Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: março 2006

segunda-feira, março 20, 2006

Camp del Arpa

Onte antes de entrar a traballar paseime polo ximnasio para desapuntarme dunha vez. Dous meses apuntada e caseque sen pisalo, xa era hora de facelo...
A cuestión é que baixei do metro ás presas e cando saín á rúa un flash golpeoume. Alí estaba outra vez. Máis de cinco anos despois e esa esquina segue a provocar o mesmo efecto que entón. Semella que estou alí de novo. Que non mudou nada. Na mesma postura e co mesmo sorriso. Qué bos días os daqueles marabillosos anos! Pero sí que mudou todo, por sorte. O sentimento GH foise perdendo no tempo, e na distancia podo comprobar o ben que fixen manténdome lonxe daquela "piscina". Máis vale colibrí voando que na man...
Repetiría todo aquelo sen dubidalo, por suposto. Aínda que só fora porque foi entón cando comezou o xerme desta aventura barcelonesa. E só por iso xa pagou a pena.


sábado, março 18, 2006

Teatro, turismo e cine

O mércores pola tarde achegámonos ata a Galería Sargadelos na rúa Provença onde os Furafollas darían vida ós "Contos de Namorados". A verdade que rimos bastante, algúns dos gags moi logrados. A homenaxe a "Brokeback mountain", o presentador "salido", a canción de Catherine Nogueira... Haberá que estar ó loro de cando é a próxima.
O xoves pola mañá acompañei a F. ata as Picornell e logo achegámonos ó castelo de Montjuic. A zona é ben bonitiña, todo Montjuic está quedando fenomenal cheíño de xardíns e paseos. As vistas de Barcelona dende aló pagan a pena. O que se refire o castelo en sí xa é outra cousa. E do destacamento militar mellor nin falar... Cando dicían que o transferían?

Cando estaba a ver Bcn doume un nonseiqué que me durou todo o día. Só de pensar en deixar esta cidade ponme mal corpo. Qué peniña meu deus! Pasei a tarde tonta, tirada no sofá, na cama... Falei con G. que me dixo de voltar a xuntarnos o grupiño da viaxe a Brasil aquí en Bcn (qué días aqueles en Río!!! Voltaría agora mesmo...) e con A. que coma sempre é capaz de alumbrar un pouquiño na miña escuridade transitoria. (Ais, qué maja que me eres!! :D ).
E nesas estaba cando F. propuso facer o que deixáramos o outro día pendente. Así que á noite fomos ó Imax do Maremagnum. Botaban "Arrecifes de Coral" e "Nascar 3D". A primeira delas en formato IMAX, unha verdadera chulada de imaxes submarinas e da natureza de Oceanía. A segunda en formato 3D e unha mostra do "american way of life" máis repulsivo. A parte da mecánica, da preparación das carreiras estivo ben, pero cando comezaron a sair as bandeiriñas, os himnos e as familias arias (caseque non saia ninguén negro na peli) a cousa voltouse un poco infumable. Pandiani (sí, o día despois de elimina-lo Depor osaba ir ó cine...) dormitou na primeira pero na segunda non perdía detalle.
Hoxe toca traballar de novo (alo menos esta finde libro o sábado). A noite comezou movidita pero agora xa está controlada. Hai un ratiño o móbil trouxo un sms de V. que me reenviaba un sms antigo meu. Anda que no me rin! Sí que foi moi guay aquela noite de confidencias "adolescentes" na súa habitación... Cómo se bota a faltar na casa!

