Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: dezembro 2005

quinta-feira, dezembro 29, 2005

But don't worry...

Menudo diíña o de hoxe. Durmín a estonas con pesadelos e cos ruidos dos camións na rúa (que farían toda a mañá dando a lata?), acordei tarde, queimouse o xantar, a impresora fixo das súas, fixen a maleta ás presas (seguro que deixei algo importante...), rachei a peceira de Axé (pobriño, polo menos él salvouse dunha morte segura descendendo polo desagüe...), caseque me atropella unha bicicleta asasina, marchou o metro diante do meu nariz, cheguei tarde ó traballo, está de guardia o equipo médico que me cae mal... Pero Louis Armstrong leva todo o día cantando na miña cabeciña así que "Don't worry... be happy!". Nestes momentos quedan exactamente doce horas e media para aterrar (se non hai retrasos polo medio) en Alvedro. Así que calquera cousa que me poda pasar dame exactamente o mesmo, non vai poder borrar o sorriso da miña cara!
Falei con F. dende San Lázaro, no medio e medio do partido da selección. Estrea con victoria, claro que sí!

segunda-feira, dezembro 26, 2005

Fun fun fun...

Pasou Noiteboa, pasou Nadal e estamos xa no San Estevo, unha data moi celebrada aquí en Catalunya. Pasar pasaron aínda que non semellaron moita festa. Toda a finde metida en Urxencias é o que ten. Menos mal que só me queda unha noite. Logo mércores e xoves, e ala, vacacións!
Polo menos fixemos unhas boas ceas e rímonos un rato. E qué rico o turrón Nocilla!!! Ummmm....
Polo demáis pouca novidade. Noticias da xente dende toda a xeografía: S. dende Zaragoza, A. dende Logroño, G. dende Madrid, H. dende Londres, D. dende Sto. Domingo, J.C. e J. dende Bos Aires, os compis da Galiza e os de Barcelona,... Anda que non gañan cartos as operadoras de móbiles nestes días!
N. marchou xa para Madrid e levou con ela os novos episodios dos 4400 recén baixados do Emule. Xa me tarda velos!

sábado, dezembro 24, 2005

De cea

Son as 3 da mañán e semella que quedou urxencias tranquila, menos mal porque menuda entradiña que tivemos... Veña a chegar ambulancias e veña para arriba e para abaixo. E ademáis coa dor de pernas que teño! Si é que xa non está unha para sair ata as tantas... Onte foi a cea do turno de noite e foi ben larga a festa.
Primero ceamos na Masia del Rocxi en Pl. Sants: marisquito, embutido, caracois (primeira vez que os probo), pa amb tomaquet, croquetas, bacalao y mousse de chocolate. Mu rico todo. A Mari repartiu os regalos do "amigo invisible" metida no seu papel de Carmen Sevilla. Desta vez tocoume o libro de "Eragón" e un marco de fotos.
Aproveitamos tamén para facerlle a despedida a M. Qué peniña! M. foi a primeira en aturarme cando vin parar aquí, a que me axudou a situarme, a que estivo comigo ríndose cando o Osorio me estaba a suturar a ferida aquí en Urxencias,... Cando lle estaba a dar os dous bicos díxome á orella: "Xa verás tí cando marches o que vas botar de menos a Cruz Vermella..." Uf, só de pensalo...
E logo coma tiñamos pases marchamos a metade de nós para o Sugar Club en el World Trade Center. Qué risas e qué de bailes. O ambiente moi pijillo e a música un pouco rallante pero o sitio moi chulo. Chegábamos nós para face-la festa.
Sobre as tres e media voltamos a dividirnos. Uns cuantos marcharon para casa e os máis festeiros fomos para o Get Back de Aribau. Cheguei á casiña ás tantas...

quarta-feira, dezembro 21, 2005

A piques de marchar para casa

Outra noite no hospital, en contas de estaren a ver o derradeiro Supermartes da historia (adeus Superpiñeiro e adeus Atilano!) a través de Internet paso as doce horas encerrada en Urxencias. Fai un ratiño que quedou esto tranquilo, pero menuda primeira parte da noite...
Sinto decepcionarte Frikireichel pero vai ser que ten razón a petarda. Esta última semán non foi moi productiva. E a que queda para fin de ano o será aínda menos porque traballo caseque tódalas noites, entre as que me tocan por turno e as que pedín facer de máis pouco tempo quedará libre.
Polo menos o xoves teño a cea do curre e logo fiestuki! Que me regalará o meu amigo invisible???
Falando de regalos aínda me quedan a metade deles por mercar. Baixei o luns e foi un completo desastre consumista, en cada tenda que entraba mercaba algo para alguén e de paso algún caprichiño para min. Uf! Que si o conxunto de Mafalda en Oysho, que si unha camiseta en h&m,... Non teño remedio!
Sempre queda a esperanza de que mañá me toque a lotería e mande todo a facer puñetas e marche de viaxe cara a Nova Celandia ou máis lonxe...

sexta-feira, dezembro 16, 2005

Fin de ano en casa!

