Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: fevereiro 2006

terça-feira, fevereiro 28, 2006

Entroido na Coruña

Desfixen a mochila, durmin, traballei, fixen a maleta e ala, outra vez en ruta! Saimos o venres á mañanciña e no medio doutro temporal (hooome claro!) rumbo á casa.
Desta vez, para evitarnos os camións e a neve por Burgos decidimos ir por Madrid. Tivemos tempo a padecer os atascos da M-45, 50, 40,..., as grúas, os centros comerciais un quilómetro sí e o outro tamén,... Pero bueno, xa hubo quen falou desto hai pouco.
Fixemos unha paradiña para comer no Escorial (qué rico ese bocata de chourizo no ilustre chan que albergou as pisadas do máis selecto deste país na voda da filla de Aznar...) e tentamos entrar no Valle dos Caídos, pero ó decatarnos que había que pagar liscamos de aló.
Logo tiramos por Guadarrama e tomamos un colacao quentiño no Porto do León, nun asador onde había unhas vistas sobre Madrid e a serra chea de neve tremendas.
Pero para neve a que nos colleu ó chegar a Valcarce. Madreee, eso sí que eran folerpas!!! Qué difícil conducir así...
Ó final chegamos xa de noite á Coruña e só fun quen de deixar a maleta tirada e ir para cama.
E estes foron uns dias básicamente de relax, de comer (orellas, laconada, pescadiño...) e durmir ben. Pouca troula, pero tampoco mo pedía o corpo a verdade.
Hoxe fun ver a exposición de carteis de guerra do Kiosko Afonso. Sempre me gustou a cartelería. Dende a do día a día que puiden ver na Habana, ata a propaganda soviética da Tate en Londres, ou os clásicos da República e o galeguismo. A exposición está moi ben, algúns dos carteis son verdaderas obras de arte.

Falei con V. que estaba no Prat despois duns días de voltar á vida barcelonesa. Falou do reencontro coa xente, coa casiña, ata co Hipercor!! Non son quen de imaxinarme na mesma situación. O día que marche dalí vai a ser moi moi difícil...

Na neve

Marchamos na procura da neve o luns a primeira horiña, nada máis sair de traballar. O traxecto xa caseque o temos coñecido así que non houbo maior problema que un lixeiro mareo estomacal nas curvas da Molina.
A neve acompañounos xa dende perto de Vic e foi a máis conforme iamos achegándonos ós Pirineos. Cruzamos a Francia por Bourg-Madame e alquilamo-lo material no Loc Lavalle onde nos atendeu o dependente máis amable que vin en moito tempo. Cos snowblade e as botas fomos para Porte-Puymorens dispostos a aproveita-lo día de esquí que tiñamos por diante.
Caídas de cú houbo un bo lote delas, pero fun quen de empregar o telearrastre e os telesillas e de manterme sobre os esquís. Que non está mal para ser a primeira vez...

Baixamos para Andorra a deixar as cousas no hotel e fomos para Caldea que tiñamos a reserva das entradas nocturnas.
Qué relax mi madriña!!! Veña a probar jacuzzis con chorros para as pernas, as costas, o cuello,... piscinas de auga fría e de auga quente, saunas,... Desestresante ó máximo! O mellor: ese jacuzzi exterior sentindo o frío da noite na cara e a calor da auga burbulleando no corpo... Ummmm... Se alguén quere regalarme un deses polo meu aniversario xa sabe...

