Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: julho 2005

sexta-feira, julho 29, 2005

Calorrrrrrrrrrrrrrr

Namentras os pais están desfrutando das bondades de poñe-la cheminea en pleno verán, aquí seguímonos asando de calor. Menuda xafogor que fai! A ver se é verdade que para a finde dan mal tempo...
Seguimos tamén atopándonos con galegos/as e fillos/as de galegos/as e todos desexando voltar dunha vez para alá. Quen sabe se o novo goberno poderá botar unha manciña no tema traballo e podemos face-las maletas cedo.
Hoxe falei cos avós e con T., aínda "convalecente" da juerga de San Xoán. A peque se escoitaba por detrás, pelexando cunha bolsa de gusanitos.
Con quen non consigo falar nin a de tres é con A. Levo detrás dela xa caseque dous meses, e creo que rematarei antes mandando unha carta por correo tradicional. Teño tanto, tanto que contar!!!
Hoxe e mañá traballo a maiores. O tute compensará en outubro cando me marche a Bos Aires. Xa estou mirando as guías para apuntar todo o que quero ver. Menos mal que terei un bo ciccerone por terras porteñas. A onde agardo poder ir e a Montevideo (despois das verbas de Benedetti quen non quere ir ata aló?).

quarta-feira, julho 27, 2005

50 euros

Baixabamos pola vía Laietana despois do recorrido polo Passeig de Gràcia e os edificios modernistas de Gaudí e de súpeto as nosas miradas se cruzaron cun papeliño que nos ollaba dende o chan. Sen dar crédito nuns segundos tiñamos na man un "papeliño" de 50 euros con ganiñas de que lle deran festa. E non nos iamos negar claro.
Así que tras unha volta polo Born achegámonos ata o Princesa23 e dimos conta duns langostinos con salsa rosa, polo con cus cus, bacallau e brownies de chocolate. O local é ben chulo, pero de noite convértese nunha das sedes dos guiris en Bcn (outra máis) e o ruído era insoportable.
O noso novo amigo marchou en mans da camareira e voltaron unha pandilla de amigos máis pequenos que seguían con ganas de troula.
Voltamos cara o Passeig do Born e entramos no Berimbau, sitio tranquilo e con música e bebida brasileira. Estábase de vicio alí dentro.
A noite rematou tarde e agora despediremos os amiguiños que quedan comprando as cousas para facer un picnic na Ciutadella. E logo a currar que hoxe toca de novo...

Todo Se Transforma. Drexler
Tu beso se hizo calor, luego el calor, movimiento, luego gota de sudor que se hizo vapor, luego viento que en un rincón de La Rioja movió el aspa de un molino mientras se pisaba el vino que bebió tu boca roja.
Tu boca roja en la mía, la copa que gira en mi mano, y mientras el vino caía supe que de algún lejano rincón de otra galaxia, el amor que me darías, transformado, volvería un día a darte las gracias.
Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da, nada es más simple, no hay otra norma: nada se pierde, todo se transforma.
El vino que pagué yo, con aquel euro italiano que había estado en un vagón antes de estar en mi mano, y antes de eso en Torino, y antes de Torino, en Prato, donde hicieron mi zapato sobre el que caería el vino. Zapato que en unas horas buscaré bajo tu cama con las luces de la aurora, junto a tus sandalias planas que compraste aquella vez en Salvador de Bahía, donde a otro diste el amor que hoy yo te devolvería......
Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da, nada es más simple, no hay otra norma: nada se pierde, todo se transforma.

terça-feira, julho 26, 2005

Relax

Con lo bien que se está tumbá en la terraza
Con los ojos cerraos se ve tó naranja
Con lo bien que se está sin estar en ná
Con lo bien que se está
temprano y lavá bajando a la calle.
Zapatos pa´andarme toa la ciudad
Un día sin nadie.
Con lo bien que se está...
(Pastora. Un hombre sin tabaco)

segunda-feira, julho 25, 2005

Día da Patria

Esperto de tardiña e a vista dende a terraza mostra unhas nubes sospeitosas por riba da Collserolla. Semella coma se fora a haber unha treboada de aquí a un pouco.
M. manda un sms dende Compostela, no cogollo das festas do Apóstolo. Quen puidera estar alí... En fin, conformarémonos con celebra-lo Día da Patria dende a distancia, tendo presentes as verbas de Castelao (todo se pega F., xa ves...).
Nada que destacar da finde, estiven metida no hospital mentras as rapazas ían ó concerto de Ojos de Brujo en Mataró. Sempre o mesmo, a currar cando hai plans apetecibles, qué vida ésta!
Hoxe marcharon para Sitges e logo din de tomar algo por Gràcia. Está aquí S. pasando uns días antes de voltar a Londres, así que haberá que aproveitar para estar un ratiño xuntas.

"Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes..." Castelao, 25 de xullo de 1948

sexta-feira, julho 22, 2005

Descuberta

Foi chegar da Coruña e andar toda a semán un pouco desconectada. Así que hoxe entro e atopo o comentario da friki. Aiisss!! Está claro que meter unha friki informática de okupa na casa e ter segredos cibernéticos non é moi compatible... Jajajaja
Así que pouca cousa que contar, aínda que pasaran moitas que non contar... :p Non, en serio. É o malo da semá longa no curro, que aproveitas moi pouco o tempo. E agora a currar toda a finde. A ver se a xente marchou de vacacións e non se achega a urxencias... (de ilusións tamén se vive non??).

domingo, julho 17, 2005

Orzan's night

Onte á noite quedara as 22.30 en casa de P. así que alí me acheguei nun taxi. Xa non recordaba ós taxistas coruñeses, compañeiros de tantas noites hai anos. Aínda lembro aquel dos Chunguitos, mítica figura nas nosas evocacións do pasado. Pois ben, o de onte tiña alma de meteorólogo e foime explicando todos os tipos de nubes e características de ceo coruñés. O mellor foi cando chegou a conclusión que o que verdadeiramente facía falta na Coruña era un teleférico dende a Torre de Hércules ata o monte San Pedro. No comment...
Total, cheguei á casa e alí estaban P., A., N., I., e M. Fíxome moitísima ilusión ve-las dúas de novo e sentirnos de novo xuntas as tres. Tiñamos moito que contar, aínda que só deixamos caer anaquiños. Pero bueno, creo que chegou para ubicarnos de novo.
Despois da chamada ós bombeiros por un fogo no edificio de enfrente e da habitual espera a que se vestiran, pintaran e etc. (que recordos de aquelas noites vendo Furor e Noche de fiesta ata que estaban listas...) baixamos para o Orzán.
Achegámonos primeiro ó Retro, onde atopamos o A. (recén casado e xa con aspecto de maridito tradicional...), o P. (este non cambia) e o D (máis moreno e hinchado que nunca, un día estoupará..). Logo fomos a Los Elefantes, que aínda non vira a nova decoración do local. Foi moi, moi raro saír polo Orzán. Non atopei aquel punto que tiña tempo atrás. Ademáis xuntouse o do J. (que tío máis subnormal por favor!! Onde terá P. a cabeza...) e acabou de fastidiarse a noite.
Só teño que vir á Coruña e saír por onda sempre para comprobar como mudou todo, ou máis ben coma mudei eu. Estes dous anos e pico deron para moito e xa nada é o mesmo. Pero semella que pola maioría da xente non andou o reloxo, ou incluso foi cara atrás... Coma di Ismael "ya nada es lo que era".
V. chamou dende Pirineos, baixo o ceo cheo de estrelas, escoitando a Lhasa ó carón dun río... Que envexa!!
Últimas horas na Coruña. Mañá volto ás 8. E, cousa rara, non teño prisa por marchar de aquí e teño moita prisa por chegar a Bcn. Non hai que me entenda. Pero en fin, estes días viñeron moi, moi ben. A cabeciña tiña que reposar e darse un tempo morto. Clarificar ideas que din algúns. Non puiden guinda-lo lastre que quedaba pero semella que desprendeuse só. Mañá comeza unha nova etapa...

