Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: março 2005

quinta-feira, março 31, 2005

Enfermeira particular

Manda truco, unha semá que tiña libre no hospital e non hai maneira de desconectar. Se non chegaba co do avó e o seu fémur, agora chega meu pai do oculista que hoxe o operan por desprendemento de retina. Manda chover na Habana... ¿Por qué non estudiaría, non sei, inxeniería de minas?


Falei con C. recén chegada a Bcn dende os montes de Lleida. Qué luxo, cinco días sen cobertura no móvil...

quarta-feira, março 30, 2005

Morriña de Bcn


Esto é incrible. Estou nun sitio e boto en falta ó outro. Levo 3 días en Coruña e xa estou desexando voltar. Hoxe comprei o billete con Iberia (o domingo comeza xa Spanair) e en nadiña xa poderei sentarme na miña terraza e contemplar o Tibidabo ó lonxe.
O avó ben. Xa comezou a camiñar e o venres voltará para casa.
V. chamou hai uns minutos, ía no tren cara Sant Andreu. Contou de pasada as novidades no piso e na cidade. Semella que J. xa deu sinais de vida. Meses máis tarde... agora a cuestión é quedar.
Mañá volta P. A ver se quedamos o venres para saír polo Orzán e así poder ver a xente toda (a pouca xente que quedou por Coruña e non anda nesta "emigración" particular).

sexta-feira, março 25, 2005

Zombie

Así é coma me atopo, media zombie. Tantos días durmindo mal, e os que aínda quedan. Eu que andivera detrás dunha viaxe para estes días, dando voltas a tódalas webs da rede, que si Sevilla, que si Roma, que si... e o final, ala, para Coruña!
As veces unha simple chamada trastoca tódolos plans e muda todo de súpeto. O domingo á tarde avisaron de que o avó rachara a perna e estaba no hospital. Así que nada, foi sair de traballar o domingo á noite e marchar para Coruña a primeira hora.
A viaxe unha odisea, bronca no mostrador de Iberia incluida, para acabaren viaxando en Bussiness Class con tarifa de turista. Non saiu mal non. Eso é viaxar! Espacio entre os asentos, un almorzo opíparo (ovos revoltos, bacon, croissan, fruta, zumo, pan, mermelada, cafe, manteiga), a prensa, os azafatos pendentes todo o rato... Escala en Barajas e chegada ó mediodía á casiña.
Pasei as noites todas no hospital, escoitando historias familiares e recordos deses tempos tan pertos en datas pero tan lonxes en tódolo demáis.
Quedei con P. e estivemos a falar na cafetería do hospi, volta ó noso refuxio de tantas e tantas horas. A de tempo que botamos alí dentro durante a carreira, nas prácticas, os primeiros contratos... Foi unha sensación extrana, por un lado ver tantas caras coñecidas e sentir coma que o tempo non pasara, e por outro decatarnos do diferente que era todo, como había trocado a nosa vida nuns poucos anos.
E hoxe foi sair do hospital as 6 de mañá, marchar para Alvedro con B. e A. e de novo rumbo ó Mediterráneo.
Na casa, en Barcelona, agardaban V. e S. (a nosa okupa preferida) dispostas a contar tódalas novedades acontecidas e por acontecer.

domingo, março 20, 2005

Misters

Noite coruñesa na tele, despois de ver coma nos gañaba o Barça en Riazor e facendo zapping, atopo o de Mr España en Telecinco, e velaí que gañou o rapaz da Coruña. E claro, cómo non. Esos homes galegos son inigualables!!!! :D E iso que o nivel estético aquí en Bcn é alto de máis...

sexta-feira, março 18, 2005

Nit en blanc

De novo no hospital. Outra semán que toca pasar así o finde.
Tentando atopar unha viaxe barata na Internet. Sen rumbo definido. ¿Onde acabarei?
Onte, tarde con Ismael no concerto privado da Fnac presentación do novo disco. Incríble coma sempre. Esa voz, esa guitarra. Logo firmoume o Cd e a postal para P.
Hoxe pola mañá no colexio, perto da Vía Julia onde vive C. (chamareino algún día?).
Pola tarde, antes de vires a traballar merquei o cd de Amaral e andiven dando voltas pola Rambla de Catalunya detrás do regalo de aniversario de P. (Visita ó Dom incluida e tamén a túa tenda de comercio xusto, cabra). As tendas cheas de xente mercando regaliños para o día do Pai.