Día e medio sen deitarme, sesión de esquí, sesión de balneario. Esa noite foi tirarme na cama e durmir coma un anxeliño...
Á mañá espertamos cedo, recollimos e tiramos de novo para Francia a aproveitar outro día na estación. Todo foi ben ata que aparecimos no medio dunha pista negra e chegou o bloqueo. Menos mal que fun co monitor que máis pacienciña ten, que calquera outro me deixa alí tirada no medio dos Pirineos...
Cando pechou a estación voltamos por Andorra e terminamos no Punt de Trobada, mercando souvenirs tecnolóxicos e rindo da sección de decoración.
Chegamos xa de noite a Bcn, a tempo de ve-lo segundo capítulo de House e co corpo mortiño pero xa pensando na próxima...

domingo, fevereiro 19, 2006

Saturday night fever (en urxencias)

Quedanme catro horiñas para iren a durmir e estou morta... Non deixan de chegar comas etílicos e agresións ben cargadiñas de alcol. Que pena mi madriña...
Na mani moi ben, unha cantidade de xente enorme (lonxe das do non á guerra e o nunca máis, eso sí), un mar de senyeras ondeando,... Coincidimos con S. e con L. e X., dous rapaces xeógrafos (xa é ben difícil atoparense dous xeógrafos sí señor!) que están a traballar en Bcn.

Na foto non se ve, pero nese mar de vermello e amarelo luciron tamén as cores da nosa bandeira. Algún día sacaremos a pasear aló con orgullo a nosa condición de galegos? Cousas destas son as que me fan envexar ós cataláns...
E o luns marcho para Pirineos. En principio collimo-lo hotel en Andorra e temos pensado esquiar en Porte-Puymorens.
De paso xa pillei un par de entradiñas nocturnas para relax total en Caldea. Só teño que pensar neses jacuzzi, saunas, baños romanos,... para desexar que chegue o luns canto antes!!

sexta-feira, fevereiro 17, 2006

Som una nacio i tenim el dret de decidir

Mañá ás 17 h. sairá da Plaza de Espanya a manifestación "Som una nacio i tenim el dret de decidir". O seu obxectivo é expresar de xeito colectivo que o pobo catalán, como calquera outro, ten o dereito de decidir sobre o seu propio futuro sen interferencias doutras nacións. A Plataforma non se posiciona nin a favor nin en contra de ningunha proposta de texto estatutario.
A xente do Espazo Galego quedou na cantonada de Tarragona/Pz. Espanya (G. Via). Vémonos?

Adiviña

Vendo as compras que fixen onte adiviñan vostedes a onde marcho para a semán?


quinta-feira, fevereiro 16, 2006

Ravalejando

Onte quedei con M. antes de que voltara para Galiza. Quedamos onda sempre, no lugar habitual: na porta da FNAC na Praza de Catalunya. Alí estaba cando cheguei. Saudámonos, xireime e... aquela non era L? O outro día T. me dixo que L. estaba en Bcn polo do concerto de Depeche Mode e bromeamos un rato co de atoparnos. Pois fora bromas, alí mesmo, no centro da cidade fomos atoparnos. Se é que Bcn é coma unha aldeíña!! (ó voltar á casa tamén atopeime a C. no metro. Tralas excusas de rigor por non chamala quedei pra facer algo con ela un día de estos. Caerá a breva desta vez?).
Despois da sorpresa e o intercambio de novas nós tiramos para o Raval. Rematamos no Iposa arranxando o mundo e planificando futuros proxectos na terra. Cantas cousiñas por facer!!!