sábado, julho 16, 2005

Reencontros

Cousa estrana, o avión saiu puntual do Prat aínda que chegar chegou un pouco tarde porque o piloto en contas de aterrar coma sempre levounos de excursión turística cara o centro da comarca, sobrevoando o Corte Inglés de Altamira e aterrando na outra dirección. Por certo, non sei se é unha ilusión óptica ou cada vez hai máis xeradores eólicos brancos nos nosos montes... Serán ecolóxicos, pero o impacto ambiental é grande de máis... (coma grande é para algúns o económico).
As nenas sairon tarde de Ourense e chegaron á Coruña de noite. Así que cambiei de planes. As dez e media quedei con M., P. e I. na Repichoca, logo virían A. e o mozo. De primeiras foi moi estrano atopalos aquí en Coruña, é coma se xa ubicara a súa presencia en Bcn. Pero logo xa todo voltou ó rego. Atopei a M. cunha, como o diría?, unha "luz" -ou algo así- especial na cara. De volta cas pandereiteiras, cun reto chulo no eido do traballo, recaída no terreo amoroso,... Non sei, atopeina ben. E ben que me alegro, claro que sí.
Agora de mañá baixei polo centro, felicitar miña avoa que estaba co avó nun banco do Paseo e logo dar unha voltiña cos pais. Os Cantóns, Méndez Núñez (por fin vin a estatua de Lennon! Sigo preferindo a da Habana...),... para acabar tomando algo na xamonería.
E recolle-lo libro de Harry, of course!! Metinno na maleta para evitar afundirme demasiado cedo en él. Polo menos ten que agardar ata o luns no avión...
V. marchou para Zaragoza, e agora estará camiño de Jaca para ir ata o Pirineos Sur. Jo! Que envexa!! (Hoxe actúa Lhasa...). E N. está a pasar a finde en Madrid. Así que no piso quedaron só R. e B. Que o disfruten!!

quinta-feira, julho 14, 2005

Maleta

Tarxetas de embarque, mp3, cámara de fotos, móbil, a roupa, as pastas do avó, os chicles e a auga para o avión, o neceser, as chaves, as tarxetas e o DNI,... A ver se non deixo nada. Hai que ver, acabo de desfacela e xa estamos outra vez enchendo a maletiña...
Bueno wapos/as, mañá xa estarei de novo na casiña!!!
PD: Por certo, moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimas felicidades cabra!! Non sabes todo o que boto de menos estar contigo...

quarta-feira, julho 13, 2005

Adeus T.

Onte quedei con O. despois de máis de dous anos. Supoño que fun dandolle largas porque non quería tocar determinado tema. Pero onte foi o momento. Cada vez estou máis convencida de que cada cousa ten o seu tempo. Pois ben, O. faloume de T. E as novas foron todo un alivio. Foi coma quitar un peso de enriba. Era un tema xa pechado pero agora desprendeuse o lastre de todo. Últimamente non fago outra cousa que ir deixando caer lastres. Só queda un moi, moi pequeno que desprenderei esta finde e logo o globo poderá voar a ceo aberto...
Así que onte cando escoitabamos "A despedida" de Manu non sabes todo o significado que tiña a canción. Agora que eso sí, só na primeira parte. Do de que "espero siempre..." nadiña de nada...

La despedida. Manu Chao
Ya estoy curado
Anestesiado
Ya me he olvidado de tí...
Hoy me despido
De tu ausencia
Ya estoy en paz...
Ya no te espero
Ya no te llamo
ya no me engaño
Hoy te he borrado
De mi paciencia
Hoy fui capaz...
Desde aquel día
En qu te fuiste yo no sabía
Que hacer de tí
Ya están domados
Mis sentimientos
Mejor así...
Hoy me he burlado
De la tristeza
Hoy me he librado
De tu recuerdo
ya no te extraño
Ya me he arrancado
Ya estoy en paz...
Ya estoy curado
Anestesiado
Ya me he olvidado

domingo, julho 10, 2005

Chove en Bcn

O meu viciño fan de Bricomania ataca de novo e despois de tentar tódolos trucos coñecidos e por coñecer (almofada na cabeza, música no mp3,...) acabo levantándome. Veña Iria, que só queda hoxe!! Ti podes!! A esto de currar as findes enteiras creo que non me afarei nunca...
Agora chove, xa van uns días grises, bobos. A ver se esta semaniña mellora un pouco a cousa, aínda que pouquiño, que non volte a calor abofante de ahí atrás.
Coma non teño moitas ganas de escribir mails, ahí van uns recadiños:
- M.: hola terapeuta!! Non me esquecín de contestarche eh? A ver se mañá mándoche o manual de instrucciones para face-lo blog. Quero ver esas fotos!! E tes que mandarme as que fixemos por aquí en Bcn. Tudo bem? A ver se tomamos un café na Coru a próxima finde...
- Cabra: Jejeje. Lili Marlen!! Moi boa! Tería que contarte tantas cousas que nin 10 mails chegarían. Agardo que ahí en Bos Aires teñades terracita para falar e falar cando vaia... Por certo, aínda non me dixeches que días de outubro te veñen mellor. Qué teño que comezar a mirar os billetes!!
- T.: xa leerías que volto a próxima finde. Estarás na Coruña ou quedarás en Redondela? E conta, conta, que xa fai tempo que non sei de ti!!
- F.: bueno, a verdade que non teño ningún recado, pero coma sei que estarás a ler esto pois mira... Qué queres que che conte? Tamén tería moito que dicir pero xa me coñeces e sabes que non o farei... ;) Só unha cousa: graciñas!Logo falamos. Moitos bicos

