Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite

segunda-feira, novembro 27, 2006

Na boa dirección

Hoxe de mañá concretei un novo proxecto que me fixo andar todo o día de boas tarareando cancións caboverdianas. Qué sinxelas son as cousas cando gostas delas!!! Pasiño a pasiño o camiño vaise abrindo...

quinta-feira, novembro 23, 2006

6 anos

Cando espertei esta mañá o primeiro que se me veu á cabeza é que estes días facían 6 anos. 6 anos xa! Dándolle voltas ó asunto semella que foi a semente da que posteriormente agromou todo o que chegou despois.
6 anos nos que pasaron moitas, moitas cousas; cousas que probablemente non terían sido de non ter vivido aquela especie de "gran hermano" sen cámaras.
É curioso ver como dende aquela unhas cousas foron enlazándose con outras, e esas con outras, coma nunha especie de encaixe de Camariñas.
Ben orgullosiña que tou cada vez que miro o aspecto do tecido, mágoa dalgúns puntos que quedaron no camiño...

domingo, novembro 19, 2006

Unha semán de outono

Nesta semán na que a choiva e o frío voltaron a asoma-los fuciños aproveitamo-lo mércores para remata-la ruta que tiñamos pendente, a que leva ata o embalse do Eume. Pegámonos unha boa camiñata e unha boa subida polas escaleriñas dos 103 m. de altura do encoro pero ben que pagou a pena...
E nesta finde tiñamos todo preparado para a visita de A. dende terras rioxanas, a reunión pra iren ver a Fito ó Coliseo e o final tódolos plans fóronse a pique. Non é a primeira vez que A. ten problemas deste tipo no traballo. A ver cando consegue xuntar uns días e podemos vernos de novo...
Onte pola tarde pasou V. polo pisiño a botar un ollo e tomar un café antes de iren ó teatro. C. non podía ir, así que sobraba unha entrada e acabei indo con eles ó Rosalía a ver Hamelin outra vez. Menuda dor de costas! A ver se cando reabran o Colon é máis doado coller entradas e son mellores as butacas... Ah! Apuntado queda estar ó loro para cando poñan a venda as de Cabaret.

quarta-feira, novembro 15, 2006

Escapar. Amaral e Moby.

segunda-feira, novembro 13, 2006

Tarde de domingo

Menuda semanita de noites de curre que levamos. Sempre que coincide lúa chea aumenta a carga de traballo de maneira abraiante. Menos mal que hoxe é a última...
Despois do palizón do venres noite, dos chascos da presentación en Santiago e do concerto de onte á noite (ou do non concerto mellor dito) xa pensaba deixar no olvido esta fin de semán. Pero un bo espertar, uns apetitosos canelons, unha conversa telefónica cunha persoa moi importante da miña vida en Bcn e unha tardiña con amigas son capaces de obrar milagres.
Así pois, quedei con V. e M. no Universal e no tempo de tomaren un capuccino (sigo na procura dun capuccino tan bo coma o da Colon de Carballo pero na Coruña) puxémonos ó día das nosas vidas. Logo achégamonos ata o Novo Alfaite (aquí as partidas de trivial non serán iguais que no de sempre...) onde habia unha festa de 3º pé, pero a pouca xente fíxonos desistir e rematar tomando uns tequeños en María Pita.
Hai que repetilo máis a miudo chicas. E a ver para cando a cea no piso...

quarta-feira, novembro 08, 2006

Poñéndonos ó día

Estiven tentada varias veces nestes días a actualiza-lo blog pero coma sempre me pasa cando deixo de escribir moito tempo dábame preguiza retomalo. Este ratiño que teño antes de ir comer aproveitareino para eso, a ver se despois anímome máis a escribir...
Pois a ver, a ver. Básicamente o tempo se foi no traballo na uci e nas escapadas. E sen dúbida estas foron o mellor.
Coma xa apuntara noutro post fixemos unha escapadiña a Liverpool. Voltei da viaxe morta polo tute que nos metemos pero pagou a pena sen dúbida. Liverpool non é unha cidade bonita en conxunto, pero está chea de rincons interesantes. Chamáronme a atención especialmente as dúas catedrais (ambas maxestuosas nos seus estilos), unha recua de edificios espallados pola cidade, a cantidade de museos (e todos gratis!), a vida nocturna (pubs e locais enormes e xente saíndo todos os días), o desapercibido que pasa o tema beatles (menos mal, porque imaxinaba que a viaxe ía a ser un roteiro de marketing constante),... Foron un par de días de palizón que repetiría sen pensalo.
Hai uns días aproveitando a finde libre que me tocaba de turno marchamos cara ás rías altas. San Andrés de Teixido, serra da Capelada, cabo Ortegal, Estaca de Bares, Viveiro... Impresionante a visión dos acantilados na Garita da Herbeira (600 m. de caída ó mar)
Pasámo-la noite na Aldea Lamacido e a tarde do domingo achegámonos ás Fragas do Eume. Foi coma un flechazo. Namorei dese bosque que temos tan pertiño e está coma agochado. Despois dese descubremento xa pasamos por alí máis tempo. Unha tarde dende o mosteiro de Monfero (para cando a reforma?) ata a central do Eume desfrutando das vistas dos impresionantes canons, outra xornada de sendeirismo dende Caaveiro,... E as que virán, porque aquel bosque ten miles de recunchos que descobrer.
Lémbrome dunha peli de Disney que vira de nena ("El abuelo está loco") na que quedara prendada daquel bosque de sequoyas, pois agora xa teño o meu bosque propio e moito máis perto!

sexta-feira, outubro 06, 2006

Orgullo

"Mi orgullo dice jamás" cantan en aquel bolero e eu como di Benedetti (hoxe vai de uruguaios o blog), agáchome nel para protexerme a modo de coraza. Sinto que te fixera mal. Loitarei por mantelo a raia como me dixera JC adicándome aquel libro de Coelho e cando se me escape algunha raioliña agardo que esteas aí para tirarme das orellas.
PD: Dame tempo para aprender a dicir eso que queres oir.

Unha tarde con Galeano

Non é a primeira vez que aparece no blog, nin será a última. Dende que o descubrín hai anos foise convertindo nun referente na miña vida.
Traballar cos seus textos, a discusión sobre "Las Venas Abiertas de América Latina" con C. aquela noite, o "Libro dos Abrazos" que me fai pensar en JC., "Patas Arriba" que me regalaron V. e N.,...
E o mércores á tarde tiven a oportunidade de desfrutar cos seus textos e coa sua voz en Compostela. Foi unha experiencia incríble!
Para quen non estivo alí (en especial para ti petarda) aquí tedes un enlace onde escoitar as súas palabras.