segunda-feira, fevereiro 13, 2006

Outra finde productiva

O sábado fixemos en casa unha cea con motivo do regreso de M. a Barcelona. Nun principio ía ser unha cousa pequena, pero foise liando liando a historia e acabamos sendo unhas dez persoas. O salón estaba retomando os recordos daquelas famosas festas dos primeiros anos nesta cidade. Picoteo por aquí, conversa por alá, o tempo foi fuxindo e chegou a madrugada entre risos, lembranzas e promesas de futuros encontros. (Notei a túa falta petarda!)
J. me trouxo o regalo que cagou o Tió en Nadal: Tokio Blues de Murakami. Ten boa pinta a historia...
Falei con JC e J, que hoxe marchan de novo para Bos Aires. Semella que non viron as cousas moi claras en Galiza para instalarse por aló. Haberá que voltar a facerlles unha visita á Arxentina entón...
E o domingo acordei tarde coa resaca da festa e baixei merca-lo xornal. (Por certo, que non sei que acontece coa distribuidora do Pais en Bcn que non é esta a primeira vez que teño que recorre-lo barrio enteiro para conseguilo). E mentras almorzabamos aí ás 12 e eu miraba as actividades que había pola festa da Santa Eulàlia planificando unha tranquila tarde dominguera, F. pronunciou as palabras máxicas: ¿vamos a Vic ou a Girona? E xa que a min non se me pode tentar con estas cousas apunteime no momento, pero sendo prudente optei por Vic que ó cabo é máis perto.
E aló fomos. E pode que Vic estea máis perto pero acabamos facendo quilómetros de máis. Chegamos e pasamos Vic (por certo petarda que atravesamos a Farga de Bebié, mítico lugar que quedará apuntado na miña biografía polos siglos dos siglos. Jajajaja), seguimos ata as estacións de esquí de La Molina e Masella, continuamos ata Puigcerdá, pasamos a Francia, recorrimo-la fronteira pirenaica, entramos por Andorra e voltamos para casa baixando pola Seu d'Urgell. 3 países nunha tarde non está mal non?
Voltaron as ganas de iren a esquiar (o faremos, fijo!). Pero vendo estas paisaxes a quen non lle veñen as ganas...

sexta-feira, fevereiro 10, 2006

Paquiño no Vaticano!

Facendo un pouco de tempo a ver se da pasado esta última hora e podo marchar dunha vez á casa decido mirar de novo os xornais. E de súpeto, a portada da Voz consegue borrar a sombra do sono que me acechaba. Eso sí son boas novas para comezar o día (ou para rematalo, según se mire). Hoxe sí que teñen excusa os croissants de chiculate branco e negro que penso mercar o sairen do hospital. Pena de non ser hora de abriren unha botelliña de cava para celebralo...
Que apanden no Vaticano con él e nos deixen ós da "Curuña" tranquilitos!!!
Adeus Fraga, adeus Paco,... quen será o seguinte??

segunda-feira, fevereiro 06, 2006

Líos coas horas

Despois da bronca de onte á noite no traballo polo reconto de horas, hoxe chegou a xefa de boas para recoñecer que -efectivamente- debenme días libres e que poderei pillalos no Entroido. Non podía ser doutra maneira. Pensaba collelos de todas, todas.
Co fácil que ten que ser ter contentos ós traballadores... Precisamente onte antes de entrar no hospital leía a entrevista a Ildefonso Hernández que fan no EPS. Entre opinións moi próximas á miña no que se refire á sanidade, o presidente da Sociedad Española de Epidemiología di: "En el ámbito laboral, por ejemplo, vemos que detrás de un dolor de espalda o una crisis de ansiedad hay muchas veces un contrato basura. Hay una clara relación entre empleo y salud mental, y se ha demostrado que las personas con un empleo precario o temporal tienen incluso peor salud mental que los que están en paro". Exemplos claros de estos puiden velos fai pouquiño perto...
O mércores chegan M. e B. a pasar uns días en Bcn. E o sábado fará o propio M. Comeza xa a temporada de visitas no Hostal Galego!!

