Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: setembro 2005

quinta-feira, setembro 22, 2005

Bos Aires 1

Dende un ciber na rúa Lavalle, ó carón da mítica Corrientes (... 348, 2º piso ascensor...) aproveito que JC marchou a traballar para deixar unha pequena primeira impresión da viaxe. Levo aquí nin dous días e xa pasaron tantas cousas...
A chegada é aeroporto e recoñecemento mutuo entre J. e máis eu de película. Ambos tiñamos como referencia do outro fotos de hai miles de ano e claro, pasamos un ó carón do outro e nin idea. Pero ó final as caras mutuas de despiste fixeron o milagre. E falando de J. dicir que é un encanto, que namorei del, que máis ou menos fixerame unha idea polo que dicía JC pero superouna con creces. Adorei!! Coma falamos onte ambos eramos a peza que faltaba do puzzle JC e coñecernos foi fabuloso. Quérote gordo!!!
Como resumir no tempo que me queda no ciber todo o vivido... Ata agora Bos Aires foi:
- viaxar no colectivo
- pecha-los ollos frente a Casa Rosada imaxinando a Evita naquel balcón
- botarse no céspede baixo o Obelisco da Av. 9 de Xullo
- pasear pola beira do río en Puerto Madero
- colarnos no Hilton
- chorar abrazada a Jorge no medio da Praza de Maio
- tomar o mellor xelado da miña vida (chocolate branco, chocolate negro e dulce de leite granizado) en Fredo
- ir ó cine a ver a Ricardo Darín en "El aura"
- coñecer a M.
- ...
E tanto e tanto que queda. A de plans que hai para os vindeiros días...
Polo pronto agora nun ratiño irei ó aeroporto recibir a F. a ver que tal a viaxe (a min fíxoseme un pouquiño pesada de máis...).
E o luns iremonos a Uruguay!!!
Xa contarei polo miúdo. Bicos para todos e todas!!

segunda-feira, setembro 19, 2005

Xa marcho!!

A estas horas da tarde, sen pisar a cama dende fai un día e con toda a maleta aínda por facer, a cabeciña xa non me rixe moito. Así que só un par de liñas para deixar en "stand by" o blog durante unha tempada e para desexarvos unhas boas semaniñas. A ver como se dan ó outro lado do charco... Agardo ter moito que contar á volta. Moitos bicos e deica!!!

sexta-feira, setembro 16, 2005

Concerto

Dende logo hai que recoñece-lo mérito que teñen os obreiros. Comezar ás oito da mañá a toca-las narices do persoal con esa alegría é moi loable... Veña a facer ruido, paradiña para facer un piti, máis ruido, paradiña para falar co rapaz da bcneta, máis ruido... Unha suxerencia, ¿non podían comezar ás oito facendo a pausa do bocata e comezar a taladrar aí ás doce? O único que semella contento cas labores de arranxe da beirarrúa é o noso voyeur (será porque para ve-los obreiros non ten que estira-lo cuello coma para mira-la nosa terraza...). Pois nada, pese a non durmir moito éstos fixéronme saír da camiña e iso que á noite chegamos ás tantas.
O concerto... cómo describilo? Dicir que gustoume pero que prefiro o Cd sona estrano, non? Non sei se foi o sitio (ese teito tan baaaaaixo), a xente (incrible a mezcla de pijos, nengs, enteradillos da música de cantautor, clube de fans oficial,...), a súa inexpresividade corporal (Coma di Ciudadano: "Chaouen es un tipo singular. Sale al escenario y parece que está dormido, que no se entera. A uno le queda la duda de si su “empanada mental” es fruto de una cena cargadita de esas sustancias que tanto busca en sus canciones, o si un lunes por la mañana se comportará de la misma manera"),... pero non acabou de chegarme.
Se pechaba os ollos e me concentraba nas cancións, sí, era flipante. Pero coma mirases para él ou atendeses ó barullo da xente pois adeus maxia. Non sei se é que me estou voltando maior pero creo que era un concerto para ver sentadiña, escoitando en silencio, e non vitoreando coma se Chaouen fora Bisbal...
Logo fomos camiñando para colle-lo NitBus e baixamos por Balmes. Alí nos deron invitacións para Tunnel onde había "festa de azafatas y eso" (qué noite aquela no tunnel hai anos xa...) e o pasar por diante da "Taberna del Yoyas" (sí, o garito do placa placa e da Fayna de Gran Hermano. Aissss F. non sei que vou facer contigo que non me tes nada de cultura xeral...) sonaba Maná e non puidemos evitar colarnos dentro. O sitio non está mal e caiu unha copichuela (barata para ser Bcn). Pero cando comezaron co reaggeton e o perreo, e vendo que aquelo semellaba unha excursión de bup ou 1º de carreira, volvinme a decatar de que os anos pasan e ó mellor sí que vou vella...
Falando de ir vella, e non quero dicir que ti o sexas, ¡¡¡¡moitisimas felicidades A.!!!!