terça-feira, março 14, 2006

Unha finde apetitosa

Foi esta unha finde relativamente tranquila.
O venres fomos cear a un chino en Glories e logo quedei con N. É un gusto atoparse cos amigos do cole. Podemos pasar tempo e tempo sen vernos, e o día que nos atopamos falar e falar. Fixemos o repaso habitual dos compis (tamén falamos de vós, A. e T.) e de por onde nos levan os nosos pasos. Os dous lonxe da Coruña, pero sen alonxarnos demasiado. Achegámonos ata Luz de Gas, onde estaba a actuar Mónica Green (a cantante da banda de Buenafuente).
O sábado baixamos á tardiña a dar un paseo pola praia de Badalona. O reencontro co "lugar maldito" no vran de F. Recordei a primeira idea que tiven de Badalona a través das cartas de L. E recordei que, 3 anos despois de chegar a estas terras, todavía sigo sen atopala. Borrouse o seu rastro do mapa. Ca ilusión que me faría coñecela... Logo tocou ir a traballar.
E o domingo baixamos pola tarde a dar un deses marabillosos paseos polo barrio gótico. As nosas pisadas leváronnos logo pola zona do Maremagnum e despois ata o Born (pasando abraiados ante ese tremendo iate amarrado no porto, o Ilona. Só uns 100 millóns de euriños de nada...).
Seguramente foi ese paseo o que nos abriu o apetito e fíxonos entrar no Txirimiri da rúa Princesa. E non puido ser millor a elección. Comezamos, cautos, cuns pinchos e unhas copas de Rioxa. Pero as nosas papilas abríronse de tal maneira ós sabores que terminaron caendo un prato de gulas ó axillo e unha hamburguesa con queixo feita de maneira "artesanal". Todo estaba de vicio.
Seguramente foi por eso que hoxe tentamos experimentar ca gastronomía e terminamos facendo unhas troitas con bacon e guisantes sobre unha base de receta Arguiñana modificada por nós. E ben ricas que estaban sí señor!

sexta-feira, março 10, 2006

Maniotas

Dende logo que unha xa non ten idade para facer as loucuras dos días pasados. Dóeme todo o corpo e non podo ca alma. Qué maniotas mi madriña! Pero continua a movida, hoxe quedarei con N. que veu da Coruña á Alimentaria e haberá que sair un pouquiño de festa por aí. De perdidos ó río...

quinta-feira, março 09, 2006

Esquiando por Andorra

Quen me ía dicir a min hai un mes que me ía a converter nun as do esquí? Se ata son quen de baixar pistas azuis eu soíña!!!
Había que rentabiliza-la compra do material e o gusaniño picárame na escapada francesa, así que cando F. me propuso voltar a esquiar coma presente de aniversario non fun quen de negarme.
Desta decidimos quedar en Andorra e pillámo-los forfaits para Vallnord. Cambiamos de hotel e collimos un en principio máis barato que o do outro día e que rematou sendo mellor. As vistas dos cumios nevados dende a xanela abuhardillada da habitación non tiñan prezo!
A estación tampoco tiña nada que ver ca de Porte. Dálle mil voltas. Os accesos, as instalacións, as pistas...
O martes fomos cear (tras un laaargo baño de espuma de 4711) ó Refugi Alpí para celebra-lo aniversario e soprei as veliñas e pedín o desexo (como non?), aínda que non nunha tarta senon sobre un xeado de chocolate.
A resaca destes tres días agora machaca o meu corpo. O de durmir 12 horas en 3 días non debe ser bo. O luns enganchei ó saír de traballar, as noites de luns e martes foron cortas, e na volta engancho co traballo. Doéme todo e aínda por riba teño a cara a cores, aquí vermello, aquí branco, aquí vermello... Pero pese ó cansanzo pagou a pena, abofé que sí. E haberá que voltar cedo, non?

sábado, março 04, 2006

Return

Qué difícil é a volta ó traballo despois dunhas vacacións!! Qué costa arriba se me está a facer esta noite...
Mil e pico quilómetros baixo as rodas do coche, once horas atravesando España de punta a punta, un par de sonecas e chegada á casa (ou a miña casa é a que deixei en Coruña?) con cuestionamentos de futuro incluidos. Semella cada vez máis perto a fin desta etapa barcelonesa, pero por veces non o teño tan claro. 3 anos e medio é moito tempo para que a decisión sexa sinxela...