Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: abril 2006

sexta-feira, abril 28, 2006

19 dias... y 500 noches

Pois coma na canción de Sabina quedan xa 19 días, aínda que coido que eu tardarei máis que iso en esquencer esta cidade. E esta vida...
Onte a despedida de solteira estivo ben. A cena (aínda que un pouco escasa) rica e o espectáculo pasable. Nada que ver con aquel do Gula Gula madrileño naquela mítica noite de hai uns anos. Pero rimos, cantamos e compartimo-lo tempo que era o importante. Aquí tedes a Sílfide en plena actuación.
E hoxe levanteime ás tantas (tamén fun durmir ás tantas...), caseque rematei a mudanza interna (esta será a última noite na cama grande, snif snif), almorcei as sobras de onte e baixei dar unha volta polo barrio. Moitas cousas están a cambiar. Trasládase o Día, pecha o Canódromo, o Bar Escocia de toda a vida transfórmase no "Escocia Doner Kebab", pecha a tenda de chuches, pecha a tenda de calzado barato que estaba onde o metro... Cando volte nin o recoñecerei! Logo tirei para Sant Andreu e terminei na Maquinista. Ata botarei en falta este centro comercial!

B.S.O.: "Qué andarás haciendo ahora". Ismael Serrano.

quinta-feira, abril 27, 2006

Conta atrás: 20 días.

Xa está o 90% das miñas pertenzas en Galicia. Agora só quedan 20 días e tamén estarei eu por aló. Non faltan ganiñas, non.
Tras unha mañá e mediodía ocupada en asuntos varios baixei a primeira hora da tarde a mirar tendas antes da clase de português das cinco. Of course que merquei algo que nin sei se me poñerei. Tamén merquei "a camiseta". Anos detrás dela e a atopo nunha tenda de home onde non hai talla para min. Estupendo. Pero bueno, como sei que a F. tamén lle mola merqueilla a él. Así poderei robarlla algún día.
E agora a prepararme para iren nun ratiño ó Queens á despedida de solteira da M. A armar gresca toda a noite!!
Un par de cousas vistas por aí:
- Chuza!: Desaparición dos artigos de Ramonet e Chao na Voz. Se cadra a marcha de Bieito Rubido non chegou para que o xornal continúe co seu proceso depurador... Máis información aquí.
- 20 minutos: Folga de bombeiros diante da Deputación da Coruña. Pode que o rollo dos bombeiros sexa unha fixación miña, pois fai tempo que xa sairon no blog. Pero non puiden resistirme a poñer esos cuiños por aquí. Por certo, máis fotos no enlace.

segunda-feira, abril 24, 2006

Tou feita polvo!

Repoñendo as forzas cun Guaraná ben fresquiño despois dun día agotador.
Pola mañán deixei a casa mentras un rapaz que non estaba mal (ou será que se botan a faltar as hormonas masculinas nesta casa e cando entran unhas revolucionan todo??) arranxaba o interfono. O deber obrigaba! Fun ata a Delegación do Goberno, departamento Educación, sección Títulos e recollín o flamante papelucho que me acredita coma Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Aí é nada! Supoño que algún día me valerá para algo...
Logo baixei "Rambla p'aquí, rambla p'allá" na procura de demáis papeis ata que aparecín en Portaferrissa e tiven que entrar no HM onde, tragándome as miñas promesas, acabei mercando unha falda branca de lunares e un bolso. Tamén fichei as gafas superfashion que mercarei antes de voltar a Galicia. Qué farei sen o HM na Coruña? Din que abrirán un no novo centro comercial de Someso. A ver se é verdade...
E despois á tardiña deixeime os brazos cargando cas caixas da mudanza. Pecharon a outra oficina de Correos e aínda que esta é máis bonita, son máis amables e máis eficientes, tamén está máis lonxe. Ir con 12 kilos en cada viaxe nos brazos ata aló deixoume un pouco feita polvo. Pero bueno, a cousa é que xa está feito. Só quedará unha caixa máis coas chuminadas que faltan e listo.