Nit en blanc (Gerard Quintana)
Una altra nit en blanc,
rondant per la ciutat.
A l´ombra es regateja,
el preu de la carn.
Són les tres,
ja no hi ha res obert.
No et dónis mai per vençut,
al cap d´aquest carrer,
qui gemega ja ha rebut,
això és el que em cou,
això és el que em cou,
això és el que em dol,
això és el que em cou.
Un gos bordant al vent en un portal de mal nom,
el tant per cent que no consta mai enlloc.
Són les quatres,
mantinc l´esperança,
de recuperar la fè,
no et facis il-lusions.
La nit és plena de llops,
això és el que som,
això és el que som,
això és el que em dol,
això és el que sóc.
La reconciliació,
un canvi de temps,
el cofre i el tresor,
el vellut de la teva pell,
són les set,
i encara estic despert.
I els carrers són més estrets,
una retirada a temps,
abans que surti el sol,
tu i jo,això és el que em mou.
És això el que em mou,
això és el que em mou,
això és el que em mou,
això és el que em dónes,
això és el que em dónes,
això és el que em cou,
això és el que em mou,
això és el que em cou.
Una altra nit en blanc,
rondant per la ciutat,
això és el que em mou.

segunda-feira, março 14, 2005

Virus

Ostia, esta sí que foi boa. Con razón síntome máis vella. Xa se sabe, a máis anos, comezan os achaques... Foi cumprir e ala... gripazo dos bos. Despois de caseque 4 días e 4 noites na cama hoxe por fin saín da casa, aínda que para vir a traballar. Hai que ver que cumpridoriña que son...
A culpa toda a ten V. que trouxo os virus ó piso e deixounos a C. e a min fóra de xogo. Quen nos vira este finde menuda impresión, as dúas ca mantiña, os mocos, as toses,... un cadro... Só baixei á rúa o sábado á mañá para ir facer o exame de Cambridge (e menos mal que non fan control antidopping porque os niveis de paracetamol, hibitanes, romilar e demais eran moi superiores ós legais) e o domingo para mercar a prensa.
Hoxe voltou V. de Galicia tra-la voda anos 20 que foi todo un éxito, estou desexando ve-las fotos!!!

quinta-feira, março 10, 2005

Volta ó traballo

Hoxe toca traballar outra vez. Eu que xa estaba a acostumarme a esto de non ter que pasar as noites en vela... De todas maneiras comezaba a botar en falta a vidilla do hospital: os timbres, as compañeiras,...
En fin, xa terei 12 horas por diante de turno para quitarme o mono e voltar a desexar máis vacacións...

quarta-feira, março 09, 2005

Volveré temprano (I. Serrano)

Volveré temprano.
Te traeré la aurora
y, para tu espalda,
polvo de mariposa.
Si nadan estrellas
hoy bajo tu ropa,
allí estaré yo.

terça-feira, março 08, 2005

Noite de aniversario ou as "Angeles de Charlie" no Raval...

Onte á noite baixei de cea coas rapazas (V., S. y M.) para celebrar (ummm q alegría! 27! :/) o aniversario. Quedamos na FNAC (onde se non?) e decidimos tirar para unha creperia que hai perto do Llantiol.
Nestas que iamos pola rúa Hospital, V. e S. falando polo móbil e eu falando con M. mentras escribía un sms. E nese intre noto que o brazo deixa de pesarme, xírome e vexo un rapaz correndo co meu bolso.
En milésimas de segundo botei a correr detrás súa (eu, q non corro nin cando está a rematar o tempo do semáforo...). M. que mira e sen saber que pasa comeza a correr detrás. V. e S. decátanse e tamén comezan a seguir o tipo (ó tempo q retransmitían a xogada polos mobiles respectivos).
O rapaz q ía correndo e xirándose e poñendo cara de "estas tias ou están tolas ou son perigosas". Non saben no mundo árabe coma somos as galegas...
Veña a meterse en rúas oscuras e nós detrás, home claro!
Nestas xirou cara a parte traseira da Boqueria e sorte q por alí pasaba unha pandilla. Gritámoslles q o pararan. Un dos tios tentou agarralo pero só conseguiu trastabillalo. O rapaz refíxose, mirou atrás, e sí, alí seguian correndo o cuarteto de locas!
Outro tío que ía diante pusólle a zancadilla. O morito meteuse unha viaxe q nin te conto. O
bolso saiu disparado. E nós q xa o teniamos a punto.
O rapaz se levantou, mirou para o bolso, mirou para nós.
O tío q lle dice: "deja el bolso...".
E, ahí foi listo e decatouse do poder galego, levantouse e se largou correndo, coxeando
e o bolso recuperado!
Esas somos nós! Galicia power! Tembla Bcn! :D
Despois do exceso tocaba repor as calorías perdidas. E abofé que o fixemos... 4 crepes (dous salados e dous doces) para cada unha! Quen falou de dietas...
Logo un ratiño para a Ovella Negra, sempre chea de xente sexa a hora que sexa.
O plan inicial de saires un ratiño terminou cando cheguei a casa ás tantas de mañá despois de sufrir os rigores do NitBus. Pero pagou a pena chegar e atopar enriba da cama un regaliño: a "Escuela del Mundo al Revés" de Galeano. Boteime a durmir cunha sorrisa.
Si que comezan forte os 27. Aguantarei o tirón??

segunda-feira, março 07, 2005

27

Hai que ver, como sona.
2.
7.
27.
3 para os 30.

domingo, março 06, 2005

Domingo amanha

Espertar tarde. El País. Croissants de chocolate. Jane Birkin.
Non hai mellor manera de rematar os 26...

