Mayo. En realidade é a derradeira da liña de Hebe e non da liña fundadora (tempos raros estes nos que ata os símbolos de unión se desmembran...). Pero a notícia tráeme a imaxe vivida hai uns meses en Bos Aires, aquela tarde de xoves tan emocionante na Praza de Maio...
A chegada ó poder da esquerda (Lula, Kirchner, Bachelet, Evo Morales...) fixo toma-la decisión, coma dixeron no descurso: "Estamos obteniendo revoluciones por el voto democrático en toda Sudamérica sin derramar sangre, pero sobre la sangre derramada por miles y millones".
No descurso Hebe tamén afirmou que “El enemigo no está más en la Casa de Gobierno, el enemigo habita en las multinacionales”. E razón non lle falta.
Fai máis de 35 anos que xa Galeano falaba disto en "Las venas abiertas de América Latina": "La división internacional del trabajo consiste en que unos países se especializan en ganar y otros en perder. Nuestra comarca del mundo, que hoy llamamos América Latina, fue precoz: se especializó en perder desde los remotos tiempos en que lo europeos del Renacimiento se abalanzaron a través del mar y le hundieron los dientes en la garganta. Pasaron los siglos y América Latina perfeccionó sus funciones...".
A nova xúntase na miña cabeza con cachiños de conversas mantidos estes días (hipotecas, subcontratas no Sector Público, deslocalización, precariedade...) e con informacións varias leidas en diversas fontes (a urbanización das costas galegas, a editorial do chango, a saída da caverna de tejero...).
Non hai coma un sábado coma o de hoxe para darlle voltas á cabeciña...
PD: Alomenos algo semella estar a cambiar na TVG. Hoxe vin o programa "Miraxes" no que xa só o look dos presentadores agoiraba algo diferente ó dos últimos anos. E non estivo mal. Xa era hora...

Unha finde na casa (2)

Pois sí, xa sei que só fai un mes da anterior pero así son as cousas... O que pode a morriña! (E tamén o feito de que as patatas de Bergantiños comezaban a escasear da despensa e o pan do conxelador...). O feito é que estamos de novo na casa.
Nin unha ola de frío polar nin a correa de distribución a piques de rachar puideron quitarnos a idea da cabeciña. Así que o xoves á tardiña saiamos de Sant Andreu de la Barca rumbo á terriña. Nin o feixe de camións que ocupaban a estrada, nin a neve que comezaba a caer en burgos, nin a procura do pobo de A. en Logroño, nin as cadeas de radio místicas (bendito mp3 neses intres sen cobertura!), nin un cocho vagando polo medio da autovía... puideron desanimarnos. Qué cousiña se remove por dentro ó chegaren ó Cebreiro e velo carteliño de que xa entras en Galiza...
Chegamos, pois, de madrugada mortos de sono por non teren durmido en cáseque dous días así que a camiña nos recibiu cos brazos abertos.
Onte foi día de reencontros, rollo familiar e cafeciño no Universal pola tarde. A petarda contandome as novas do traballo e da vida lucense (non sabes o que me aleda que esteas tan ben, aínda que se che bota moito a faltar en Bcn!), B. poñéndonos dos nervos coa súa marcha a Copenhague tan "ben planificada", R. enganchándome ó 50x15 do móbil (edición famosos aínda por riba! mooooola!!) namentras comentaba con C. as características da súa nova "mansión" na Coru (xa veredes que guay a independencia...). Pero non tiña ganas de sair de festa e deixei de chamar a M. como quedara o día anterior. Sí V., estou un pouquiño antisocial, será o tempo...
Hoxe atopeime co mail de T. que traía de regalo a apertura dun blog e o encargo de faceren a dichosa lista de manías. Eu que pensara escaquearme dela cando ma mandaches ti petarda... Pois vai a ser que non. Que o mundo está ansioso de coñecer as miñas manías! Prometo pensar nelas esta finde e poñelas para a semán entón. Poderes atura-la espera?
Pois nada, irei comer logo e quedar para pola tarde. Mañá queda reservado para JC e J. E o luns, de volta para Bcn!

