Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: novembro 2005

sábado, novembro 19, 2005

Cuestión de graus

Frío ou calor? Algo que nun principio semella tan obxetivo e proporcional a unha escala de valores establecida polos científicos, na realidade transfórmase nunha percepción absolutamente subxetiva. Nós en camiseta no salón e N. que chega envolta en vinte xerseis tiritando, mis peiños que noto a temperatura normal están conxelados para F. a "estufa humana",...
Semella que o inverno xa está chegando a Bcn, aínda que os días continúen cheos desa luz que me namora. Xa apetece abrigarse un pouquiño, poñe-las botas, os chales. Din os pais que por aló aínda non fai frío. Terán algo que ver con eso os nosos bombeiros? E eu aquí na outra punta do mapa perdéndome esos corpazos...

sexta-feira, novembro 18, 2005

Galeano

F. acaba de entrar no universo Galeano. Benvido e longa estadia neste recuncho de esperanza!!!

El mundo
Un hombre del pueblo de Neguá, en la costa de Colombia,pudo subir al alto cielo.
A la vuelta, contó. Dijo que había contemplado, desde allá arriba, la vida humana.
Y dijo que somos un mar de fueguitos.
- El mundo es eso . reveló -. Un montón de gente, un mar de fueguitos.
Cada persona brilla con luz propia entre todas las demás.
No hay dos fuegos iguales.
Hay fuegos grandes y fuegos chicos y fuegos de todos los colores.
Hay gente de fuego sereno, que ni se entera del viento, y gente de fuego loco, que llena el aire de chispas.
Algunos fuegos, fuegos bobos, no alumbran ni queman; pero otros arden la vida con tantas ganas que no se puede mirarlos sin parpadear, y quien se acerca, se enciende.
E. Galeano (El Libro de los Abrazos)

quarta-feira, novembro 16, 2005

Poñendo o blog ó día

A ver como resumo todo o que aconteceu dende o post anterior. Teño que voltar a escribir cada día porque logo se acumula o choio e non dou...
O principal, V. volta a Galicia. Hai que ver, tanto chorar polas esquinas porque eu me voltaba en verán e á primeira de cambio vai e fai as maletas. Se ó final todos os mariditos son iguais, jejeje. Alégrome mogollón por ti petarda! Non porque marches claro, senón pola oportunidade. É un reto moi importante para o que estás perfectamente capacitada. É tempo xa de poñer en práctica todas esas ideas fabulosas e comezar a cambiar todo eso que non nos gusta e que tantas veces criticamos do mundiño social! E bueno, moitas graciñas por estes dous anos de pacífica convivencia cheos de cousiñas boas. O que se che botará en falta na casa...
Para encher o espacio que deixe V. virá vivir a casa F. Estivemos a piques de coller a un rapaz informático pero "máis vale malo coñecido que bó por coñecer", verdade? Alégrome moito de que veña él e non ter que coller a alguén descoñecido. Aínda que onte fixera só 5 meses de coñecernos "in person" dame a sensación de que fai tempo e tempo. Estes 5 meses estiveron tan cheiños de cousas que semellan 5 anos!
Hai dous domingos fomos ata o CosmoCaixa, o museo da ciencia de Barcelona. Mólame mogollón este museo, sobre todo a parte do Bosque Inundado. Sempre me molaron os museos interativos, e máis dende que traballei na Domus. Logo quedaramos con V., P., I., M. e B. no Pulgas Mix do Convent de Sant Agustí onde actuaba Brazuca Matraca. Wagner Pá fixo un concerto un pouco hip-hop de máis para o meu gusto, pero non estivo mal a cousa.
A finde pasada viñeron F. e M. de Vigo a facer unha visita. Pasaron os tres días voando, entre festa e turismo. Agromaron de novo todos os recordos da pandilla do cole, puxénme ó día da vida de casi todos. A ver se o ano que vén facemos unha xuntanza para celebrar os dez anos de acabaren.
O venres baixamos de noite ata
La Paloma, a Ovella Negra, o Zentraus (onde atopei de novo ó francés aquel) e os Enfants. O sábado fomos turistear pola Sagrada Familia e o Tibidabo, e logo me fun a traballar e eles sairon polo Maremagnum. O domingo baixamos ata o Passeig de Grácia e comimos na Vaca Paca (dende onde non me puden resistir e falar ca P. recordando aquela primeira comida alí fai anos xa). Despo¡s dunhas apostas no canódromo que temos na porta de casa, eu marchei traballar e eles voltaron á terriña. Qué peniña despedilos!!!
E o vindeiro mércores irei a Madrid para o exame final do maldito Doutorado, a ver se mo quito de enrriba dunha vez...
(Alá, xa está esto actualizado. Agardo facelo máis a menudo a partir de agora.)

sexta-feira, novembro 04, 2005

¡Qué pequena é Bcn!