Fai un ratiño acaban de darme a boa nova: libro o 2! Así que non hai problema e poderei pasa-la fin de ano na Coru. Que ben!!! Só faltaba que non mo deran libre despois de tódalas horas que me deben, pero como as cousas funcionan como funcionan... Tanto ten, o caso é que irei do 30 ó 2. Sairei de traballar o venres pola mañán e irei direitiña para o aeroporto e nunha horiña e pico por fin na terra. Xa hai ganas, xa.
Onte recibin mail de A. Falamos o outro día por teléfono pero o mail foi especial. Nel me recordaba antigas aventuras adolescentes (o do barco foi boísimo!), o que me levou a enlazar con outros recordos daquela época montegrandina. Dende logo foi unha boa época aquela e eu tamén repetiría todo o feito sin pensalo... E polo que di teu pai A. no problem, aquí estou eu para desmentilo! (cantos anos xa? caseque 20 que nos coñecemos non?? E aínda nos aturamos... que xa ten mérito...).
Mañá veñen á casa A. e a súa sobriña. S. xa atopou piso en Gràcia e abandonounos por segunda vez (snif snif! okupas así da gusto te-las perto! E aínda por riba deixando regaliños...).
Esta semana non foi moi movida en canto a vida social. E a pouca que tivemos apenas lle fixemos caso. O martes veu por casa S. (que por certo, sí que coñecía a F. Si é que Carballo é un puebliño...) a recolle-la TV que lles regalamos a M. e as do seu piso. Pois á pobriña nin lle fixemos caso. Estabamos os tres enganchados ós 4400, tirados no sofá e tapadiños coa manta tan panchos que o único que queriamos era que marcharan as visitas... Qué ermitaños meu deus!
E a finde preséntase máis ou menos semellante. Mañá á tarde teño a segunda parte do exame de português (a primeira fixena hoxe e non hai queixa) e logo quedarei con F. para iren mercar algún regaliño. Non teño nin idea de qué comprar. Sobre todo o regalo do "amigo invisible" aquí no hospital (témo-la cea o vindeiro xoves). O sábado traballo e o domingo tocará relax para coller folgos para a semán. E en nada as festas...

sexta-feira, dezembro 09, 2005

Xóvenes e alternativas

Non deixan de insistir nos últimos días na Voz en falar dos xóvenes e do botellón. Semella que é o tema comodín por excelencia, cando non se sabe de qué falar pois... por qué non facelo do "problema" dos xóvenes? E o verdadeiro problema ven precisamente desta visión dos xóvenes como problema (esto semella un trabalinguas...).
Está claro que faltan alternativas de ocio para os xóvenes, pero a solución non é simple. Un programa deste tipo non se fai en dous días. Nel terán que intervir dende a escola ata os pais. Debe traballarse dende a perspectiva da Administración sí, pero o papel máis importante deben desempeña-lo os propios mozos e mozas. Deben ser eles os que o diseñen e o xestionen, esa é a única maneira de que o fagan seu e sexa efectivo.
Pero o que máis me cabrea de todo é que na edición de hoxe volvan a sacar a relucir aquela primera aproximación que fixemos dende a Cruz. Pasaron cinco anos e non hai vez que o falar dunha noticia relacionada non o saquen a relucir... E me cabrea porque xa daquela non informaran debidamente de como fora a cousa e me cabrea máis aínda porque hurgando unha e outra vez na ferida aínda contribúen máis á falta de alternativas. Cantas veces non escoitaría eu na Cruz despois de presentar algunha idea neste terreo a cantinela "Mira o dano que fixo aquelo de A Tu Salud..." e non sair nada adiante???

segunda-feira, dezembro 05, 2005

Unha boa finde

Pasou a finde e non foi mala...
O sábado foi o concerto de Ismael. Tiña as entradas dende comezos de xullo e adoecía por iren, pero ó mesmo tempo, tiña un pouco de medo de que me defraudara. Os últimos eran cada vez máis semellantes, máis encorsetados... Pero foi xenial!!
Para empezar o sitio, o Palau da Música Catalana é unha pasada.