sábado, março 05, 2005

Bonecas

Ó final onte subín ata o Ateneu a ver a historia dos títeres. Estivo xenial! A compañía chámase Teatre Dejavú e a obra Pin Ups, e a obra ven sendo un cabaret interpretado por bonecas (Barbies, Nancys...). O espacio da Devorahombres foi moi bó. Pagou a pena, aínda que chegaramos a casa feitas polvo.
Hoxe toda a mañá sobando ata a unha que me levantei o estivemos a ve-la TV mentres comiamos. Impactantes as imaxes dos preseleccionados para a Eurovision deste ano. As mellores as Supremas de Móstoles (Eres un enfermo, eres un enfermo...). Dignas sucesoras das Chanclettes...
Agora baixei ata un ciber novo, destes locutorios pakistanies que invaden Barcelona. Aquí dentro vai un frio incrible. Para un día que non o fai na rúa, vou e metome nun conxelador...
Sen plans para a noite. Sempre esperando ata última hora...

sexta-feira, março 04, 2005

Venres

Hoxe sonou o espertador ás nove e decateime que estaba a soñar que participaba nun programa da televisión que transmitían dende un colexio cheo de nenos e que presentaba Jesús Vázquez. Despois de tan traumática experiencia quedei durmida de novo ata que sonou o móvil ahí preto das dez e media. Era a Mari para traballar nun cole... Simple coincidencia??
Así que nada, ás doce marchei para o cole que está preto do gran pene de Barcelona (non, agora non falo do membro do Nacho Vidal...). Non sei moi ben por qué, pero me gusta moito ese paseo dende Glories ata a zona do Fórum.
No cole máis ou menos o de sempre. Hai que ver a enerxía que teñen os rapaces e rapazas!
De volta a casa caín na tentación de sempre. Para facer máis curto o camiño atravesei o centro comercial e claro, acortar acorto, pero tamén saio sempre con algo novo. Hoxe caeu unha camiseta do Bershka. Non teño remedio...
A. chamou á tardiña para falar do tema do taller de saúde con maiores que está pendente de facer en Grácia. Aínda non o teño moi claro...
Agora, á tarde, en contas de estudiar inglés para a exame do luns pois nadiña, aquí estou de novo no cíber. Vou flipar no oral. Vánse enterar estes de Cambridge do que é falar inglés...
V. acaba de mandar un sms para ir logo ata o Ateneu de Nou Barris a ver non sei que espectáculo de títeres. Aínda non lle contestei, vaise cabrear...

quinta-feira, março 03, 2005

Sant Medir

Hoxe pasei a mañá en Grácia, ca Cruz na festa do Sant Medir. Básicamente, tratábase dunha reunión de amigos a cabalo que de camiño a onde facían a cuchipandi ían repartindo caramelos ós nenos e ós non tan nenos (hai que ver que axilidade teñen os vellos para cousas como axeonllarse e recoller caramelos debaixo dos camións...). Non son ninguén desmontando tradicións...
De tarde a facer as compras. Hai que ver o rápido que se esgotan as provisións... Deixei o Hipercor sen víveres, e a tarxeta sen fondos...
A noite preséntase sen planes. Ía achegarme ó cine, pero agora a verdade é que non me apetece nada. Pero quedar na casa vendo Gran Hermano Vip non é un plan alternativo moi apetecible, non?
Onte quedei con V., S. e J. (visita dende Zaragoza) e fomos ata a Ovella Negra a tomar algo. Logo un nesquik vendo a Buenafuente.

quarta-feira, março 02, 2005

No me canso (Chaouen)

Estoy desnudo al amanecer
en este último piso abuhardillado.
No sé si ponerme a 100
o darme una tregua en el lavabo.
No tengo dinero para el tren que me lleva a tu barrio.
Necesito aire en el pulmón del cielo de tus labios.
La ventana ha cedido al sol que me aporta calor
y algo de pena.
No queda nada de alcohol
quién fuese Cristo en la última cena.
No sé si mandarte una postal
tatuada de ilusiones.
O alucinarme un carnaval lleno de pasodobles.
Mi corazón babea a popa.
No se donde esta mi ropa
la habré perdido
junto al miedo.
No me canso de quitarme el sombrero
Cuando llueve por mojarme las canciones.
Y no me daré cuenta en esta puta vida que
Lo que yo quiero es rellenar tus rincones.
No me canso de mirarte la cara.
No me canso de vivir en escenarios.
Y no hay más adversarios que nosotros de espalda
que el amor son tres flores que se riegan a diario.
Las pupilas ya sacian su sed
en el veneno de la enredadera.
Invento el color también de las vocales
con sabor a fresa.
Visita la tarde leve, azul, ángel de luz de cárcel.
La mar arde y no estás tú, y se hace menos tarde.
La ventana prescindió del sol
que va de migración hasta mañana.
Ya llegó la ansiada luna
que nunca nos evita las miradas.
Hay un paraíso en cada piel
y un dios en cada hombre.
Yo sigo poniendo en el sofá cojines de canciones.
Mi corazón babea a popa...