Pasa xa da metade da noite e é o primeiro momento que podo sentarme. Madre mía que turno que levamos!! Os box de Urxencias doblados, xente nos pasillos, 5 horas de espera para a primeira visita,... Como pode ser que veñan todos por oleadas?? Ou non ven ninguén ou non hai maneira de organiza-la cousa... E aínda me quedan 3 horiñas de traballo! Paciencia...
Bueno, o tema. Hoxe foi o día dos encontros que certifican o pequena que é a fin de contas esta cidade.
Ás 8 da mañán saio do hospital cara ó metro, co mp3 nas orellas para non durmirme, e cando estaba a saudar o repartidor de tódalas mañás do Qué! escoito un "Iria!!" que me fai voltarme. E alí estaba J., camiño do seu traballo. Qué diferencia de espíritu. Él falador, con ganas de contar cousas e eu que adoecía por chegar á camiña. Quedamos para a próxima semán.
Pola tarde, antes de irme á clase decidín pasar polo Fotoprix que tiña que recoller a segunda tanda das fotos da viaxe (caseque 250 fotos en total... a ver que álbum atopo para metelas todas xuntas). Abrían as 16.30 h. e cheguei a e 28 así que senteime no banquiño de diante a agardar. Pois nesto escoito: "No me lo puedo creer!!". Era a B. que ía a casa dunha amiga. Que está de vacacións e que temos que ir a veren o seu piso no Prat. Tamén tiña ganas de falar e de veren as fotos, pero eu chegaba tarde á clase. Quedei en chamala para a próxima semán.
No intermedio da clase de português marchei para o curre que hoxe entraba as 19 h. Pois no metro me atopo a C. A quen me atopara xa a semán pasada pola Maquinista e quedara en chamala esta semán (cousa que non fixen). Quedei en chamala para a vindeira.
Ou sexa, que para a semán que ven teño un lío tela para axustar a axenda, porque por enrriba traballo un montón de noites, teño clase de português dúas tardes, o venres as xornadas da Eutanasia e tamén o venres veñen F. e M. Ademáis unha mañá a teño comprometida con V. para iren o DIR que teño un par de invitacións. Só penso en colleren o jacuzzi...

quarta-feira, novembro 02, 2005

Crónica dun día festivo

Onte por fin disfrutei dun día festivo libre, un día coma o resto da xente sen ter que ir traballar. Á noite anterior foi tranquila en Cirurxía, cheguei á casa, durmín dúas horas e ala, a aproveita-lo día!
F. pasou por casa a recollerme e marchamos cara a montaña de Montserrat, previa parada en St. Andreu de la Barca para coñece-la piscina.
Montserrat semella estar preto de Barcelona, pero aínda hai unha boa tiradiña, menos mal que é todo autovía. A subida á montaña é moi chula, curva dun lado, curva do outro, e unhas vistas cada vez máis impresionantes. Ademáis ata tivemos sorte co día, e fixo un estupendo que semellaba ser abril ou maio.
Unha vez arriba pódese decatar un da capacidade dos cataláns para sacar partido ás cousas. Menuda teñen aló montada. É coma un parque temático, pero feito con clase, con ese "seny" que lle aplican a todo.
Estaba todo arregladiño, o santuario, o mosteiro. Un funicular, un teleférico, un tren cremalleira. Tendas, cafeterías. Non faltaba detalle.
Aguantámo-la cola e achegámonos á Moreneta, a patrona de Catalunya, que en verdade é negra, negra. Incríble pensar que antes fora branca...
O mellor: as vistas. Ó lonxe aparecía Barcelona, a parte traseira da serra de Collserola, o Tibidabo. E cando se fixo de noite e só se vían as luces a verdade que impresionaba.

Xa á tardiña baixamos e voltamos a Bcn, en medio da operación retorno da ponte. Tomamos uns bocatas de bacon e queixo na Rambla de Fabra i Puig e achegámonos ós Lauren a ver "La Novia Cadáver" de Tim Burton.



A película gustoume moito. A técnica e as imáxenes impresionan. A historia é un pouco simple pero engancha, sobre todo porque a película é bastante corta (aínda que da tempo a engullir un paquete grande de palomitas, dou fé delo...). O final é moi poético e, coma o resto da peli, garda un certo parecido con "Eduardo Manostijeras" (unha das minhas pelis favoritas, dito sexa de paso).