Non sei para que prometo escribir máis a miudo se logo por unha cousa ou por outra nunca atopo tempo... E agora teño que resumir todo o que pasou dende o 19 novembro e nin sei por onde empezar...
No piso a vida sigue sin
V. (petarda o que se che bota a faltar!), F. xa instalado e N. de reencontro amoroso en
Exipto. Todo tranquilo.
Neste tempo
fun a Madrid e aprobei o do
Doutorado. Qué ben! Unha cousa menos a me dar a lata. Os profes tentaron meter presa para comezar ca tese pero antes me tomarei un merecido descanso... E ademáis teño que atopar tutor, que paso de facela ca carca-proPP esa que pensa que os preservativos non son efectivos...

Este luns
fun ver a nova de
Harry. 2 horas e 45 minutos moi ben aproveitados. É a que máis me prestou de todas, se ben é certo que "El caliz de Fuego" tamén foi o mellor de tódolos libros o meu parecer. A peli é máis oscura, e dame a impresión de que os nenos non se van decatar nen da metade das cousas que propón.

O martes
fun con F. ata o
Camp Nou a ve-lo
partido pola paz que enfrentaba ó
Barça coa selección israelí-palestina. Estabamos onda a liña de banda, ó carón do corner, ó ladiño de Ronaldinho, Eto... Antes de comezar actuou
David Broza e no intermedio o fixo
Jorge Drexler, cousa que non ma esperaba e boa ilusión que me fixo. Tamén andaba por alí
Sean Connery que mira que é alto o tipo e ten boa planta para a súa idade... Pagou a pena ter agardado tanto tempo por ve-lo estadio. Agora queda pendente atopar entradas para un partido de Liga de verdade (qué tal o Barça-Depor en marzo??). O malo foi as voltas que tivemos que dar para aparcar ó voltar á casa. O do coche nas cidades...

Hoxe acordamos tarde, comimos e
fomos de tendas ó novo Oulet do
Heron City. Non ta mal. Vaille dar moita vida ó centro que estaba un pouco mortiño. F. fixo o agosto e saiu cuns pantalóns e unha chaqueta.
E mentras estabamos no
Lefties chaman do Hospital para comunicarme que me daban outro contrato de catro meses. Xenial! Tranquilidade ata abril a lo menos e logo xa a puntiño para facer as maletas e regresar...
Esta noite e a de mañá traballo e a finde me toca librar. O sábado témo-lo
superplan (que non podo dicir que é sorpresa para F. e non vaia ser que lle de por mirar esto...) e o domingo pode ser que nos acheguemos ó
MACBA que a entrada é de balde tódolos domingos de decembro e é unha das cousas polas que viñen a Bcn e dame vergoña dicir tres anos máis tarde que aínda non o pisei...