quinta-feira, setembro 15, 2005

Estrés

É coñecido o estrés post-traumático pero habería que estudiar a fondo o estrés pre-escapada. Levo días soñando con maletas, avións e taxistas. Madre mía. Creo que poucas veces estiven tan nerviosa na miña vida... e menos por unha viaxe!
Onte saín pola mañá do hospital e tras recolle-la nómina e face-lo cafeciño no bar de enfrente cas compis fun matricularme de catalán. Outra vez as colas de sempre aínda que semella que este ano estaba un pouquiño mellor organizado. Total, só perdín dúas horas en face-la matrícula. Logo a pagala na Caixa e merca-lo libro.
Cheguei a casa espírica. Alí estaban V. e S. que aínda non marchara para Girona. Viña en quinta marcha e pasada de revolucións. Creo que as estresei un pouquiño...
Baixei face-los recados (e ademáis caeron unhas botas, coma as All Star rosas que merquei en París pero en verde, de regalo), as fotocopias, merca-la Zero, revela-las fotos (que non funcionaba a maquiniña do Fotoprix, así que algo pendiente para hoxe), ingresa-lo diñeiro do piso na Caixa, carga-las pilas de cámara, baixa-la maleta, prepara-lo botiquín,... E coma se me metera na cabeza, logo deso me fun á pelu.
Estaba tan cansa que pouco máis e me durmo ca masaxiña capilar e cando me estaban a alisa-lo pelo, nin sequera oía a música tecno que tiñan posta a todo volume... Saín daló co meu fantástico pelo liso (que ó meu maridito non lle gusta... Fíxate e verás coma tódalas grandes o levan liso: a Preysler, a Letizia, a Pantoja,... ata a Tamara! Non vou ser eu menos fashion ca elas... aínda que sexa por un día... Por certo primi, que é automático, cada vez que me aliso o pelo me lembro da túa voda. Estranas conexións neuronais...).
Logo voltei a casa, fixen o xantar e sobre as cinco comecei a notar un enlentecimiento xeral no corpo. Recordo ir a habitación e abrir o ollo sobre as doce da noite, comprobar que tiña seis chamadas e tres sms sen contestar (e iso que o móbil estaba o meu carón na cama, aínda que tampoco escoitara os obreros que estiveron taladrando a beirarrúa tódala tarde...) e voltar a espertarme hoxe as oito da mañá... Qué sobada, meu deus!!!
Así que todo o que non fixen onte terei que facelo hoxe, máis todo o que xa estaba previsto para hoxe na axenda... Uf! E todo antes das oito, hora que quedei co J. e logo marcharei para ó concerto ca V.
(Hola A.! Encantoume recibir o teu mail, a ver se así estamos máis en contacto. E recorda que o 5 vou a Coru e temos moito do que falar... Bicos!).

quarta-feira, setembro 14, 2005

Última noite

Onte chegou a factura do auga e caseque me da un patatús: 172 euros!!!! Despois do susto e a análise do gabinete de crise, decidimos pecha-lo hostal por unha temporadiña. Pero hoxe sona o espertador, saio aínda durmida da habitación e me atopo de bruces cunha descoñecida, que resultou ser a amiga dunha amiga dunha amiga, recén chegada de Turquía. Nada, que non aprendemos...
Polo demáis as noites foron pasando e hoxe xa é a derradeira da tanda. Empezou ben, que O. me trouxo uns bombóns de chocolate suizo exquisitos. Ummmmm, que ricossss!!!
Mañá ó saír do hospital irei colle-la nómina, facer a matrícula de català e mil cousas máis que teño pendentes. Xa non creo que cheire a cama ata a noite.
J. chamou hoxe vinte veces, pero non teño ganas de quedar con él mañá. Direille de queda-lo xoves antes do concerto. E o venres tamén hai concerto de FNAC, a ver se podo achegarme antes de entrar a traballar.
(Por certo F. Miguez que gosto de saber de voçé aínda que sexa a través doutros medios...).

segunda-feira, setembro 12, 2005

Diada

Onte foi a Diada de Catalunya, unha data que sempre me gustou dende que estou por estas terras. Gosto de ver as senyeras ondeando nos balcóns e envidiar, sanamente eso sí, ese sentimento de orgullo que teñen estes cataláns pola súa terra. É coma o día de Sant Jordi, mostras ambas de que ás veces o seny catalán estoupa e deixa escapar a querencia por unha terra, unha língua, unha forma de vida...
E non falo de independentismos, de siglas, ... senon de sentimentos. Porque coma sentenciaban hoxe dous vellos diante da penya barcelonista: "El embudo de la política es enorme...".