E agora un pouquiño de relax antes de iren a traballar, que me agardan 12 horas de traballo por diante. Co ben que iría eu para cama nun ratiño...

domingo, abril 23, 2006

Sant Jordi

Recoñezo que son unha persoa que gusta das tradicións, propias e axenas, que deseguida apúntase cando algunha lle entra polo ollo ou, sobre todo, pola boca (sexa o roscón de reis, a mona de pascua, a coca de san xoán,...).
E a de Sant Jordi non ía a ser menos. Dende o primeiro ano que desfrutei dela figura entre unha das miñas favoritas.
Encántame pasear entre as rúas cheas de xente que sorrí e vai cargada de libros e rosas (hai algo máis bonito que un libro e unha flor??). Encántame ser partícipe da data e regalar e recibir os presentes.
Por eso dende a mañanciña decateime de que ía a ser un bo día. Abrir o mail e ver que tes unha rosa agardando por ti alegra o espertar de calquera. Estou vendo a cara de V. ó mandala, feliz por poder facelo de maneira virtual. Aínda recordo a que me regalou o ano pasado, a pesar de estar en contra da venta de flores naturais, só porque sabía que era algo que me facía feliz. Graciñas petarda!!!
Hoxe espertei tarde, almorcei e me adiquei un ratiño a mimarme (ducha relaxante, cremas e potingues varios). Logo chegaron N. e a súa nai a casa, e me trouxeron unha rosa vermella de regalo, rosa que luce ben fermosa na miña habitación de asceta.
Despois baixei a dar unha volta polo centro. Collín a L1 e parei en Pl. Catalunya, no meollo do xaleo. Baixei as Rambles parando nos postos e stands. Curioseando nos libros e, sobre todo, na xente. Merquei "El País" no kiosko das pelis porno (no do tipo borde se esgotara) e seguín a pasear.
Cansa do barullo de xente, os meus pasos fóronme levando polo Gótico, pola Catedral. Alí, no carrer de Santa Llùcia, seguían a cantar ópera. Subindo o Carrer del Bisbe topei coa cola de xente que agardaba por entrar na Generalitat (era xornada de portas abertas). Seguín e pasei por baixo dunha das imaxes que sempre gardarei de Barcelona. Ese "balcón" que foi unha das primeiras imaxes da miña primera visita a esta cidade, e que nunca me aburro de mirar (sexa de día, ou mellor de noite).
Atravesei a Praza de Sant Jaume e tirei para o Born. Enfilei a rúa Vidriería e entrei no café no que esgotara horas e horas de tardes de domingo, o Mudanzas.

Lin o xornal acompañada dunha Coca-Cola light.
Logo percorrin o Barrio da Ribera, collín o Carrer Comerç e atravesei a Ciutadela. Subín polo Paseo do Arc de Triomf, no que se estaba a celebrar a Fira da Terra e que estaba cheíño da fauna da Barcelona mestiza. Moita pose pero tamén moita realidade.
Collín alí mesmo o metro e tirei para casa.
O paseo trouxo miles de recordos, sitios nos que almorcei naquela época de ruta gastrónomica, lugares que gardan bicos furtivos, que percorrin con xente que foi e é moi importante, tendas agochadas, rúas empedradas nas que aínda se escoita o eco dos nosos tacóns nas noites de festa,...
Cómo quero a esta cidade!!
PD: E como non podía faltar, aquí tendes a rosa máis fermosa...

sexta-feira, abril 21, 2006

Conta atrás: 26 días

Fai un ratiño que marchou F. camiño de casa. Semellaba un moinante co Ibiza cheíño ata os topes.

Menos mal que me levou algunhas caixas e bolsas porque o que aínda teño por aquí é incríble. Para facerense unha idea dos trastos acumulados: entre os bártulos que xa van camiño de Galicia hai uns patíns de liña, a ropa de esquí, un alisador de pelo mercado baratísimo en Andorra pero que nunca empreguei, unha colchoneta de praia, o saco de durmir,... Pero como poden xuntarse tantas cousas!!!
E agora, cando N. e a súa nai todavía non voltaron, a casa semella máis vacía que nunca. Na habitación xa non están a nórdica, o coxín-corazón de IKEA, nen o marciano comunista ca gorriña do Che mercada na viaxe a Cuba,
na sala hai un espazo baleiro onde sempre nadaba Axé (dálle de comer eh?),
a parede sen o corcho coas fotos (a imaxe é de fai tempo, agora xa sufrira unha evolución),
nin libros nin cds nin dvds á vista, sen portátil, sen as alfombras de Natura,...
Pois vai a ser verdade que en 26 días marcho!!!

