Onte por fin disfrutei dun día festivo libre, un día coma o resto da xente sen ter que ir traballar. Á noite anterior foi tranquila en Cirurxía, cheguei á casa, durmín dúas horas e ala, a aproveita-lo día!
F. pasou por casa a recollerme e marchamos cara a montaña de
Montserrat, previa parada en
St. Andreu de la Barca para coñece-la piscina.
Montserrat semella estar preto de Barcelona, pero aínda hai unha boa tiradiña, menos mal que é todo autovía. A subida á montaña é moi chula, curva dun lado, curva do outro, e unhas vistas cada vez máis impresionantes. Ademáis ata tivemos sorte co día, e fixo un estupendo que semellaba ser abril ou maio.
Unha vez arriba pódese decatar un da capacidade dos cataláns para sacar partido ás cousas. Menuda teñen aló montada. É coma un parque temático, pero feito con clase, con ese "
seny" que lle aplican a todo.
Estaba todo arregladiño, o santuario, o mosteiro. Un funicular, un teleférico, un tren cremalleira. Tendas, cafeterías. Non faltaba detalle.
Aguantámo-la cola e achegámonos á
Moreneta, a patrona de Catalunya, que en verdade é negra, negra. Incríble pensar que
antes fora branca...
O mellor: as vistas. Ó lonxe aparecía Barcelona, a parte traseira da serra de Collserola, o Tibidabo. E cando se fixo de noite e só se vían as luces a verdade que impresionaba.
Xa á tardiña baixamos e voltamos a Bcn, en medio da operación retorno da ponte. Tomamos uns bocatas de bacon e queixo na Rambla de Fabra i Puig e achegámonos ós Lauren a ver "La Novia Cadáver" de Tim Burton.
A película gustoume moito. A técnica e as imáxenes impresionan. A historia é un pouco simple pero engancha, sobre todo porque a película é bastante corta (aínda que da tempo a engullir un paquete grande de palomitas, dou fé delo...). O final é moi poético e, coma o resto da peli, garda un certo parecido con "Eduardo Manostijeras" (unha das minhas pelis favoritas, dito sexa de paso).