Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: outubro 2005

segunda-feira, outubro 31, 2005

Conta atrás

Bueno, a V. a insistir en que escriba e a cabeciña que anda dando moitas voltas últimamente. Dame a impresión de que a tendencia que comezou hai xa un ano está atravesando un momento de máximo apoxeo e que estou diante dunha especie de conta atrás.
Cada vez noto máis próxima a fin desta etapa e, ó contrario do que pensaba, non é algo que me asuste. É máis: é algo que me apetece. Supoño que é un ciclo que se pecha e a liña de saída cara outro ciclo. E eso non me da medo.
O problema chega cando non teño nin idea do que agardo da próxima aventura.
Teño ganas de voltar, sí. Pero tamén teño a impresión de que aínda é cedo, e de que aínda tería que coñecer algo máis antes do regreso.
O que semella claro é que o "Bcn-time" está a piques de rematar. Adoro esta cidade e non me gostaría marchar de aquí con mal sabor de boca. Pasei moitas moitas cousas boas nela coma para que agora me quede ata ver coma se descompón a imaxe que levo dela. Supoño que será coma nunha relación. Ás veces é mellor cortar antes de terminar coma o rosario da aurora, non?
Vale, ata aquí asumido sen problema. Pero, que alternativas temos??
Por unha banda voltar aló. Que ten de bo o de estar cos meus, na terra, nun momento que semella interesante para facer cousas,... Pero que ten de malo o de sempre: bater de novo cas mesmas paredes...
E por outra banda estaría facer as maletas outra vez e marchar lonxe. Quizais sexa esto o que máis me apeteza, aínda que sexa por un tempiño pequeno, dende logo non tanto coma o que levo botado aquí.
Vale, se eleximos esta alternativa o seguinte paso sería a elección de destino. Punto crucial e complicado este. A onde marchar?
O resto de España borrado da lista. A idea sería marchar cara ó estranxeiro. E aquí comezan as interrogantes. Tería que elexir un lugar que non estivera moi lonxe da casa, ben comunicado, para poder voltar con rapidez en caso de necesidade. E outro punto a ter en conta é que me gustan as cidades grandes. Bueno, entón unha cidade grande no estranxeiro ben comunicada e relativamente perto de Galicia. Pouca alternativa temos: Lisboa, París, Londres,...
Uf, que lío!!
En fin, de momento temos uns 8 meses de prazo para atopa-lo camiño e coñece-lo nome da próxima etapa da viaxe.
O final do conto teño por seguro que rematará coma no Alquimista de Coelho, aínda que eu vou por diante de Santiago porque incluso antes de marchar da Galiza xa sabía onde se agochaba o tesouro...
(Bueno V. non te queixarás de que non escribo. Despois deste rollazo me pedirás que non o volte a facer...)

sábado, outubro 22, 2005

Mapamundi

Fedellando nos enlaces de todonada atopo o do dragon negro que me guia a unha web ben curiosa. Nela pódese crear un mapa virtual dos paises que visitaches. Adeus ós mapiñas cheos de chinchetas!! E V. cargando co mapamundi da voda de P. dende a zona do Pi ata Burela...
Eis o meu mapamundi particular:



Canto queda aínda por ver!!!

sexta-feira, outubro 21, 2005

Así limpaba, así, así...

En contas de sair e aproveitar o estrano día de sol que está a facer en Barcelona quedeime facendo a limpeza do piso. Teño a tarde maruja, pois. Sona o CD de Miranda como fondo (grupo petardo arxentino, un dos descubrementos fruto da viaxe a Bos Aires) e estou dándolle duro ó asunto.
Esta finde tocará traballar así que me perderei o concerto de Chambao e a excursión a Montserrat que están preparando as nenas. Para a semán teño que quedar con J. e T., que xa me mandaron un par de sms ameazadores.
Bueno, deixarei de perde-lo tempo con esto do blog e seguiré co trapo e a fregona.