quinta-feira, julho 07, 2005

Bossa

Temo-la casa toda patas arriba. Xa se instalou N. e trouxo con ela unha pila enorme de cousas. De súpeto xuntámonos con 3 teles, 3 ordenatas e unha chea de bolsas e maletas amontoadas polo piso. Carretou consigo tamén kilos de enerxía positiva, de forza espiritual e de boas vibracións.
Así, ó chegar aplicou os seus coñecementos de Reiki con Jinga que está moi maliño. Leva dous días deitadiño no fondo da peceira, medio retorcido, semella que agonizando. Axé observa con cariña de pena ó seu compi e a min párteseme a alma ó velos.
Onte á tardiña quedei con F. e fomos tomar algo ó "Jardí" de Portaferrissa. Non sabía que pecharan a parte de enrriba do mercadillo do camello. Despois fomos ata Montjuic a facer un pouco de turismo: a Fira, Palau Sant Jordi, Estadi Olimpic, Piscines Picornell,... Quédome coa vista de Bcn dende o alto.
Logo achegámonos ata o Caixafórum onde quedaramos con R., P. e I. para ve-lo concerto de Avenida Brasil. Non estivo mal. Miña preferida: “Pagode para o sorriso dela”.

domingo, julho 03, 2005

Giratutto

Qué cousas! Co fácil que era escribir aquí o que ía facendo por estas terras e o que me costa dende fai uns días... Tería que contar moitas, moitas cousas que os que me coñecedes ben sabedes que non son fáciles para min. Nunca fun boa falando de sentimentos... Bueno, non é que non sexa boa ou deixe de selo, é que é un tema que non gosto de tocar. Pero para quen se interesou hoxe: que todo vai ben, ou moi ben... xa falamos nuns días.
Sí, nuns días. Que o 15 volto á Coruña para a reunión das tres fantásticas despois de 2 anos. Qué ganiñas teño de veros rapazas e falar, cotillear, rir, argallar, cantar, face-lo bobo,... e todo eso que faciamos naqueles tempos da universidade. Ás veces boto aqueles días tanto en falta...
En fin, que as cousas cambian. Como ten que ser. Aínda que ás veces te collan os cambios desprevenida. E aínda que ás veces tódolos teus esquemas salten polo aire e, sen embargo, estés tan a gusto que semelle que non cambiou nada. E aínda que aparentemente non cambie nada, todo xire a velocidade vertixinosa no teu interior. E aínda que nunca pensei que chegaría a estar así, pois mira, que carais, que non está tan mal a cousa...
E se non, sempre quedará a opción de facer un novo blog ás agochadas...

Giratutto. Macaco
"Gira, que gira gira gira la vida,
gira gira gira y aveces se tuerce.
Gira, que gira gira gira la vida,
gira gira gira y aveces se tuerce.
Me dijo la tendera ayer:
"Sonrie, limpia las penas,
que lo que hay entre los pasos que tu planeas,
hay una vida entera.
Que algunos lloran por vivir,
y otros por una mañana mas despierta.
Que algunos rezan pensando en su cuenta
corriente,
y otros que una corriente no vuelque su patera.
Rememos por el camino que hay que recorrer
por el lastre que nos vuelca"... "

sábado, julho 02, 2005

De estrea

Onte baixei con V., P., R. e F. á presentación do festival Dies de Dansa no CCCB. Gustoume moito a última das compañías que fixo unha proxección nos muros do patio do centro, semellando os bailarines desplazarse polas paredes sorteando as fiestras... moi orixinal.
Logo o meu maridito marchou para casa que hoxe doblaba e os demáis dimos boa conta dunhas tartas de chocolate no Bar Raval.
Á volta a casa estrenei a nova habitación, a nova cama graaaaaaaaaandeeee. E foi bo estreno, abofé que sí...