19 dias... y 500 noches
Pois coma na canción de Sabina quedan xa 19 días, aínda que coido que eu tardarei máis que iso en esquencer esta cidade. E esta vida...


B.S.O.: "Qué andarás haciendo ahora". Ismael Serrano.
Pois coma na canción de Sabina quedan xa 19 días, aínda que coido que eu tardarei máis que iso en esquencer esta cidade. E esta vida...
Xa está o 90% das miñas pertenzas en Galicia. Agora só quedan 20 días e tamén estarei eu por aló. Non faltan ganiñas, non.
Repoñendo as forzas cun Guaraná ben fresquiño despois dun día agotador.
Recoñezo que son unha persoa que gusta das tradicións, propias e axenas, que deseguida apúntase cando algunha lle entra polo ollo ou, sobre todo, pola boca (sexa o roscón de reis, a mona de pascua, a coca de san xoán,...).
Fai un ratiño que marchou F. camiño de casa. Semellaba un moinante co Ibiza cheíño ata os topes.
Menos mal que me levou algunhas caixas e bolsas porque o que aínda teño por aquí é incríble. Para facerense unha idea dos trastos acumulados: entre os bártulos que xa van camiño de Galicia hai uns patíns de liña, a ropa de esquí, un alisador de pelo mercado baratísimo en Andorra pero que nunca empreguei, unha colchoneta de praia, o saco de durmir,... Pero como poden xuntarse tantas cousas!!!
E agora, cando N. e a súa nai todavía non voltaron, a casa semella máis vacía que nunca. Na habitación xa non están a nórdica, o coxín-corazón de IKEA, nen o marciano comunista ca gorriña do Che mercada na viaxe a Cuba, na sala hai un espazo baleiro onde sempre nadaba Axé (dálle de comer eh?),
a parede sen o corcho coas fotos (a imaxe é de fai tempo, agora xa sufrira unha evolución),
nin libros nin cds nin dvds á vista, sen portátil, sen as alfombras de Natura,...
Pois vai a ser verdade que en 26 días marcho!!!
De volta na cidade tras a escapada á Costa Brava. Foron dos días ben completiños de percorrer e visitar lugares bonitos.
Canto tempo sen postear! Se ben é verdade que hai uns dias o fixen pero non sei que carallo pasou que se borrou o post e non tiña ganas de escribilo de novo. Que vaga son ás veces...
Últimamente pasan tan rápido os días que nin tempo teño para escribir. O último mes pasou nun soplo, caseque tan rápido coma marchou o inverno e chegou a luz e o solete da primavera barcelonesa. Pasan tan, tan rápido que estou xa a dous meses da data posta como tope para ficar nesta terra. Decidida a volta á Galicia, son estes días de arranxar asuntos pendentes, de pensar cómo carallo vou levar todo o acumulado nestes últimos tres anos (sobre todo como vou levar a Axé á Coruña...), de darlle voltas a plans de futuro, de cuestionar cousas que son importantes no presente e valorar cómo quero que sexan nos próximos meses, de emocionarme coas pequenas cousas que sei que botarei tanto a faltar...