Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: julho 2006

terça-feira, julho 25, 2006

Noite no Apóstolo

Uf, aínda me quedan 5 horas de traballo e estou que non podo ca alma. Xa non teño idade para reenganchar coma facía antes. Pero don't worry, pagou a pena o cansanzo e a dor de cabeza, non si A.?
Primeiro ano que vou ó Apóstolo e ben que o pasei sí señor. Collín o tren ó sair de traballar e tirei rumbo a Santiago onde A. me recolleu na estación e despois dun pequeno recorrido en coche e a pé, unha paradiña a tomar algo no xardín do Costa Vella (qué tranquilidade!!), unha volta pola Alameda (tómbolas e atraccións) fomos coller folgos á casa.
Despois dunha conversa a fondo (xa sabes que contas comigo para o que sexa... e lembra que para calquera cousa a primeira es ti e é por quen primeiro tes que mirar) baixamos listas e prontas en busca de FEEEESTA!!!!
Había que comer algo e paramos ó lado da Alameda a tomar unha tapa de croquetas e uns vinitos. A camareira (cómo non vou ter logo prexuizos con esa determinada nacionalidade???) un desastre. Pero a fin de contas saiunos ben porque comimos ademáis un "crujiente de gambas" de balde e por riba cobrounos de menos. Non saiu mal a xogada...
Saimos cos fogos recén comezados e fomos velos o carón da Catedral. Fixemos logo unha paradiña no concerto de Amparanoia (in the night, in the night, in the night, en la nocheeee) e comezamo-la ruta.
Foron caendo un detrás doutro tódolos bares da zona vella: Galo d'ouro, Momo (qué chulo, qué guapo o rapaz de negro, qué xardín máis curriño! ), Modus Vivendi, Atlántico ("uis qué prisa que tenemos!"), Meia, Leblon, Desván, Devezo, e tantos e tantos outros...
Martini vai e Martini ven, miles de risas e encontros: o guapo de Cangas (super superman..., sería o destiño o que tantas veces nolo puxo no camiño?), o acoplado de León ("si molesto me lo decís eh?"), o rapaz de Buño que resulta que vive no meu antigo piso de Ponteceso,...
E no medio risas e máis risas. O que cheguei a rirme mi madriña.
Só unha pega: lástima que D. quedara traballando e non puidera chamar... verdade A? :D
O próximo ano repito!!!!!

domingo, julho 09, 2006

M.

Madre mía, desta sí que non teño desculpa, máis dun mes sen escribir. E podería dar miles de razóns pra non facelo pero no fondo hei de recoñecer que se non o fixen foi por pura e dura desgana. Pensei centos de veces en deixa-lo "Turno de noite" e procurar un novo recuncho onde poda escribir sen as autocensuras coas que o fago aquí (idea que aínda non desbotei de todo) pero agora, sen saber moi ben a conto de qué, collín o portátil e púxenme a darlle as teclas.
O mail trae novas de Bcn. M. dime que deixou o seu con P. Xa imaxinaba eu que a cousa non ía durar moito dende que vin a P. con outra na Feira de Abril no Fórum...
Inmersa nun pequeno "time out" personal no que aínda non sei como me metín e que nun principio non quería recoñecer pero que agora agradezo enormemente, a nova non deixou de sorprenderme. Polo que os coñecía os dous as cousas non lles ían mal. E agora M. di que él "non lle facía feliz". Qué repelús de expresión.
É incríble o rápido que pode da-la volta unha tortilla. Ás veces unha simple frase, un simple xesto, é quen de virar todo o acontecido ata ese momento. E neso eu son unha artista, podo pasar por alto miles de cousas pero coma unha pequeniña se me atranque... pois non hai maneira. Difícil cousa esta das relacións...
En fin, o principal é que ela di estar xenial, e non botar en falta a P. o que xa é bó. Non gostaría de sabela triste tan lonxe.