Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: outubro 2006

sexta-feira, outubro 06, 2006

Orgullo

"Mi orgullo dice jamás" cantan en aquel bolero e eu como di Benedetti (hoxe vai de uruguaios o blog), agáchome nel para protexerme a modo de coraza. Sinto que te fixera mal. Loitarei por mantelo a raia como me dixera JC adicándome aquel libro de Coelho e cando se me escape algunha raioliña agardo que esteas aí para tirarme das orellas.
PD: Dame tempo para aprender a dicir eso que queres oir.

Unha tarde con Galeano

Non é a primeira vez que aparece no blog, nin será a última. Dende que o descubrín hai anos foise convertindo nun referente na miña vida.
Traballar cos seus textos, a discusión sobre "Las Venas Abiertas de América Latina" con C. aquela noite, o "Libro dos Abrazos" que me fai pensar en JC., "Patas Arriba" que me regalaron V. e N.,...
E o mércores á tarde tiven a oportunidade de desfrutar cos seus textos e coa sua voz en Compostela. Foi unha experiencia incríble!
Para quen non estivo alí (en especial para ti petarda) aquí tedes un enlace onde escoitar as súas palabras.

terça-feira, outubro 03, 2006

Tudo bem

Uf, si que fai tempo que non escribo... Moitas cousiñas nesta fin de setembro, escapadas, reencontros, novas, morriñas de Bcn,... En fin, un pouco de todo.
Agora fin de contrato, uns días de tranquilidade por fin, matrícula na uni, chuvia, "Salvador", cafés con P., mails de JC, fotos da voda de T. (que sexades moi moi felices!!!),...
E os preparativos para a nova escapada. Liverpool is waiting for us!! O 17 marcho pra terriña dos Beatles a pisar chan inglés de novo. Xa tiña eu monazo de avión!!