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

De volta e no teatro

Tras certos problemiñas co blogger podo por fin actualiza-lo blog. A ver, que era o que tiña que contar...
Voltamos de Galiza o luns e en medio do temporal que daba os seus últimos coletazos non se nos ocurríu outra cousa que facer un periplo automobilistico polo norte. Saimos dunha Coruña soleada sobre as 11 da mañá e xa na autovía antes de chegaren a Lugo apareceu a neve, que non nos deixou ata ben adiante. Paramos no Cebreiro onde desfrutamos dunhas vistas de excepción. Facía ben tempo que tiña ganas de iren aló e o pobiño encantoume. Tras unhas culadas (estaba claro que as botas imitación-Ugg made in Oxford Street, London por 10 euros non eran o máis adoitado para a neve...) e un colacao quente seguimo-la viaxe.
Fomos deixando atrás Galiza, León e cando estabamos en Burgos (tralo avituallamento de rigor de Donuts de chocolate) decidimos cambia-lo rumbo e, en lugar de tirar cara Logroño, seguir ata Vitoria. Xa que estábamos, non?
Chegamos a Vitoria á tardiña, dimos un paseíño polo casco vello e tomamoslle outro colacao nun café coa estética nacionalista. Lectura do Gara mediante, saimos cara Pamplona e dalí rumbo Huesca, pasando por Jaca. Mi madriña, non habia un alma na estrada en centos de quilómetros. A escuridade total ó noso rredor. Un banco de néboa que apareceu de súpeto fixo que duplicaramos o tempo que nos levou recorrer aquelo. Logo Lleida onde comezou a chuvia, o ataque das plumas do camión de galiñas e as 3 e pico da mañán en casiña. Mortos sí, pero... para cando a próxima?
E esta semán foi un pouco de readaptación á grande cidade, ó curre,...
Onte fomos a ver "Ultimas palabras de Copito de Nieve" a obra de teatro de Animalario. Foi na Paloma, onda xa vira a anterior (a da boda de Alejandro e Ana) hai dous anos con JC.
O escenario representa unha xaula dun zoo na que desenrolan a ación tres personaxes: Copito de Nieve (Pedro Casablanc), o gorila negro (Tomás Pozzi) e o cuidador (Gonzalo de Castro). Nesta relación triangular trátanse temas coma a morte (basándose nos textos de Montaigne), a eutanasia (que se nega ós humans, pero se emprega con Copito por "humanidade"), a tortura (alusión directa a Guantánamo), a "superioridade humana", os disfraces da sociedade, a subordinación...
Como dixo Andrós Lima, o director: "Copito de Nieve, Floquet de neu, gorilla, gorilla, nfumu-mgui, el gran mono blanco, el ídolo de los niños se muere y sus últimas palabras son aullidos de vida, sus últimas palabras son para el mamífero dominante: el hombre. Y lo llama mentiroso, lo llama asesino, lo llama torturador. "Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos" casi dice el filósofo-poeta Copito. "ÚLTIMAS PALABRAS DE COPITO DE NIEVE", no es sino una metáfora del hombre mismo y de la sociedad en que vivimos, encerrados y en nuestra mediocridad adormilados. Pero Copito sabe que el hombre al igual que el mono todavía es un animal salvaje que puede reírse de sí y del mundo que puede gritar no me da la gana y que puede morir como le da la gana"
Destacaría, por riba de todo, o traballo que fan os dous actores que representan ós gorilas ca magnífica gama de xestos e posturas.

Por certo, o das manías que "tan amigablemente" me encasquetaron F. Míguez e V. Aí van algunhas das miñas:
1ª. Odio as luces de stand-by dos aparatos eléctricos acesas cando non se usan. Polo que sempre vou apagando e desenchufando os aparatos. No hospital teño a uns cantos fartos de encenderen o proxector das Rx, o destructor de documentos, as luces dos boxes que non se empregan...
2ª. Son a fan nº 1 da salsa de tomate. JC dicía que a botaba en toda a comida, fora cal fora. E razón non lle faltaba...
3ª. Non soporto os pratos enriba da mesa ó terminaren de comer nin o fregadoiro cheo por moito tempo. Verdade F.?
4ª. Me molesta especialmente a xente que grita, a que se rí dos seus propios chistes sen gracia, a que non para de falar nin anque lle cortes a língua...
5ª. E a máis rara de todas: no verán adoito contar os dedos dos pés das persoas que levan sandalias para ver se atopo a algún polidactílico. Sí, xa sei que son rariña...