Na boa dirección
Hoxe de mañá concretei un novo proxecto que me fixo andar todo o día de boas tarareando cancións caboverdianas. Qué sinxelas son as cousas cando gostas delas!!! Pasiño a pasiño o camiño vaise abrindo...
Hoxe de mañá concretei un novo proxecto que me fixo andar todo o día de boas tarareando cancións caboverdianas. Qué sinxelas son as cousas cando gostas delas!!! Pasiño a pasiño o camiño vaise abrindo...
Cando espertei esta mañá o primeiro que se me veu á cabeza é que estes días facían 6 anos. 6 anos xa! Dándolle voltas ó asunto semella que foi a semente da que posteriormente agromou todo o que chegou despois.
Nesta semán na que a choiva e o frío voltaron a asoma-los fuciños aproveitamo-lo mércores para remata-la ruta que tiñamos pendente, a que leva ata o embalse do Eume. Pegámonos unha boa camiñata e unha boa subida polas escaleriñas dos 103 m. de altura do encoro pero ben que pagou a pena...
E nesta finde tiñamos todo preparado para a visita de A. dende terras rioxanas, a reunión pra iren ver a Fito ó Coliseo e o final tódolos plans fóronse a pique. Non é a primeira vez que A. ten problemas deste tipo no traballo. A ver cando consegue xuntar uns días e podemos vernos de novo...Menuda semanita de noites de curre que levamos. Sempre que coincide lúa chea aumenta a carga de traballo de maneira abraiante. Menos mal que hoxe é a última...
Hai que repetilo máis a miudo chicas. E a ver para cando a cea no piso...
Estiven tentada varias veces nestes días a actualiza-lo blog pero coma sempre me pasa cando deixo de escribir moito tempo dábame preguiza retomalo. Este ratiño que teño antes de ir comer aproveitareino para eso, a ver se despois anímome máis a escribir...
Hai uns días aproveitando a finde libre que me tocaba de turno marchamos cara ás rías altas. San Andrés de Teixido, serra da Capelada, cabo Ortegal, Estaca de Bares, Viveiro... Impresionante a visión dos acantilados na Garita da Herbeira (600 m. de caída ó mar)
Pasámo-la noite na Aldea Lamacido e a tarde do domingo achegámonos ás Fragas do Eume. Foi coma un flechazo. Namorei dese bosque que temos tan pertiño e está coma agochado. Despois dese descubremento xa pasamos por alí máis tempo. Unha tarde dende o mosteiro de Monfero (para cando a reforma?) ata a central do Eume desfrutando das vistas dos impresionantes canons, outra xornada de sendeirismo dende Caaveiro,... E as que virán, porque aquel bosque ten miles de recunchos que descobrer."Mi orgullo dice jamás" cantan en aquel bolero e eu como di Benedetti (hoxe vai de uruguaios o blog), agáchome nel para protexerme a modo de coraza. Sinto que te fixera mal. Loitarei por mantelo a raia como me dixera JC adicándome aquel libro de Coelho e cando se me escape algunha raioliña agardo que esteas aí para tirarme das orellas.
Non é a primeira vez que aparece no blog, nin será a última. Dende que o descubrín hai anos foise convertindo nun referente na miña vida.