Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: agosto 2006

quarta-feira, agosto 23, 2006

Facendo quilómetros

Dende que cheguei de volta a Galicia non paramos de facer quilómetros. A Costa da Morte, as Rías Baixas, Manzaneda, Allariz (qué gusto o cafeciño na "Fábrica de Vilanova"!), o norte de Portugal,... Non hai terra máis bonita ca nosa!
Esta finde achegámonos ata Asturias onde fixemos parada en Cudillero, Xixón, desvalixámo-lo IKEA de Oviedo e rematamos ascendendo ata o Porto de San Isidro (moi boas as indicacións da guía de campings de Asturias sí sí...) e voltando a casa dando un "pequeno rodeo" por León.
E onte á tardiña achegámonos ata Verdes. Un refuxio de tranquilidade e verdor. Mágoa os muíños que están a piques de caer. Terán que caerse para que se decidan a facer algo?
Estando alí fun lembrando anécdotas das acampadas de D. Zoilo co cole. Qué ben o teño pasado aqueles anos!! Aqueles días de risas e xogos nas tendas, lonxe da cidade e das clases. Tiñan que ser obrigatorias actividades así para tódolos nenos...

E de volta paramos facer un cafeciño no "Pazo do Souto". Menuda preciosidade de lareira... Eso si é un lugar onde descansar tranquilo e non os hoteis fashion que brotan en cada esquina.


sábado, agosto 12, 2006

Arde Galiza