quarta-feira, abril 19, 2006

Costa Brava

De volta na cidade tras a escapada á Costa Brava. Foron dos días ben completiños de percorrer e visitar lugares bonitos.
O Parador unha pasada. Tiñamos ata ximnasio na habitación! E o mellor de todo: ese tremendo jacuzzi... Aínda que as vistas dende a terraciña non lle quedaban atrás!
Visitamos Cadaqués, Cap de Creus, Pals, A Garrotxa, Girona, Port Lligat, Begur,... Bonita maneira de irse despedindo (ata cediño agardo) destas terras.
Noutra orde de cousas, xa falei co Sr. SERGAS e xa quedou a Pili en chamarme para calquer cousa a partir do 18 de maio. Onde irei a parar este verán??

sexta-feira, abril 14, 2006

De Suiza e outras historias

Canto tempo sen postear! Se ben é verdade que hai uns dias o fixen pero non sei que carallo pasou que se borrou o post e non tiña ganas de escribilo de novo. Que vaga son ás veces...
Por estes lares seguimos sen parar moito. A finde pasada marchamos a Suiza nun arrebato de última hora. A idea foi evolucionando. Primeiro era facer "algo" a finde, logo ir ós Pirineos, logo mellor ós Alpes, e xa que estábamos aló... por qué non ir a Suiza? Así que o venres sain as sete da mañán de traballar, collimo-lo Ibiza e tiramos estrada adiante a facer quilómetros.
Cabezadiña vai, cabezadiña ven fomos subindo por Girona, Francia (Perpignan, Valence, Montpellier, Grenoble...), bordeando os Alpes (aló ó fondo o MontBlanc) e chegando á tardiña a Suiza.
Tras eludir a autoestrada onde querían clavarnos 30 euros por unha pegata para poder usar as autoestradas chegamos a Xenebra. Dalí fomos bordeando o lago Leman (qué chulo o surtidor!) ata chegar a Lausanne.
Continuamos viaxe ata Berna onde quedamos con T. e o outro suizo-galego. Poco máis fixemos que ir ata o hotel (que fashion os baños...) e tomar algo.
O sábado adicámolo a turistear polo casco antigo de Berna, o río, o parque das Rosas,... Fomos cear con T. e S., e logo a tomar algo con eles e ca irmá de T. e o seu mozo.
O domingo amaneceu chuvioso o que caseque frustrou a nosa idea de coñecer o interior do país. Pero non, aló fomos. Tras unha paradiña para visita-lo castelo de Thun tiramos hacia Interlaken. Mi madriña, qué bonito todo!! O lago, Lauterbrunnen, Grindenwald, as cascadas, as montañas,... Nun intre semellaba que me transportara, cual Hans Castorp, ata o escenario da "Montaña Máxica" de Mann.
Non podo destacar algo por riba do outro porque foi todo o percorrido incríble, o Jungfrau, a neve dos glaciares (pena das nubes o final do día, verdade F.?),... Pena non quedaren nunha daquelas cabaniñas a pasar uns días.
Pero eu traballaba o luns á noite así que tivemos que marchar. Fixemos o camiño de volta pola parte baixa do lago Leman, pasando polo lado francés e atravesando Evian. Entramos de novo en Suiza para cear en Xenebra e voltamos polas estradas francesas cara a casa non sen antes parar a durmir nunha estación de servicio dun perdido pobo francés.
Boa viaxe esta. Por unha banda fixen o percorrido aquel que de pequena me asombraba tanto cando chegaban os primos á aldea embarcados naquela enorme Vanette cargada de trastos e bicicletas.
Por outra porque sumei un novo destiño a miña lista. E qué curioso que todos eles foran ata o de agora importantes puntos de chegada de emigrantes galegos (Cuba, Brasil, Arxentina, Uruguay, Londres...).


Tamén polo que deron de sí os comentarios durante a viaxe, a visión da vida e de Galiza dos suizos fillos de emigrantes, o nivel de conservación do entorno de todos os pobos e cidades que vimos polo camiño... Pois eso, pena de non poder pasar máis días aló.
E esta semana santa se presentaba tranquila pois me toca traballar toda a finde. Pero onte chamou G. (meu compi madrileño da viaxe a Río) que estaba a pasar uns días en Bcn e houbo que sairen un ratiño por aí. Non se lle podía facer un feo...
Agora a traballar venres, sábado e domingo. E o luns de mañanciña ó sairen do hospital a colle-lo coche de novo e a percorrer Girona e a Costa Brava facendo noite en Aiguablava. Que ganas de relax!!!
Por certo, xa teño o billete de volta. Chego o 17 de maio, xa non hai marcha atrás...
PD: Tal día coma hoxe non se pode deixar de gritar moi moi forte un VIVA A REPÚBLICA!!! Xa queda menos para que chegue a terceira...