Polo demáis estou inmersa noutro tute de noites hospitalarias, sete nesta ocasión, que non me deixa moito tempo para outra cosa que non sexa durmir. Esta é a semá anterior á viaxe e teño mil cousas que preparar.
Ademáis teño que arranxa-lo portátil, matricularme de catalán, quedar con J., ir á pelu, planifica-la maleta, facer uns recadiños,... E traballo cinco noites, a ver como fago. E contando que o venres chegan M. e C. da Coruña e haberá que quedar aínda que sexa un ratiño con elas. Uf, que estrés!
Pero bueno, polo menos xa temo-las entradas para o concerto de Chaouen do xoves. Será no Zacarias (a antiga Boite, aquela sala onde foramos ver a G., cando tocaba en Tierras. Concerto no que descubrimos o movemento de G., movemento que foi confirmado na actuación en Eurovisión).

quarta-feira, setembro 07, 2005

Malo será

terça-feira, setembro 06, 2005

Tormentas

¿Qué facer cando feridas que pensabas pechadas reábrense de novo?
¿Cómo manter controladas ás pantasmas e trasnos que habitan na nosa cabeciña?
¿Cómo guardar para sempre baixo chave algúns recordos?
¿Cómo exorcizar ós demos mentais?
Onte costou durmir e cando o conseguira a tronada retumbou e fíxome espertar de súpeto. Os relámpagos iluminaban a cama por fraccións de segundo e caseque sen respiro o son dos tronos inundaba a habitación. Apertámonos forte nun abrazo e pouco a pouco voltamos a caer no sono.
Hoxe o día amanceu tranquilo, miña cabeza non tanto. Sen dúbida, as peores tormentas son as interiores. Para esas non hai abrazo que valga...

segunda-feira, setembro 05, 2005

O metro

Non o podo evitar, encántame o metro!! Non chego ata o extremo de E. (naquela viaxe improvisada cando viñemos a Bcn a casa do socorrista anos atrás no que sería o cerne da nosa posterior decisión de establecemento por estes lares, verdade cabra?), pero sí que me gusta, sí.
Miña primeira vez foi con P. no metro de Bilbao, recordas flaguer? Pa chulas nós e collemos e fomos ata a última parada. Sen saber claro que alí o metro non é só urbano, e polo módico precio do billete e despois dun considerable recorrido polos alrededores do botxo chegamos ata a costa vasca, ata Plentzia concretamente. O mellor foi que xa se fixera de noite e era o último metro, así que baixamos, fixémonos unha foto na ponte (mellor dito, nola fixo o doble do isma) e moi dignas nós voltamos a pasar por diante do revisor e do conductor para meternos de novo no vagón e voltar a Bilbo onde nos agardaba norman bates na pensión (pero esa é outra historia...).
E despois daquela chegaron os de Madrid, Bcn, Londres, París e Río. E en todos eles sempre a mesma sensación.
Adoro ver a mezcla de xente, esa cosiña que salta no estómago cando o tren se para entre estación e estación, o barullo dos transbordos, os músicos nos corredores, os ratonciños correteando polas vías, o silencio cando viaxas sola no vagón pola noite, imaxinar historias dos compañeiros de viaxe,...
Aínda que ás veces, ensimismada na lectura de historias coma a de Marga no proxecto sombra de Millás e mecida pola musiquiña do mp3, nin me decate de quen teño ó carón. A túa desculpa F. non sonou tan creíble... (e por riba te largas unha semaniña a casa, serás caradura!!).

domingo, setembro 04, 2005

Posta o día

Dúas semaniñas para marcharen e cada día con máis ganiñas de verte cabra. O que me vou a fartar a chorar no aeroporto... Lista de cousas pendentes:
- consegui-la Zero e a Shangay
- gravar os cds que faltan
- cargar as pilas da cámara e borrar as tarxetas de memoria
- procura-lo certificado da atención sanitaria no extranxeiro.
A próxima semá terei tamén que levar o portátil ó médico que o pobriño quedou en coma e non hai maneira de reanimalo e apuntarme o novo curso de português.
F. continúa a darme envexa co de iren a próxima finde á casiña. Ademáis pretende aproveitar para achegarse ata as festas de Muxía. E parecía tonto aquel día que o vin diante da fnac... (por certo que aínda non fai tres meses diso e semella que foi hai tempo e tempo). Quen diría daquela que pouco despois estaríamos a piques de cruza-lo charco... Qué cousas!
P. manda un sms dende o seu eden particular algo mosca por ocupar F. o seu lugar coma compi de viaxe. Arxentina era unha das viaxes pendentes dende aquel incidente co Parra en Santiago. A cuestión é que últimamente non hai maneira de coincidir de novo nunha das nosas. Pero escapadas de risas e bobadas coma as que vivimos xuntas aínda quedaran algunhas...
A. segue perdendo horas e horas no traballo. Agora que non ten o messenger sei pouco dela. Sí que a cousa segue sen novedades de interés.

sábado, setembro 03, 2005

Santiago

Entre a insistencia de A., as palabras de Craig, a foto do coleccionable do National Geographic (sí, algún haberá que comprar non? E mellor que o dos coches de Carlos Sainz... E qué mellor que un cheo de fotos da terriña por só un euro de nada!) e outras sinais que me asaltan nestes últimos días, ó mellor non é tan descabellada a idea dunha temporadiña na cidade de pedra. Non agora mesmo claro, pero tempo ó tempo...