terça-feira, janeiro 17, 2006

Tour belga

Despois de dezanove horas de sono reparador, reposta xa do tute da finde podo facerme unha idea global de todo o acontecido. Menuda escapadiña máis comprimida en tempo e chea de cousas que lembrar...
O sábado saimos as 5.30 da casa e dirixímonos a Girona, non sin antes ter que arranca-lo coche mediante a coñecida "arte do empuxe". Non hai coma empeza-lo dia facendo exercicio!
Chegamos ó aeroporto (cada día con máis pinta de aeroporto, semella que o auxe de Ryanair estalle facendo moito ben), facturamos, almorzamos e embarcamos cara Bruselas. A viaxe sen problemas.
Chegamos a Charleroi sobre as 10.30. Tiñamos que recolle-lo coche de alquiler no pobo, pero a sorte quixo que atoparamos a un tipo da compañía por alí que nos conseguiu un Astra dende o mesmo aeroporto.
Metímonos na autoestrada cara Gant. Menuda rede de comunicacións"! Autoestradas gratis e rectas rectas. Tira cara adiante e dalle forza ó motor.
Gant precioso. Esas rúas cheas de casiñas a cada cual máis bonita, a fortaleza, as igrexas,...
Logo tiramos cara á costa e chegamos a Oostende, en pleno Mar do Norte. Fixemos un cafeciño (se aquelo podería recibir ese nome...) na cafetería da fin do dique, canda o faro. Praia, semellanzas co Orzán e moito, moito frío.
Voltamos cara Brujas, outra preciosidade. Todo tan cuidadiño, as rúas, os canais, as casas,... Qué encanto meu deus! Canto temos que aprender aínda...

E despois a Bruselas. Deixámonos ver polo hotel e logo marchamos a coñece-la cidade de noite. O Manneken-Pis, a Praza Maior, o barrio antigo, as sedes oficiais... Fomos para cama ás tantas depois de non sei canto tempo detrás do maldito metro (cantos 55 pasaron antes do noso????).
O domingo tamén madrugamos e despois de dar boa conta do buffet libre do hotel marchamos a coñecer Bruselas de día. Asombro diante da sede europea, paseíño polo centro, mercamos chocolate, fotos co Tintín, visita ó Atomium,... e rapidiño cara Charleroi que xa ía ser hora de colle-lo avión.
Aterramos en Girona chovendo, polo que descartamos dar unha volta pola cidade e decidimos tirar cara Bcn, non sen antes ter que empurrar de novo o coche no parking e logo nunha gasolineira...
A fin de contas, unha finde moi intensa, que pagou moito a pena. A vindeira será Roma. Ou Amsterdam. Ou Estocolmo. Ou onde máis era F.?
Bueno, un máis para a colección:

sexta-feira, janeiro 13, 2006

Sprint final

A piques de terminaren esta noite de tolos, que comezou coa chegada ó sprint dun bebiño que caseque non ventilaba. Incríble o caos e, ó mesmo tempo, a organización coa que traballamos. Para seren un hospital de adultos, sen preparación nen material para nenos, reaccionamos de xeito rápido e eficaz. Un 10 para os meus compis desta noite, claro que sí!
Agora a durmir un pouquiño e logo a preparar todo para a viaxe. Haberá que deixar listas as mochilas que o sábado tocará madrugón. E teño que chamar tamén para alquila-lo coche. Brujas, Gante e Bruselas agardan por nós!
Mentras na Voz seguen ca teima do "A tu salud" de Cruz Vermella...

domingo, janeiro 08, 2006

Marcho a Bruselas!