sábado, abril 01, 2006

Volver

Últimamente pasan tan rápido os días que nin tempo teño para escribir. O último mes pasou nun soplo, caseque tan rápido coma marchou o inverno e chegou a luz e o solete da primavera barcelonesa. Pasan tan, tan rápido que estou xa a dous meses da data posta como tope para ficar nesta terra. Decidida a volta á Galicia, son estes días de arranxar asuntos pendentes, de pensar cómo carallo vou levar todo o acumulado nestes últimos tres anos (sobre todo como vou levar a Axé á Coruña...), de darlle voltas a plans de futuro, de cuestionar cousas que son importantes no presente e valorar cómo quero que sexan nos próximos meses, de emocionarme coas pequenas cousas que sei que botarei tanto a faltar...
Así que ando coa cabeciña funcionando pola súa conta e risco, barallando variables e hipóteses coma nos tempos do cole, valorando o acadado e o que quedou polo camiño, reorganizando o que aprendo cada día co que levo enrriba, temendo renuncias propias e axenas, con medo a perder o pouco que teño claro agora...
En fin, será todo un reto o de saír victoriosa desta!
E namentras aproveitando ó máximo posible, exprimindo o que ofrece esta terra catalana que tanto cheguei a querer.
Voltamos a ir a esquiar a Vallnord (con entrada en pista vermella incluída, estou feita un as do esquí!!!). Non será por neve este ano... (aínda que houbo quen aproveitou aínda más ca min, verdade cabroncete??).
Fomos ó teatro dúas veces. Primeiro para ver a nova de Animalario, "Hamelin", no Romea. Unha obra moi, moi dura. Cunha posta en escea moi arriscada, sen escenografía, cos actores sempre sobre o escenario, ben interpretada, cun bo guión. Gustei moito dela, aínda que removeu cousiñas do pasado que normalmente están a durmir e cando espertan dan moi malas noites.
E onte fomos ver a Rubianes no Capitol (a de "Rubianes, Solamente"). Qué risas mi madriña! Era algo que tiña pendiente dende que cheguei aquí e que xa podo borrar da lista de cousas por facer antes de liscar de Bcn. Este home é mordaz, crítico, sarcástico, mal falado,... encántame!!!
Tamén fun ver a nova peli de Almodóvar, "Volver". Se lle quitas os excesivos (para o meu gusto) planos do peito da Pé queda unha boa película, de personaxes ben traballadas, de diálogos punzantes, de momentos ben cómicos. A canción (qué letra tan, tan bonita!!) foi unha das cousas que me acabaron de decidir a volta á casa.
Hoxe quedei con J. para facer un café. Anda sumido nunha crise existencial semellante a miña, valorando se deixa-lo curre e voltar á casa, pensando se botar o resto e dar un paso máis con E. O problema é se ela quererá ir para o pobo...

Volver ( Carlos Gardel / Alfredo Lepera )
Yo adivino el parpadeo
de las luces que a lo lejos van
marcando mi retorno
son las mismas que alumbraron
con sus pálidos reflejos
hondas horas de dolor
y aunque no quise el regreso
siempre se vuelve al primer amor
la quieta calle, que en el eco dijo
tuya es mi vida, tuyo es mi querer
bajo el burlón mirar de las estrellas
que con indiferencia hoy me ven volver.
Volver con la frente marchita
las nieves del tiempo, platearon mi sien
sentir que es un soplo la vida,
que 20 años no es nada
que febril la mirada
errante en la sombra te busca y te nombra.
Vivir,con el alma aferrada a un dulce recuerdo que lloro otra vez.
Tengo miedo el encuentro con el pasado
que vuelve a enfrentarse con mi vida
tengo miedo de las noches que pobladas
de recuerdos encadenan mi llorar,
pero el viajero que huye,
tarde o temprano detiene su andar
y aunque el olvido que todo destruye
haya matado mi vieja ilusión.
Queda escondida una esperanza humilde
que es toda la fortuna de mi corazón.
Volver con la frente marchita
las nieves del tiempo, platearon mi sien
sentir que es un soplo la vida,
que 20 años no es nada
que febril la mirada
errante en la sombra te busca y te nombra.
Vivir,con el alma aferrada a un dulce recuerdo que lloro otra vez.
Vivir,con el alma aferrada a un dulce recuerdo que lloro otra vez.