quarta-feira, outubro 19, 2005

Actualizando

Madre! A de tempo que levo sen escribir... Qué desastre que son! Tiña razón meu maridito cando me dixo que a ver se actualizaba esto...
Qué resaltar destes días? O doado que é arranxar unha cisterna, o malo que é o insomnio para os que están preto, o rápido que se acostuma unha a faltar a clase, o listillos que son algúns compañeiros de traballo, o que me gusta ir en coche, o a gusto que quedas cando de súpeto caes na conta do que queres e obras en consecuencia, o divertido que é elixir regalos para alguén e ve-la cara que pon o recibilos (sobre todo cando non é amigo destas cousas),...

sábado, outubro 08, 2005

Tour costeiro

Dende que cheguei quedei con P. no Vecchio, con I., J. e B. no Telefunken e atopeime de bruces con M. (que me ensinou as fotos da súa voda) e con R. e B. (que viñan da praia).
Onte chegou F., con mil e pico quilómetros ás costas e fíxome o tour pendente pola costa bergantiñana. De primeiras fomos ata Baldaio, facía anos que non pisaba aquelo.
Logo pasamos por Razo, Ponteceso (fun ver o meu primeiro pisiño, testigo daquel mes de fábula hai 6 anos) e chegamos a Laxe. Con parada previa e visita turística á capital, Carballo, incluida. Coñecin por fin á Beixiña e tomamos aquel café pendente das noites messengeras en Laxe, aínda que non puido ser na Ventana... quedará para a próxima.
Mágoa de néboa que tapou as vistas todas...

quinta-feira, outubro 06, 2005

Que siga a enchenta!




Por se non bastaran os 3 kilos que trouxen a maiores despois da viaxe, agora en casa continúa a enchenta. Onte a avoa fixo as súas famosas empanadillas e hoxe atacamos unhas sabrosas nécoras e castañeta.
Galicia calidade!!

quarta-feira, outubro 05, 2005

De volta

Hoxe cheguei á Coruña despois de dous días de voos e aeroportos varios. Atrás quedan Bos Aires e Uruguay. E con eles centos e centos de momentos para lembrar.
J.C. e J. portáronse de medo, e F. foi un luxo coma compañeiro de viaxe.
É difícil resumi-lo vivido. Bos Aires é unha cidade sí, pero formada por miles de cidades no seu interior. Chea de contrastes, chea de contradiccións. A idea que te formas nun momento, desfaise sen remedio no seguinte. As zonas máis modernas ó carón das máis deprimidas, as zonas máis fashion perto das máis tradicionais...
Palermo, Recoleta, Praza de Maio e Casa Rosada, San Telmo, a Boca, Avenida 9 de Xullo, o café Tortoni... Tantos nomes xa coñecidos ós que por fin lles puxen cara.
Momentos de emoción (as nais da Praza de Maio, o concerto de Xeito Novo, aquela tarde con J. frente a Casa Rosada...) e marabillas abondo para encher os quince días que aló botamos (e que encherían moitos máis).
E ademáis a escapada a Uruguay! Saimos no ferry e chegamos a Colonia do Sacramento, unha cidade patrimonio da humanidade preciosísima. Un pobo cheo de referencias á época colonial portuguesa e española, un remanso de paz a tres horas do caos de Bos Aires.

E tras pasar o día neste paraíso marchamos cara Montevideo, outra imaxe clara de cidade que viviu tempos mellores. Alí quedamos con M. que nos levou cara á costa do Río da Plata. Tralo percorrido turístico rematamos paseando polo interior do Congreso e o Senado coma Pedro pola súa casa.

En resumo, unha quincena de non parar de ver cousas (nin de comer, os tres quiliños de máis o atestiguan...). E o desexo de voltar cedo por aquelas terras (e por coñecer outras novas tamén...).
E ademáis unha viaxe interior igual de interesante e atractiva. Quen puidera estar a vida toda viaxando!!