Caseque recén desfeitas as maletas e xa pensando na vindeira escapada... Será en menos dunha semán que irei pasa-la finde a Bruselas. Ventaxas das low-cost.
Marchamos o sábado a primeira horiña dende Girona con Ryanair e voltaremos o domingo á tardiña. Ala, a pasar frío!! (a previsión é de que o sábado neve en Bruselas...).
Así que estes días tampoco teño moito máis no que pensar. Durmir, traballo, durmir, traballo, durmir, traballo. Qué vida máis amena a do currante!

quarta-feira, janeiro 04, 2006

Únha finde na casa

Bueno, foi bonito mentras durou... Xa estamos de novo por terras catalanas, aínda con jet-lag pola viaxe en coche atravesando toda España.
Revisemos o feito.
Marchei para aló o venres, e no aeroporto atopeime con H. que ía dende Andorra ata Burela para pasa-la fin de ano con Ch. Pasou rápido o tempo de espera polo avión (saímos con retraso, claro) con tanto cotillear.
Chegada, visita ós avós, nécoras de xantar, café con F. ("un café con leite", "con leche?". Rivas tiña razón, outra vez...), tequeño con V. en María Pita.
Á noite fomos celebra-lo aniversario de M. Fixemos cea na "Roda" da rúa Troncoso. Mogollón de xente e mogollón de comida. Logo marcharon para "A Repichoca", pero eu xa non podía máis despois de máis de un día sen durmir.
O sábado espertei tarde, xantamos besugo e quedei con F. para levarlle as cousas a V. Logo marchamos con P. e I. a tomar un café en "El Delicias". Despois recorrido polo centro comercial e o Corte Inglés na procura dunha camiseta de algodón blanca (e non a atopamos...).
Tomamos as uvas na casa e o terminaren baixei ata a dos avós a facer a primeira copichuela. Dinlle os regaliños a L. e estivemos todos alí falando un ratiño.
B. e M. achegáronme ata a Praza de Pontevedra e dalí fun ata o Iceland Bar, onde estaban V., R., B. e C.

Alí bailamos os éxitos recopilados pola R. (Raphael, Alaska, Camilo Sexto,...) e logo marchamos cara Monte Alto. O Patachín a tope, o Inox cobrando entrada ("igual os compensa..."),... Ó final metímonos no "Desquite" onde unha enorme proxección de Pippi Calzaslargas ocupaba a parede toda.
Estando alí chamou M. Quedei con él e marchei correndo para o Canal Street. Alí estaba con N. e M. Atopamos a C., anos sen vela, caseque dende rematamos 8º de EXB. Puxémonos ó día das nosas vidas e falamos de tentar reunirnos todos para facer unha cea.
Dalí marchamos cara ó Orzán, onde nos atopamos cos nenos. Para non perde-lo costume fomos ata os Elefantes. O tempo semellaba parado dende hai uns anos. O único cambio, a música. Agora puxeron todo latino "pasión gavilanero", unha bazofia.
Logo achegámonos ó Tatraplan, agora no Paseo, para ver a P. e coñece-la súa noiva.
Durei pouco alí e marchei con M. ata ó Sex Machine, subímonos ata a tarima do fondo e tentamos bailar un pouquichiño, pero as miñas pernas xa non respondían moi ben (malditos taconazos...). Saimos e falei un pouco con N. e despois marchei para casa que xa estaba mortiña.
O día de ano novo espertei para xantar (sopiña e lacón con grelos) e logo baixei a dar unha volta con T. e J. Na Bottega se uniu M. (Por certo, coñecín o "famoso centro de ocio do porto". Qué triste!).
Despois quedei con F. e fomos cear "A Roda". Menuda comilona nos metimos! Ración de navallas, de tortilla e de zorza. Manda carallo! Semellaba que estabamos a almacear reservas para o retorno a Bcn. Un cafeciño no Dublín axudou a baixa-la enchenta.
E o luns pasou entre despedidas, maletas e xestións varias. A media tarde pasou a recollerme o chófer e emprendimos camiño cara Bcn, tiñamos só mil e pico quilómetros por diante. Fixemos paradiña en Coirós para saudar a JC e J. recén aterrados de Bos Aires (trouxeron o doce de leite! qué rico...) e logo estrada e estrada...