E logo o concerto en sí, xenial!! Foron 3 horas cheas de boa música, letras con contido, comentarios punzantes, recordos... Fixo versións de Silvio (Rabo de Nube), de Sabina (Y si amanece por fin) e de León Gieco (Sólo le pido a Dios).
Realmente un dos mellores concertos os que fun do Isma, pagou moito a pena!
Lástima que o perderas V., de seguro houberas recuperado a fe nel!
Ó terminaren acompañamos a P. ata a parada do metro de Urquinaona e nós marchamos dar unha voltiña. Acabamos ceando no McDonalds de Pelai e logo fomos ata o CCCBar onde había unha historia de música brasileira. Mercamo-lo EPS nas Rambles e tivemos que padece-lo N3 ata casa.
O domingo levantámos tarde coa idea de iren ata o MACBA, pero a idea durou cinco minutos, ata que descobrimos que pechaba ás tres da tarde... Fixemo-lo xantar (carne en rollo, nada da pasta e o arroz de tódolos días) e decidimos baixar a pasear un ratiño. Collémo-lo metro ata Arc de Triomf e fomos meténdonos polas rúas pequenas e esquecidas do Born e do Gótico. Qué tranquilidade mi madriña! (Aínda que tamén entramos no barullo para ve-lo Belén do Concello en Sant Jaume). Foi un paseiño moi xeitoso e que abriu a gana. Acabamos ceando no Drapaire unha torrada de sobrasada e unhas racións (bueno, así lles chaman eles...) de croquetas e butifarra.
Voltamos cedo á casa e alquilamos "El Pianista" de Polanski no 24 h. Qué pasada de peli!
Outra noite que nos deitamos ás tantas e hoxe, claro, costou sair da cama... Pero as 11 hs. xa estaba S., puntual coma o cuco, chamando o timbre coas mochilas ó lombo disposta a iniciaren unha nova etapa en Bcn deixando atrás Lugo. E o noso Hostal disposto a recibila, claro!

sábado, dezembro 03, 2005

Isma

Dúas horiñas e o verei de novo. Xa caseque perdín a conta das veces que o fixen, recorrendo a xeografía galega e agora a catalana tras del (e por uns dias non o vexo en Montevideo e Bos Aires).
A verdade que estou con ganiñas de que saia xa ó escenario aínda que teño que disimular un pouco pois F. non sabe que imos a velo (aínda que creo que se ule algo. De feito, como se lle ocorreu poñe-lo CD precisamente hoxe??? Ummmm raro).
O mellor, que será no Palau. Cas ganas que tiña de entrar aí! E o que me gustan os seus concertos cando os fai en teatros así e se esquece da banda e todo o resto que non sexa a súa guitarra.

quinta-feira, dezembro 01, 2005

Un pouco de posta ó día...

Non sei para que prometo escribir máis a miudo se logo por unha cousa ou por outra nunca atopo tempo... E agora teño que resumir todo o que pasou dende o 19 novembro e nin sei por onde empezar...
No piso a vida sigue sin V. (petarda o que se che bota a faltar!), F. xa instalado e N. de reencontro amoroso en Exipto. Todo tranquilo.
Neste tempo fun a Madrid e aprobei o do Doutorado. Qué ben! Unha cousa menos a me dar a lata. Os profes tentaron meter presa para comezar ca tese pero antes me tomarei un merecido descanso... E ademáis teño que atopar tutor, que paso de facela ca carca-proPP esa que pensa que os preservativos non son efectivos...

Este luns fun ver a nova de Harry. 2 horas e 45 minutos moi ben aproveitados. É a que máis me prestou de todas, se ben é certo que "El caliz de Fuego" tamén foi o mellor de tódolos libros o meu parecer. A peli é máis oscura, e dame a impresión de que os nenos non se van decatar nen da metade das cousas que propón.
O martes fun con F. ata o Camp Nou a ve-lo partido pola paz que enfrentaba ó Barça coa selección israelí-palestina. Estabamos onda a liña de banda, ó carón do corner, ó ladiño de Ronaldinho, Eto... Antes de comezar actuou David Broza e no intermedio o fixo Jorge Drexler, cousa que non ma esperaba e boa ilusión que me fixo. Tamén andaba por alí Sean Connery que mira que é alto o tipo e ten boa planta para a súa idade... Pagou a pena ter agardado tanto tempo por ve-lo estadio. Agora queda pendente atopar entradas para un partido de Liga de verdade (qué tal o Barça-Depor en marzo??). O malo foi as voltas que tivemos que dar para aparcar ó voltar á casa. O do coche nas cidades...
Hoxe acordamos tarde, comimos e fomos de tendas ó novo Oulet do Heron City. Non ta mal. Vaille dar moita vida ó centro que estaba un pouco mortiño. F. fixo o agosto e saiu cuns pantalóns e unha chaqueta.
E mentras estabamos no Lefties chaman do Hospital para comunicarme que me daban outro contrato de catro meses. Xenial! Tranquilidade ata abril a lo menos e logo xa a puntiño para facer as maletas e regresar...
Esta noite e a de mañá traballo e a finde me toca librar. O sábado témo-lo superplan (que non podo dicir que é sorpresa para F. e non vaia ser que lle de por mirar esto...) e o domingo pode ser que nos acheguemos ó MACBA que a entrada é de balde tódolos domingos de decembro e é unha das cousas polas que viñen a Bcn e dame vergoña dicir tres anos máis tarde que aínda non o pisei...